Ir al contenido principal

Entradas

13 domingo TO B 2018

SE DEIXASEMOS QUE A PALABRA GUIASE A NOSA VIDA.... CANTO MELLOR NOS IRÍA CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) PARA NON PERDER O PASO Son moitas as veces nas que temos escoitado que a Palabra de Deus é atemporal, é dicir, que non ten data de caducidade, senón que sempre é actual. Pois ben, iso que ás veces non temos demasiado claro, hoxe maniféstasenos nas lecturas que imos proclamar dun xeito transparente. Si, porque nos tempos convulsos, insolidarios e individualistas que estamos a vivir, a lectura de Paulo que imos escoitar cobra plena actualidade e quere ser toda unha chamada para que os que nos consideramos seguidores de Xesús aprendamos a estar neste noso mundo no que os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez son máis pobres: “non se trata de que vós pasedes apretos por aliviardes a outros, senón de que exista igualdade”. Tamén á igualdade, neste...

12 Domingo TO B 2018

O AMOR VERDADEIRO NUNCA É SOMETEMENTO SENÓN RESPECTO, LIBERDADE E TOLERANCIA. NON DEIXEMOS QUE NINGUÉN, NO SEU NOME, NOS CONTROLE E ESCRAVICE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Amigos nas penas LECTURAS: Cantade ao Señor (Nº 23) OFERTORIO: Señor da mañá (Nº 131) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) PARA NON PERDER O PASO Deus é permanente coidado, preocupación, sentido e razón de ser na vida de moitas persoas. É verdade que tamén hai xente, que non ten sido capaz de experimentar a súa achega ou a súa presenza, e para a que nada existe se non pasa polos sentidos. Pero Deus vaise facendo presente na vida a través do pequeno e sinxelo; aquilo que, na maioría das veces, os que deciden e toman decisións polos demais, son capaces de ver e sentir. Por iso as persoas crentes facemos confesión en Deus cada vez que vemos alguén que supera unha dificultade, cada vez que non se deixa abater polo sufrimento, cada vez que vai sendo capaz de endereitar o que se foi...

11 Domingo TO B 2018

EN DEUS ATOPAMOS A SAVIA QUE REVERDECE AS NOSAS VIDAS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS : Ergo os meus ollos (Nº 112) OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASO En tempos de deseperanza e desacougo, a fe sempre é un pulo de alento e forza para non deixarse levar pola mirada entristecida de quen non atopa razón desde onde vivir ledo e disposto a superar os límites de si mesmo. Deixar que Deus enchoupe a vida de razóns e sentido vai facendo que camiñemos sen ataduras e sabendo que inda que veñan as dificultades, que virán, estas non serán quen de derrubarnos. Que fermosa a primeira lectura da profecía de Ezequiel que proclamaremos hoxe! Que falta nos fai, a tod@s, escoitar a alguén que nos diga, porque confía en nós, que a nosa vida ha ser bosque onde crezan as árbores que non se deixan levar do derrotismo que todo o queima nin da negrura de que nada aleda; un bos...

10 domingo TO B 2018

TAMÉN NÓS CREMOS, E POR ISO FALAMOS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) LECTURAS : Eu soñei (Nº 58) OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) PARA NON PERDER O PASO Cantas veces na nosa vida temos calado diante de inxustizas notorias contra nós ou contra os nosos irmáns e as nosas irmás. Cantas veces temos “comulgado con rodas de muíño” para non ter problemas, para evitar represalias, por medo ao qué dirán ou qué pensarán. Cantas veces deixamos que pisen os nosos dereitos ou que non respecten a nosa dignidade por sentirnos inferiores, por vergoña, por non armar balbordo. E resulta que o Señor hoxe dinos que non quere que sexamos politicamente correctos, senón profeticamente correctos; que non quere que sexamos mudos, xordos ou cegos, senón que debemos ter os ollos, os oídos e os beizos ben abertos. Nós cremos.... e por iso falamos e testemuñamos a nosa fe con palabras e obras. Que esta celebra...

Corpus 2018

O TEU COMPROMISO MELLORA O MUNDO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO  Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa da Eucaristía que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Cristo faise presente para dicirnos que, do mesmo xeito que El se doa, tamén nós estamos chamadas e chamados a doarnos na entrega xenerosa cara aos demais. É entón festa incluínte que nos iguala a todas as persoas ao redor dun sinal sinxelo, á vez que claro: o pan enchoupado da miga da nosa entrega e xenerosidade para facer que o mundo sexa casa común onde a mesa sexa de tod@s e ninguén sexa excluído. Un sinal que está en total contradición co xeito que teñen de actuar e facer as cousas os nosos gobernantes. Namentres eles buscan o enfront...

Trindade 2018

CELEBREMOS QUE DEUS É SEMPRE COMUNICACIÓN POR, DESDE E CON AMOR Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vaiamos ao altar (Nº 133) LECTURAS: Cantade ao Señor (Nº 23) OFERTORIO: Gracias, Señor (Nº 34) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Temos escoitado moitas veces que Deus é amor. Un amor que se vai despregando a todas as persoas e situacións polas que o mundo, casa común, vai vivindo. Este amor adquire lugar no calendario litúrxico coa festa deste domingo: a Santísima Trindade. Con ela as persoas crentes no Deus de Xesús queremos poñer de manifesto que todo amor, cando é auténtico, é comunicación, proxección cara aos demais e experiencia de relación. Todo o contrario do individualismo ou da vivencia egoísta e pechada da fe. Estas afirmacións fannos poñer a mirada no noso mundo para pedir perdón por todas as veces nas que as persoas cristiás non temos feito do amor comunicación en comuñón, senón interese persoal. Todas esas veces que foro...