A visita de Deus… Parabéns para as mulleres!
"Veo más urgente una toma de conciencia de todo el pueblo de Dios sobre la necesidad de estudiar, rezar y aplicar el Concilio Vaticano II. Su aplicación quedó a mitad de camino. El tema del celibato, divorciados, escándalos, etc., son problemas de todo el pueblo de Dios y no sólo de la jerarquía. En una eclesiología de comunión no encaja que las mujeres sigan en la Iglesia sin tener poder de decisión. Muchas reformas habría que emprender en la Iglesia desde las visiones evangélicas y dinámicas del Concilio Vaticano II, en el contexto plural, complejo, intercultural, interreligioso en el que nos encontramos". (Nicolás Castellanos Bispo español misioneiro en Bolivia)
Pórtico
Na nosa Igrexa vivimos nunha confusión que vén de lonxe, e que é moi difícil de clarexar. Si, porque por una banda temos a Xesús esforzándose, coas súas palabras e xestos, por poñer de manifesto a igualdade do home e da muller; por destacar a necesidade de romper a concepción e os costumes dunha cultura na que a muller era pouco valorada e relegada a un segundo ou terceiro plano, sen asumir responsabilidades de dirección, sen capacidade para decidir, vivir e actuar con autonomía, cousa que aos homes si se lle concedía. E pola outra banda, atopámonos co feito de que ao longo dos dous mil anos de vida da Igrexa, durante moitos séculos, inda que hoxe ninguén se atrevería en público -somos moi fillos do politicamente correcto– a afirmar que a muller non é igual ao home ou que non ten as mesmas capacidades que aquel, logo, na práctica, resulta que segue habendo moitos ámbitos da realidade eclesial nos que a muller non goza da mesma igualdade que o home; hai moitas responsabilidades que á muller non se lle conceden, e que pasarán anos en concedérselle, mentres que ao home, polo simple feito de selo, nunca lle negarán.
Porén, ao longo do calendario litúrxico, son varias as festas dedicadas á Virxe, querendo poñer de manifesto a grandeza do seu si, e como esta decisión fixo cambiar o sentido e horizonte no que se ía desenvolver o mundo, a historia persoal e colectiva dos homes e das mulleres. Unha destas festas é a de hoxe: a Asunción de María. Nela e con ela quéresenos dicir que o camiño que abriu Xesús, non sen as súas dificultades, é un camiño aberto a tod@s e para tod@s, sen distinción de sexos nin culturas; sen diferenzas de cor u de fala: Deus acolle a tod@s. María xa ten experimentado este agarimo acolledor do colo de Deus, como nos lembra a festa de hoxe..
María é muller, e si ela foi a primeira, nada nos di que, do mesmo xeito que ela non se rendeu nin recuou, tampouco, inda que as cousas moitas veces sexan difíciles e non se acabe de ver a luz do final do túnel, hoxe as mulleres han renderse e deixar que siga sendo a tradición e non a racionalidade, a que marque cal ha ser o seu papel na Igrexa. María foi constante e o seu si revolucionario; en consonancia con ela, necesitamos neste momento moitos sis de mulleres para que para que a igualdade, da que sempre falaba e coa que sempre actuaba Xesús, se vaia facendo realidade no descorrer cotián da Igrexa.
Perdón
- Por non saber valorar a importancia do traballo, tantas veces calado e discreto!, da muller dentro da pastoral da Igrexa, SEÑOR, PERDÓANOS A PASIVIDADE E A INDIFERENZA.
- Por deixar que as cousas sigan coma sempre, sen loitar para introducir cambios que leven a un verdadeiro recoñecemento do papel da muller na Igrexa, CRISTO, PERDÓANOS A PASIVIDADE E A INDIFERENZA.
- Por non saber ser constantes como María, e deixarnos levar polas rutinas e os costumes do sempre foi así, SEÑOR, PERDÓANOS A PASIVIDADE E A INDIFERENZA.
Remuíño
- Unha vez máis móstrasenos a persoa de Xesús como o que dá a vida, coma o xerador de vida:
- Vida en dignidade
- Vida en respecto
- Vida en crecemento e realización persoal
- Vida en madurez
- Vida en xustiza e valoración da diferenza
- Vida en pluralidade e acollida a quen sente e pensa distinto
- Vida en entrega e solidariedade
- Vida en salvación
- Vida en dignidade
É entón a vida o cerne sobre o que se vai desenvolvendo o ser e o actuar da cada un e cada unha dos cristiáns. Sen este respecto e compromiso non podemos chamarnos seguidores seus. Non pode ser a vida unha palabra, unha frase feita, un titular de xornal, un… senón unha esixencia e un compromiso real e sincero de cada crente; mellor, de cada un dos que queremos tomar en serio a súa mensaxe. Fronte a Adán que se deixa seducir polo engano, o que o leva a esquecerse de Deus e a escudarse no botarlle a culpa aos outr@s, Xesús asume na súa persoa o proxecto do Reino como tarefa que ha ir realizándose pouco a pouco, avanzando e superando a tentación de mirar atrás para non deixarse invadir da nostalxia de que calquera tempo pasado –o tempo de Adán, ou hoxe outros tempos con nomes e apelidos na historia da Igrexa– foi mellor. O tempo de Xesús é o hoxe, o noso, e tod@s nós estamos chamados non a deixalo pasar, senón a vivilo e disfrutalo con alegría e de maneira comunitaria. Como soubo facer María.
