Non hai cruz sen cravos nin rosas sen espiñas: a vida como tarefa ( Comeza a celebración en actitude de adoración diante do monumento.) Descarga o ficheiro Cantos Entrada .- Música relixiosa (son de fondo) Lecturas .- Pai, Pai, eu póñome nas túas mans Adoración da cruz .- música relixiosa (son de fondo) Comuñón . Acharte presente Un camiño sempre aberto A sobriedade marca a celebración de hoxe, Venres Santo. Venres de cruz e paixón; venres de morte e esperanza. Si, parece un contrasentido que poida haber á vez morte e vida, esperanza e tristura . Pero si que as hai. As hai nas vidas de tantas persoas que a pesares da dor, as incomprensións, os desenganos ou a violencia non se deixan ir; ao contrario, as dificultades marcan un novo horizonte polo que loitar ,que fai que o moito sufrimento non sexa nin a meta nin o triunfo dos malvados. Por iso hoxe en toda a Igrexa universal celebramos que o triunfo non vai estar, inda que as vec...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra