Ir al contenido principal

Venres Santo 2019

Non hai cruz sen cravos nin rosas sen espiñas: a vida como tarefa



( Comeza a celebración en actitude de adoración diante do monumento.) Descarga o ficheiro
Cantos
Entrada.- Música relixiosa (son de  fondo)
Lecturas.- Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
Adoración da cruz.- música relixiosa (son de fondo)
Comuñón. Acharte presente

Un camiño sempre aberto
    A sobriedade marca a celebración de hoxe, Venres Santo. Venres de cruz e paixón; venres de morte e esperanza. Si, parece  un contrasentido que poida haber á vez morte e vida, esperanza e tristura . Pero si que as hai. As hai nas vidas de tantas persoas que  a pesares da dor, as incomprensións, os desenganos ou a violencia non se deixan ir; ao contrario, as dificultades marcan un novo horizonte polo que loitar ,que fai que o moito sufrimento non sexa nin a meta nin o triunfo dos malvados. Por iso hoxe en toda a Igrexa universal celebramos que o triunfo non vai estar, inda que as veces o pareza, nos que escravizan, engana, corrompen, matan, abusan ou silencian. Antes ou despois, e cada vez máis antes, han ser desenmascarados e baixados dos seus pedestais para asumir as consecuencias do mal creado e do sufrimento infrinxido.
    Desde a cruz dos crucificados de hoxe, nós reivindicamos que esta é paso, non meta. E que a pesares do sufrimento haberá un día en que tod@s, co poeta tamén dicimos: “ ao levanta-loa vista, veremos unha terra que diga liberdade”. Cara esta liberdade camiñamos, inda que  hoxe asumamos o paso pola cruz da dor e da incomprensión. Pero tamén estamos convencid@s que no alborexar do día seguinte, algo novo vai xurdir.   

Desde o eco da túa voz
Lembra, Señor, que a túa tenrura e a túa misericordia son eternas. Santifica aos teus fillos e protéxeos sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso favor instituíu por medio do seu sangue o misterio pascual .Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Atendendo a túa voz e poñéndonos en camiño

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu Servo. A grande multitude quedará abraiada ante el, pois o seu aspecto non parecía o dun home.
Non tiña beleza nin esplendor ; vímolo, e o seu aspecto non era atraente. Desprezado, o máis rexeitado dos homes , varón de sufrimentos, familiarizado coa dor. Coma alguén de quen se esconde a cara, desprezado, non lle tivemos aprecio.
El cargou coas nosas dores , el soportou os nosos sufrimentos . Nós considerámolo ferido. Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías , foi esmagado polas nosas iniquidades.
Todos nós coma rabaño andabamos perdidos ,  cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós. Foi oprimido, foi aflixido ; pero el non abriu a súa boca. Ninguén se preocupou da súa vida.
El foi arrincado do mundo dos vivos , para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo . Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Polos traballos da súa vida verá a luz ,alcanzará a sabedoría . O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos.
    Palabra do Señor. Grazas  a Deus
Canto.-  Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
PAIXÓN DO NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO SEGUNDO XOÁN
c.- Saíu Xesús cos seus discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta, na que entrou el e mailos seus discípulos. Tamén Xudas, o que o había entregar, coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus discípulos. Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos fariseos, chegou alí con farois, fachos e armas. Entón Xesús, sabendo todo o que lle viña enriba, adiantouse e preguntoulles:
+  -¿A quen buscades?
c.Respondéronlle:
s . - A Xesús de Nazaret.
c.Díxolles El:
+. - Eu son.
c.- Estaba tamén con eles Xudas, o que o entregaba. Cando lles dixo Eu son, botáronse para atrás e caeron ó chan. Entón, preguntoulles outra vez:
+. - A quen buscades?
c.- Eles contestaron:
s .- A Xesús de Nazaret.
c.- Xesús respondeulles:
+ .- Díxenvos que "son eu": así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.
c.- Así cumpriuse a palabra que dixera: "non perdín ningún dos que me deches".
c.- Entón Simón Pedro, que tiña unha espada, desenvaiñouna e feriu ó garda do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita. O nome do garda era Malco. Pero Xesús díxolle a Pedro:
+ - Mete a espada na vaíña; e, logo, non hei bebe-lo cáliz que me deu o Pai?
c.- Entón a patrulla, o tribuno e mailos gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono. Levárono primeiro onda Anás, que era sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano. (Era Caifás aquel que lles dera ós xudeus o consello: "Convén que un home morra polo pobo").
Seguían a Xesús Simón Pedro e mais outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo Sacerdote, entrou con Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote. Pedro estaba fóra, na porta. Entón saíu o outro discípulo -o coñecido do Sumo Sacerdote-, falou coa porteira, e fixo entrar a Pedro. A porteira preguntoulle a Pedro:
s .- Non es tamén ti dos discípulos dese home?
c.- El contestou:
s .- Non son.
c.- Estaban os criados e os gardas facendo unha fogueira, porque facía frío, e aquecíanse. Estaba tamén Pedro con eles, de pé, aquecéndose Entón o Sumo Sacerdote interrogou a Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina. Xesús respondeulle:
+ .- Eu falei á vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan tódolos xudeus, e non falei nada ás agachadas. Por que me preguntas a min? Pregúntalles ós que me oíron de que lles falei: eles saben ben o que dixen.
c.- O dicir isto, un dos gardas alí presentes, deulle unha labazada a Xesús, dicindo:
s .-  Así lle respondes ó Sumo Sacerdote?
c.- Xesús replicoulle:
+ .- Se falei mal, demóstrame en que; e se falei ben, por que me pegas?
c.- Entón Anás mandouno amarrado onda Caifás, o Sumo Sacerdote. Estaba Simón Pedro de pé, quentándose, e preguntáronlle:
s .- Non es tamén ti dos seus discípulos?
c.- El negouno, dicindo:
s .- Non son.
c.- Un dos criados do Sumo Sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, replicoulle:
s .- E logo non te vin eu na horta con el?
c.- Pedro negou outra vez; e naquel intre empezou a cantar un galo. Levaron entón a Xesús de onda Caifás ó Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se contaminaren e así poderen come-la Pascua. Saíu entón fóra Pilato, onda eles, e preguntou:
s .- Que acusación traedes contra este home?
c.- Eles responderon:
s . - Se este non fose un malfeitor, non cho entregabamos.
c.- Díxolles entón Pilato:
s .- Collédeo vós e xulgádeo segundo a vosa Lei.
c.- Os xudeus contestáronlle:
s .- Non nos é lícito matar a ninguén.
c.- Así se cumpriu a palabra de Xesús, sinalando con que morte había morrer.Entón entrou Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle:
s . - Es ti o Rei dos Xudeus?
c.- Xesús respondeu:
+. – Dis iso ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?
c.- Pilato replicou:
s .- E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?
c.- Xesús contestoulle:
+ .- O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é de aquí.
c.- Díxolle entón Pilato:
s . - Logo ti es Rei?
c.- Xesús respondeu:
+. - Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ó mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.
c.- Pilato preguntoulle:
s .- Que é a verdade?
c.- E, dito isto, saíu onda os xudeus e díxolles:
s .- Eu non atopo nel culpa ningunha. Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua. Queredes, logo, que vos solte ó Rei dos Xudeus?
c.- Berraron entón outra vez, dicindo:
s . - Non. A ese non; a Barrabás.
c. - (O tal Barrabás era un bandido).Entón Pilato colleu a Xesús e mandouno azoutar. Os soldados, tecendo unha coroa con espiños, puxéronlla na cabeza, vestíronlle un manto de púrpura, e, inclinándose diante del, dicíanlle: "Salve, Rei dos Xudeus!". E dábanlle labazadas.
c.- Pilato saíu outra vez fóra e díxolles:
s . - Mirade, tráiovolo fóra, para que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha.
c.- Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilato díxolles:
s .- Ei-lo home.
c.- Cando o viron, os sumos sacerdotes e os gardas berraron:
s . - Crucifícao, crucifícao!
c.- Pilato respondeulles:
s .- Collédeo vós e crucificádeo, que eu non atopo culpa nel.
c.- Os xudeus replicaron:
s . - Nós temos unha Lei, e conforme a Lei debe morrer, por se facer Fillo de Deus.
c.- Cando Pilato oíu estas palabras, colleu moito medo, entrou outra vez no Pretorio e preguntoulle a Xesús:
s . - De onde es ti?
c.- Pero Xesús non lle deu unha fala. Entón Pilato insistiu:
s .- Comigo non falas? Non sabes que teño poder para soltarte e poder para crucificarte?
c.- Xesús respondeulle:
+. - Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba. Por iso, o que me entregou a ti ten maior pecado.
c.- Despois disto Pilato procuraba liberalo. Pero os xudeus berraban:
s . - Se soltas a ese, non es amigo do César: todo o que se fai rei, oponse ó César.
c.- Pilato, oídas estas palabras, levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal, no sitio nomeado "O enlousado", en hebreo "gábaza". (Era o día da Preparación da Pascua, alá contra as doce do día). Díxolles ós xudeus:
s .- Velaquí o voso rei.
c.- Pero eles berraban:
s . - Fóra, fóra!  Crucifícao!
c.- Pilato preguntoulles:
s . - Pero , como vou crucifica-lo voso rei?
c.- Os sumos sacerdotes insistiron:
s . - Non temos máis rei có César.
c.- Daquela, entregóullelo para que o crucificasen. Entón colleron a Xesús. Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio. Escribiu Pilato un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus. Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego. Os sumos sacerdotes dixéronlle a Pilato:
s .- Non escribas "O Rei dos Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
c.- Pilato respondeu:
s . - O escrito, escrito está.
c.- Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron a roupa del -e fixeron catro partes, unha parte para cada soldado-, e maila túnica. Era a túnica sen costura, tecida dunha peza de arriba abaixo. E falaron entre eles:
s . - Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca.
c.- Así cumpriuse a Escritura, que di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica. Tal fixeron os soldados.
O pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:
+. - Muller, velaí o teu fillo.
c.- Despois díxolle ó discípulo:
+.- Velaí a túa nai.
c.- Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el. Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo:
+ ._ "Teño sede".
c.- Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca. Cando probou Xesús o vinagre dixo: Está cumprido. E, inclinando a cabeza, entregou o espírito.
Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.
Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que crucificaran con el. Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas, senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.
Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades. Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: "Non lle crebarán óso ningún". E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.
Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús – inda que ás agachadas, por medo ós xudeus-, rogoulle a Pilato que lle deixase retira-lo corpo de Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo. Foi tamén Nicodemo -aquel que primeiramente viñera onda Xesús de noite-, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.
Colleron o corpo de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, enfaixárono en panos, con aromas. No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que aínda non usara ninguén. Puxeron alí a Xesús, por mor da Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.

        Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús.

Remoendo a Palabra
    Hoxe temos escoitado moita palabra; unha palabra que nos fala de incomprensión, inxustiza e morte de inocentes. Para que esta palabra sexa comprnedida e integrada é necesario o silencio. O silencio que nos fai remoer o que escoitamos; o silencio que nos axuda a descubrir de que lado estamos; o silencio  nos axuda a clarificarnos e a difeenciar que , inda que sexan moitas as voces, non todas son iguais nin din o mesmo. O silencio que, nesta sociedade tan das présas e a á présa, busca a nosa reflexión e concreción da palabra escoitada na nosa mirada da vida.
    Ao noso redor hai moitas cruces, mesmo nalgunha teñamos nós algo que ver. Deixemos que a palabra que libera e non se deixa vencer polo derrotismo, alimente a nosa reflexión e estimula a nos acción para no quedar nin quedos nin mudos ante as cruces que van xurdindo ao noso redor.
Oración Universal
    Fagamos da Oración universal, toma de conciencia dun mundo cheo de cruces e necesitado de Cireneos que axuden a levalas para alixeirar o peso da dor de quen as sufre.
  1. Pola Igrexa. Para que sexa unha Igrexa que non cala ante o pecado que descobre dentro dela; e denuncia todo comportamento antievanxélico que vai xermolando e ocultando o rostro de Cristo. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.

  1. Polo papa Francisco. Para que , siga abrindo camiños de luz e claridade na Igrexa e no mundo. E non teña nunca medo a denunciar a hipocrisía e a utilización e abuso das persoas, dentro e fóra da Igrexa. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.


  1. Polas comunidades cristiás. Para que non fagamos do desánimo método de vida nin expresión de fe. Porque Xesús non deixa de repetir que non importa o número dos que sexamos, senón a alegría e esperanza na que vivimos os que queremos estar. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.

  1. Pola unidade dos cristiáns. Para que o diálogo, a escoita e a collida, sexan as actitudes nas que nos encontremos e traballemos xunt@s na busca do que humaniza, iguala e defende a dignidade e a vida das persoas. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.

  1. Polas xentes que non cren. Para que saibamos achegarnos e camiñar xuntas na busca de canto fai posible que compartamos unha mesma casa común, que a tod@s acubilla e entre tod@s temos que coidar. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.

  1. Polas persoas que van quedando nas beiras da exclusión e o esquecemento. Para que nós non teñamos medo nunca a unirnos e favorecer tódalas causas que defendan e loiten pola dignidade de cantos, o mundo tan tecnolóxico e individualista, vai descartando porque os considera cousas e non dignidade compartida co Deus que nos aprende a non deixarnos  vencer pola sufrimento e a opresión. Oremos: Contigo, Señor, queremos levar as cruces da xente do noso mundo.

Adoración da cruz
Comeza este momento desde o fondo do templo. Quen preside vai avanzando ao longo da nave central, e namentres vai soltando cada uns dos brazos cubertos da cruz, canta: “mirade a árbore da cruz onde estivo cravada a salvación do mundo”. Respondendo a comunidade: “Vinde adoralo”. Ao chegar ao pé do altar invita a achegarse para face-la adoración - namentres a música vai creando un clima de oración- poñendo a man sobre ela e realizando un leve inclinación.

Comuñón
    A última parte da celebración lévanos do rezo do Noso Pai á comuñón.

Canto.-  Acharte presente
    Rematamos en silencio, namentres , coas mans estendidas, quen dirixe a celebración realiza a seguinte oración:
    Que a túa bendición, Señor, descenda con abundancia sobre esta comunidade, que ten celebrado a morte do teu Fillo coa esperanza da súa santa resurrección; veña sobre el o teu perdón, concédelle o teu consolo, acrecenta a súa fe, e consolida nel a redención eterna. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...