Ir al contenido principal

Entradas

29 domingo TO B 2018 (DOMUND)

TRABALLEMOS PARA CAMBIAR O MUNDO; SÓ ASÍ SEREMOS CAPACES DE SEMENTAR COLABORACIÓN E NON IMPOSICIÓN Descarga o ficheiro PALABRA QUE ALEDA ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) LECTURAS : Quédate, Señor, connosco (Nº 63) OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) PALABRA QUE ACHEGA          Comezamos cantando Eu soñei que algunha vez. Que ben responde esta oración musicada ao que tantas veces sentimos! Quen non ten soñado unha, dúas, tres ... as veces que foran e fagan falta cun mundo mellor, máis xusto, máis fraterno, menos violento? E cantas desas veces nas que temos soñado con el fomos capaces de preguntarnos: que estou a facer eu para que este mundo sexa así? Porque aquí está a clave de todo: do que soñamos, do que nos entristece, do que nos achega aos demais, do que separa, do que nos une, do que nos divide, do que... na actitude de cada un/a de nós ante todas esas cousas que sentimos, e mesmo moitas veces no...

Domingo 28 TO B 2018

NON DEIXEMOS QUE O PERIFÉRICO NECROSE A NOSA RIQUEZA INTERIOR Descarga o ficheiro PALABRA QUE ALEDA ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) PALABRA QUE ACHEGA Boas días: neste comezar o noso encontro comunitario. Deus volve xuntarnos para compartir e aquecer os corazóns que ao longo da semana foron arrefriando polas tristuras, as desesperanzas, os desenganos... a rutina. E volve facelo porque é sabio e perseverante, e quere que sigamos estas súas pegadas para ser tamén nós persoas que non se deixan abater polas dificultades –que xa sabemos que non é doado– nin polo costume de facer o que moit@s fan: corpo presente e corazón ausente. Non. Poñamos presenza, corazón e pensamento para compartir e agradecer poder volver reunirnos, vernos, saudarnos e participar xunt@s da confianza no Deus que non busca outra cousa para nós máis que sexamos felices. PALABRA QUE TRANSFORMA Polas v...

Propostas Domingo 28 TO B

27 Domingo TO B 2015 En tempos de decisións presentistas e efémeras, Deus ofrécenos unha proposta sen data de caducidade Descarga o ficheiro   27 domingo TO B 2012 A SOLIDARIEDADE DE XESÚS FAINOS A TOD@S IGUAIS NA COMPLEMENTARIEDADE Domingo 27 TO 2009 SEN IGUALDADE NON HAI LIBERDADE

Domingo 26 to B 2018

FÁLANOS SEÑOR, QUE QUEREMOS ESCOITARTE! Descarga o ficheiro RECENDO DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Con ledicia vimos LECTURAS : Benaventurados OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) PARA NON PERDER O PASO          Volvemos reunirnos no día do Señor. Rezamos en comunidade, pedimos sentindo a forza da súa presenza; damos grazas desde a confianza que nos trae ao pé do altar. Que este momento de oración que agora comezamos sexa experiencia de encontro e de confianza no Deus de Xesús que nos chama sempre a reunirnos no seu nome. Participemos con alegría sabéndonos acompañad@s da súa presenza. CO CORAZÓN FERIDO û   Porque moitas veces non prestamos atención á voz de Deus que nos fala a través de quen nos necesita; SEÑOR, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û   Porque non sempre somos capaces de dicir si ao plan de Deus coa nosa vida; CRISTO, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û   Porque somos máis ...