- Por iso é Bendita, porque fixo da súa vida un camiño de dispoñibilidade e entrega aos demais. Ela é para os crentes muller de fe e audacia; muller de entrega e solidariedade; muller de fidelidade e esixencia; muller de servizo gratuíto e responsable a Deus desde a entrega, sempre xenerosa, aos demais. Por iso María non é simplemente unha palabra na nosa boca, ou unha festa no calendario litúrxico, moito menos unha tradición que hai que cumprir ou un costume ritualista, moitas veces supersticioso, á hora de vivir a fe. Non, María é testemuño gozoso de reivindicación do papel da muller no traballo eclesial, denuncia de todo intento de reducir a muller na Igrexa, tamén na sociedade (inda que cada vez menos), a simple executora de accións que outros, sempre homes, pensan por elas e para elas. María revelouse contra disto, o que lle abre un camiño ás mulleres hoxe en día para que non se deixen levar por canto lles impide ser elas mesmas ou por canto busca que agochen as súas capacidades e creatividade, para así deixar que sexa o home o que pense, mande e dispoña. Neste día da Asunción, a figura de María é unha chamada a tódolos crentes, pero especialmente ás mulleres, para que o compromiso pola vida ao que nos invita Xesús, se vaia realizando cada día de xeito xeneroso, nobre e na gratuidade dun si que se concreta hoxe dentro e fóra da Igrexa, desde o traballo das mulleres, que coma María saben que "os tempos son chegados", que xa non se pode mirar atrás e vivir do pasado, senón erguer a mirada, perder o medo e construír esperanza, sen complexos e sabéndose igual, nunca inferior, aos homes. Por iso Deus lle chamou: BENDITA.
Oración Da comunidade
Na festa de María, muller e nai cristiá, dispoñámonos a compartir a nosa oración de xeito comunitario, para que a forza do rezado e celebrado se converta nun camiño de liberación e maduración persoal e eclesial. E digamos xunt@s:
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE MARÍA
- Para que na Igrexa saibamos camiñar á par, sen facer distincións e valorando e potenciando o traballo igualitario de tod@s os seus membros, Oremos.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE MARÍA
- Agradecemos o tempo dedicado por tantas mulleres nas nosas comunidades.Tempo de alegría e esperanza, tempo de participación e solidariedade, tempo de esforzo e colaboración,
Oremos.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE MARÍA
- Compartimos tamén hoxe a nosa oración con tódalas mulleres que fan da súa vida un mar de servizo entregado á causa de Xesús desde a súa dedicación aos enfermos, aos necesitados, a cantos están solos, á acollida aos inmigrantes… facendo que o Reino sexa visualizado a través do seu traballo, Oremos.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE MARÍA
Grazas, Señor, por invitarnos hoxe a restituír o creto e a valorar a importancia do traballo das mulleres na nosa diocese, parroquias e familias. P.X.N.Señor.Amén
Reflexión
Preguntáronlle ao mestre:
que é a espiritualidade?.
A espiritualidade, respondeu, "é o que
consegue proporcionar á persoa
a súa transformación interior".
Pero se eu aplico os métodos tradicionais
que nos transmitiron os Mestres,
iso non é espiritualidade?
"Non será espiritualidade se non cumpre
para ti esa función.Unha manta xa non é
unha manta se non che da calor".
Entón, a espiritualidade cambia?.
"As persoas cambian, e tamén as súas necesidades,
de xeito que aquilo que noutro tempo foi
espiritualidade, xa non o é. O que moitas veces
pasa por espiritualidade non é mais que
a constancia escrita de métodos pasados".
-Hai que cortar a chaqueta segundo as medidas da persoa, non ao revés-
( A. de Mello )
Cantos
- ENTRADA: Xa nos tés aquí
- LECTURAS: Benaventurados
- OFERTORIO: María, a nosa terra pide unha man / Noraboa, María.
- COMUÑÓN:
Coa nosa naiciña do ceo ( Magníficat)
- COMUÑÓN:
Comentarios