Ir al contenido principal

Remol Aninovo


E O SI DE MARÍA ABRIU O CEO Á MATERNIDADE DE DEUS
PÓRTICO
No comezo do ano, no que se volven renovar ilusións e proxectos, queremos poñer estes doce meses que temos por diante na man de Deus, para sentírmonos acompañados por El; tanto cando as cousas saian como as tiñamos proxectado, como cando non consigamos atopar explicación a canto ocorre. Renovar é querer poñer punto e seguido na nosa vida. Un punto e seguido que non mira cara atrás, senón que encara o futuro con ollos de admiración e esforzo polo moito que temos que facer, e polas posibilidades que se nos abren. E porque esta viaxe non a queremos facer solos, no bo e no malo, nas tristuras e ledicias, nos sorrisos e nas bágoas, que aprendamos sempre, Señor, a deixarnos acompañar por Ti.

Acollendo a túa palabra, en Xesús recibimos a túa bendición para que este sexa un ano de presenza solidaria e traballo cotián pola paz e a xustiza:
Bendí, Pai, o noso mundo, dividido por tantas inxustizas e violencias.
Que os responsables dos pobos se desarmen progresivamente e utilicen non as armas que matan, senón as do diálogo e a solidariedade.
Que a Igrexa sexa foco de diálogo e pacificación.
Que as familias cultiven o amor primeiro e superen as crises coa madurez humana a oración.
Bendícenos, Pai, que traballando pola paz, sexamos fillos teus e fillas túas. Amén.

O PERDÓN
  • Porque a paz non é un valor que cultivemos cada día na nosa vida, SEÑOR, ENCHÓUPANOS DE PAZ.
  • Porque a xustiza non é o camiño que seguimos na maioría das veces nas nosas decisións, CRISTO, ENCHÓUPANOS DE PAZ.
  • Porque nin nos educamos nin educamos aos que veñan tras de nós nos camiños do entendemento e o diálogo, SEÑOR, ENCHÓUPANOS DE PAZ.

REMUÍÑO
  • Dinos o Papa na mensaxe que escribiu para esta xornada da paz, que”o comezo dun Ano novo, don de Deus á humanidade, é unha invitación a desexar a tod@s, con moita confianza e afecto, que este tempo que temos por diante estea marcado pola xustiza e a paz”
- Comezar é querer deixar atrás canto non foi como nos tería gustado, para encarar o que queda por diante con gañas, forza, ilusión e esperanza. Non é tempo de laiarnos, de deixar que as situacións nos dominen sen facer nada por cambialas. Comezar é renovar o esforzo por crecer como persoas con valores e dispostas a vivilos sen medo nin angustia cada día no que facemos e no xeito de tratar aos demais. Comezar é apostar que sempre se pode cambiar, que o destino de cada un/ha de nós, porque somos libres, está nas nosas mans, no que decidamos, sen deixar que ninguén nolo marque e nos utilice como se foramos monicreques, roubándonos a capacidade e a posibilidade de ser nós mesmos.
- Poder comezar este ano é un don. E todo don é algo que se nos concede, que se nos dá para que o acollamos. Deus concédenos o don de poder comezar e plantexar novos horizontes na nosa vida; uns horizontes cara aos que temos que ir avanzando, non sen dificultades, pero conscientes de que está na nosa man e nas nosas decisións, poder acadalos. Non podemos permitir que ninguén nos roube este don que nos concede a centralidade a nós á hora de tomar decisións. Ser conscientes de que posuímos este don axúdanos a non deixarnos levar polo que outros poidan dicir o facer para quitárnolo. É este un don sen exclusións, para tod@s e chamado a ser compartido. Un don que nos fala de agarimo, respecto, encontro, igualdade... empatía.
- Un comezo que é don e quere camiñar na xustiza e a paz. Só desde elas poderemos sentírmonos verdadeiros protagonistas deste novo ano que hoxe comeza. Unha xustiza que non se reduce ao que marca a lei, establecendo criterios que moitas das veces están lonxe do que preocupa e vive a xente. Non, a xustiza que temos que construír é a xustiza da fraternidade, que nos fai irmáns no mesmo Pai, e nos chama non volvernos indiferentes diante do que ocorre ao noso redor. É a xustiza do compromiso e a da implicación. É a xustiza dos que queremos chamarnos e sentirnos seguidores de Xesús. E só desde esta xustiza poderemos falar de paz, que como ben dixo hai moitos anos o Papa Xoán XXIII, non se reduce á ausencia de guerra. Son moitas as situacións que vivimos hoxe nas que, sen haber guerra, non é posible traer a paz: cando nos enganan, cando nos explotan, cando toman decisións sobre nós sen consultarnos, cando nos negan o dereito a expresarnos, cando os silencios esconden amargura, desprezo ou indiferenza. Pode non haber guerra, de feito, cando isto ocorre non a hai, pero non podemos dicir que haxa paz. A paz é tarefa e esforzo de todos por non excluír, discriminar, separar... esconder. A paz é luz, porque luz é o que o si de María nos veu traer, e que hoxe acollemos no nome da paz e da xustiza: Xesús. E se non nos educamos para e desde elas, comezaremos moitos anos novos, pero non acadaremos o máis importante: ilusións e esperanzas.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Porque nos traes a paz, neste comezo de ano, e baixo a agarimosa mirada da nai María, presentamos a nosa oración comunitaria e dicimos:
QUE NOS EDUQUEMOS NA XUSTIZA E NA PAZ
  • Para que non renunciemos nunca a construír a vida desde a xustiza e a paz, facendo da Igrexa verdadeira testemuña de gratuidade e acollida no medio dun mundo falto de cariño e solidariedade, OREMOS.
QUE NOS EDUQUEMOS NA XUSTIZA E NA PAZ
  • Para que neste comezo de ano, saibamos ser calor e porta aberta para os membros das nosas comunidades que están a pasar por situación de dificultade por non ter traballo, estar enferm@s ou non ter paz nas súas familias, OREMOS.
QUE NOS EDUQUEMOS NA XUSTIZA E NA PAZ
  • Para que saibamos renovarnos e ilusionarnos neste comezo de ano, propoñéndonos metas alcanzables e proxectos que nos fagan sentir a gusto co noso traballo, OREMOS.
QUE NOS EDUQUEMOS NA XUSTIZA E NA PAZ
Grazas, Señor, por invitarnos a construír a paz, neste ano que comeza, sobre a xustiza e o respecto de uns para cos outros. Que como María, a muller da maternidade de Deus, sementemos o noso camiño de gratitude e gratuidade. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN
A Utopía da Paz
Ela está no horizonte.
Achégome a dous pasos,
ela afástase dous pasos
e o horizonte
móvese dez pasos máis alá.
Por moito que eu camiño,
nunca a acadarei.
Para que serve a utopía?.
Para isto serve: para camiñar.

(Eduardo Galeano)

CANTOS Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...