Ir al contenido principal

RECUPERAR A FRESCURA DO EVANXEO


 
No prólogo do evanxeo de Xoán fanse dúas afirmacións básicas que nos obrigan a revisar de xeito radical o noso xeito de entendermos e de vivirmos a fe cristiá, despois de vinte séculos de non poucas desviacións, reducionismos e enfoques pouco fieis ao Evanxeo de Xesús.
A primeira afirmación é esta: "A Palabra de Deus fíxose carne". Deus non permaneceu calado, fechado para sempre no seu misterio. Falounos. Pero non se nos revelou por medio de conceptos e doutrinas sublimes. A súa Palabra encarnouse na vida entrañábel de Xesús para que a poidan entenderen e acolleren ata os máis sinxelos.
A segunda afirmación di así: "A Deus ninguén o viu xamais. O Fillo único, que está no seo do Pai, é quen o deu a coñecer". Os teólogos falamos moito de Deus, pero ningún de nós o viu. Os dirixentes relixiosos e os predicadores falamos del con seguridade, pero ningún de nós viu o seu rostro. Só Xesús, o Fillo único do Pai, nos contou como é Deus, como nos quere e como busca construír un mundo máis humano para todos.
Esta dúas afirmacións están no transfundo do programa renovador do Papa Francisco. Por iso busca unha Igrexa enraizada no Evanxeo de Xesús, sen enredármonos en doutrinas ou costumes "non directamente ligadas ao núcleo do Evanxeo". Si non o facemos así, "non será o Evanxeo o que se anuncie, senón algúns acentos doutrinais ou morais que proceden de determinadas opcións ideolóxicas".
A actitude do Papa é clara. Só en Xesús se nos revelou a misericordia de Deus. Por iso, temos de volver á forza transformadora do primeiro anuncio evanxélico, sen eclipsar a Boa Noticia de Xesús e "sen obsesionármonos por unha multitude de doutrinas que se intentan impor a forza de insistencia".
O Papa pensa nunha Igrexa na que o Evanxeo poida recuperar a súa forza de atracción, sen ficar escurecida por outras formas de entender e vivir hoxe a fe cristiá. Por iso, invítanos a "recuperarmos a frescura orixinal do Evanxeo" como o máis belo, o máis grande, o máis atractivo e, ao mesmo tempo, o máis necesario", sen encerrarmos a Xesús "nos nosos esquemas aburridos".
Non nos podemos permitir nestes momentos vivirmos a fe sen impulsar nas nosas comunidades cristiás a conversión a Xesús Cristo e o seu Evanxeo ao que nos chama o Papa. El mesmo nos pide a todos "que apliquemos con xenerosidade e valentía as súas orientacións sen prohibicións nin medos".
DOMINGO: 05-01-2014.- 2º da Natividade.- Xn 1, 1-18.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...