Ir al contenido principal

Aninovo 2014


A FRATERNIDADE, FUNDAMENTO E CAMIÑO PARA A PAZ
Descarga o ficheiro
BENDICIÓN NO COMEZO
  • Que Deus nos bendiga todos os días do ano,
  • Que Deus nos sorría todos os días do ano,
  • Que Deus se fixe en nós todos os días do ano,
  • Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano
  • A paz, o amor e a xustiza de Deus, que se manifestaron en Cristo, nacido para a nosa salvación sexan con todos e con todas vós.

 

ESCOITA ACTIVA
Bos días e feliz ano novo para tod@s. Este mes de xaneiro (ianua, a porta) que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer estes doce meses que temos por diante na súa man. Si, porque a celebración de hoxe, na xornada da paz, é unha chamada a poñer todas as nosas ilusións e as nosas forzas en continuar, ao longo destes 365 días, o proxecto de Xesús: coidarnos e querernos coma irmáns e irmás. Que, como María, deixemos que esta Palabra, enchoupe o noso corazón. De certo, Deus ofrécenos, unha vez máis, un tempo cheíño de esperanza e posibilidades. Que faremos con el?.

 
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Porque se nos enche a boca falando de que queremos paz; pero non damos entendido que para que sexa posible debemos respectar e valorar aos demais tal e como son, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
  • Porque a diferenza dos pastores non estamos dispost@s a deixar atrás rutinas, comodidades e indiferenzas para ir ao teu encontro, CRISTO, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
  • Porque a diferenza de María, non deixamos que a túa Palabra enchoupe o noso corazón, dándonos razóns para facer que non esmoreza a esperanza, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
PALABRA ENRAIZADA
  • Deixamos atrás un ano no que, a ben seguro, houbo de todo: luces e sombras, bágoas e sorrisos, decepcións e tamén sorpresas agradables, cousas que foron ben e outras que non tan ben...Botando a vista cara atrás, unha cousa é certa: ter chegado ata aquí xa é un logro. Pero non chegamos solos: Deus foi compañeiro de camiño nas penas e nas alegrías, nas esperanzas e nas frustracións, nos momentos de debilidade e de fortaleza. El non se vai, sempre camiña ao noso carón, porque, como ben di a primeira lectura, bendícenos mostrándonos o seu rostro e dándonos a súa paz. E ese rostro de Deus estamos chamad@s a descubrilo en tanta e tanta xente que, no noso mundo, traballa arreo porque a esperanza e o desenvolvemento deixen de ser palabras bonitas e se convertan en actitudes reais para todas as persoas. Si, a bendición de Deus aléntanos para non deixarnos abater polas dificultades, móvenos para que non nos instalemos no derrotismo, deixando que sexan outros os que decidan por nós; espabílanos para que non caiamos na tentación do individualismo e do egoísmo e empecemos a pensar en comunidade; espértanos do soño do "sempre se fixo así" para invitarnos a romper prexuízos e esquemas preconcibidos e empezar a actuar desde o corazón e a misericordia; axúdanos a non deixarnos levar polo pesimismo e a que saquemos peito para encarar a vida con ilusión, valor e forza. Grazas, Señor, por bendicirnos cada día, cada minuto, cada segundo coa nosa familia, cos nosos amigos, con tantos sorrisos, con tantas mans tendidas, con tantos e tantos sinais que pos na nosa vida!!!!.
  • E a bendición más grande é o seu Fillo. Que ben o entendeu Paulo e que ben llo transmite aos gálatas!. Certamente, esa historia de amor entre Deus e as persoas, á que adoitamos chamar historia de salvación, acada o seu cumio na persoa de Xesús, no que pasamos de escrav@s a fill@s e a herdeir@s. Cando botaremos fóra da nosa cabeciña esas entelequias que nos din que a relixión é sufrimento, dor, renuncia, pecado, condena, tebras..... agonía?, cando aprenderemos que Deus quere a nosa felicidade?, cando nos decataremos que a relixión ten que facer de nós mellores persoas e persoas felices?. Pode ser un bo compromiso para este ano que comezamos: revisar a nosa vida de fe para, como María, reflexionar e conservar todas estas cousas no noso corazón.
  • A pouco que o fagamos, descubriremos o desexo da fraternidade, da comuñón coas outras persoas, que non son inimigos nin contrincantes, senón irmáns e irmás que temos que acoller e querer. A isto é ao que nos chama a xornada da paz que hoxe celebramos en toda a Igrexa baixo o lema: "A fraternidade, fundamento e camiño para a paz" e na que o papa Francisco destaca:
    • como fill@s dun mesmo Pai, a terra é a casa de todas as persoas
    • non debemos deixarnos levar pola "globalización da indiferenza", pechándonos en nós mesmos
    • somos seres feit@s para a reciprocidade, para a comuñón e o don
    • a fraternidade, é dicir, sentirnos irmáns e irmás de todas as persoas debe estar no centro da economía e da política
    • o servizo é a alma da fraternidade
    • a fraternidade, fundamento e o camiño para a paz, debe ser descuberta, experimentada, anunciada e testemuñada.
  • Que esta nova páxina da nosa vida que estreamos nos axude a coñecer e recoñecer neste Neno que vén de nacer a aquel que acompaña o noso camiñar e que nos trae a paz. Os pastores deixaron todo atrás e foron adoralo. Nós, hoxe, tamén nos sentimos chamad@s por El e vimos aquí para acompañalo, para ofrecerlle o que somos e o que temos, para que El bendiga as nosas vidas e as daqueles que camiñan connosco.

 
FRATERNIDADE ORANTE
Na festa de Santa María, e neste comezo de ano que nos volve falar outra vez de paz, sentímonos fondamente achegados uns aos outros para dicirlle a Deus.
BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
  • Por unha Igrexa viva, aberta, solidaria e pacífica, que saiba acoller e non fomente nunca o pensamento único e a obediencia cega, OREMOS.
BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
  • Por unhas comunidades cristiás que, asentadas sobra a forza da paz e o camiño da fraternidade, saben ser testemuñas de encontro, perdón e tolerancia no medio dos enfrontamentos dunha sociedade que moitas veces se esquece de Deus, OREMOS.
BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
  • Por nós, que hoxe queremos comezar este novo ano cheos de proxectos, ilusións e esperanzas, para que co paso dos días non nos deixemos levar da frustración, da desesperanza e do pesimismo, OREMOS.
BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
Grazas, Señor, porque sabemos que a fraternidade que Ti nos dás, é o fundamento e o camiño para a paz. Axúdanos a traballar arreo para non caer na indiferenza. P.X.N.S. Amén
MIRADA ESPERANZADA
Deus fíxose amor para quen ten o corazón roto e
só coñeceu orfandades e xenreiras.
Deus fíxose liberdade para quen está preso
e para os escravos, de si ou doutros.
Deus fíxose consolo para os que sofren, agardan
e choran á marxe dos camiños.
Deus fíxose xustiza para quen está marxinado
e ten fame e sede de vida.
Deus fíxose pan e viño para quen se baleirou
dándose sen reservas, enteiro, en vieiros e camiños.
Deus fíxose novidade para desmantelar o tenderete
de normas e leis que montamos para conseguir o seu beneplácito.
Deus fíxose un de nós para que nós non esquezamos agora,
neste momento, e logo,
que somos fill@s seus, e por iso, irmáns e irmás entre nós.

 
CANTO GOZOSO
  • Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...