Ir al contenido principal

2 Domingo Advento A


SABENDO DAS DIFICULTADES DO CAMIÑO, NON CAEMOS NA TENTACIÓN DE ABANDONAR. GRAZAS, SEÑOR, POR SEGUIR ABRINDO OS CANDADOS DO NOSO CORAZÓN!!!!!

SIGNO: Penduramos da árbore un segundo corazón, co que simbolizamos que estamos dispost@s a abrir o candado que deixe escapar canto non nos fai felices, para que entre a forza da palabra que renova e nos chama a cambiar as nosas actitudes. Neste segundo domingo, a frase que escollemos é: “Non xulgará conforme ás aparencias, senón conforme á xustiza”.mos alegres á casa do Señor”.

 

PÓRTICO
Coa celebración deste segundo domingo de Advento, damos un paso máis nesta tarefa de ir deixando atrás todas esas cousas que nin nos fan ben nin nos axudan a sentir o gozo de acoller ao Deus que quere nacer no corazón de cada un/unha de nós. Tamén hoxe se nos vai invitar a abrir o candado do corazón para que deixemos que entre nel, de novo e sen cansar, a Palabra dun Deus que insiste unha e outra vez no feito de que para El somos importantes, que nos quere, que terma e se preocupa de nós. E iso só o poderemos entender se estamos dispostos a deixar atrás cousas que non axudan a que sexamos felices, mellores persoas e verdadeiros seguidores de Xesús.

Hoxe seremos invitados a participar na colecta abrindo o corazón ás situacións de dor e inxustiza dos países máis pobres. Concretamente, á nosa axuda queremos poñerlle rostro e lugar: as persoas que están sufrindo as consecuencias do tifón en Filipinas. Pero de nada nos valería colaborar con moito se logo na nosa vida seguimos facendo e comportándonos do mesmo xeito, sen cambiar as cousas que nin nos fan mellores nin felices.

Participemos entón con espírito aberto a deixarnos transformar pola Palabra que Deus nos dirixe neste domingo de Advento.

PERDÓN
û  Por non deixar que a túa palabra entre e transforme o noso corazón, SEÑOR, ENCHÓUPANOS DO TEU AMOR.

û  Por non permitir que os irmáns atopen en nós oídos que os escoiten e corazóns que os acollan, CRISTO, ENCHÓUPANOS DO TEU AMOR.

û  Por non ser capaces de entender que só se renovamos as nosas actitudes poderemos vivir o Advento como tempo de cambio e liberación, SEÑOR, ENCHÓUPANOS DO TEU AMOR. 

REMUÍÑO
  • Porque, desde os ollos de Deus, imposible non é nada: as aparencias enganan, e moito. Se a vaca e máis o lobo poden pacer xuntos, cómo non imos poder entendernos?. Cómo dicimos que non somos capaces de superar as nosas diferenzas?. Cómo nos deixamos levar tan facilmente polo derrotismo que nos converte en tristes seguidores daquel que nos veu traer esperanza, alento, forza, enerxía e sentido para a vida?, Tomar en serio a vivencia da fe, ten que levarnos a saber distinguir a casca do núcleo, o accesorio do importante. A fe é confianza en Deus cando é auténtica e sincera, cando cambia vidas, cando rebrandece corazóns e transforma actitudes. A historia non fai máis ca recordárnolo. Por que somos tan duros de cabeza e corazón para non velo?
  • Sentir a forza de Deus en nós. El é pacencia e consolo. E quen é capaz non só de vivir, senón de ofrecer estas dúas actitudes, non pode máis que querernos e preocuparse por nós. A falta de paciencia lévanos a que nos enfrontemos, a que digamos cousas dos demais que sabemos que nin son verdade nin lles fan ben. Alguén que só sabe esixir, e nunca consolar, non é capaz de entender o que é acompañar, escoitar, preocuparse do que lle pasa a quen está o teu lado e se sente triste e desacougado. Quen non é capaz de sentir con el/la a súa forza, non pode entender por que Advento é tempo de abrir candados e liberar amarguras que entristecen para construír cercanías que escoitan e acompañan. Só desde esta acollida da súa palabra en nós, podemos ir dando pequenos pasos para ser a voz dos sen voz, a man de quen non se deixa dominar polo trato inxusto e o corazón para non permitir nunca que as persoas sexan asoballadas por quen manda ou se cre superior aos demais. Deus libera a través do noso compromiso pola liberación persoal e colectiva.
  • Convertédevos e acollede. As palabras de Xoán invítannos a esta transformación e cambio ao que o Advento nos chama. Se non somos capaces de deixar atrás todo canto sabemos que non nos axuda nesta conversión e neste cambio, volveremos caer na rutina e no baleiro dunhas vidas e dunhas celebracións que nin nos enchen persoal e espiritualmente, nin nos motivan a espertar do soño que nos fai aburridos, cansiños e persoas tristes. Preparemos entón este camiño que nos leva a acoller a Deus, quen insiste unha e outra vez en quedar con nós, Endereitemos todos eses vieiros que nos fan ir co pé cambiado en tantas situacións e momentos da nosa vida; fagamos do Advento un tempo de conversión e cambio. En ninguén máis que nas nosas mans está o poder facelo. Desde María, no día da festa da Inmaculada, temos tamén un camiño aberto que nos vai mostrando que as cousas nin foron sempre así nin tampouco son inamovibles, e que a creatividade para vivir, celebrar e compartir a fe é unha actitude que ha estar sempre presente na nosa vida para superar o derrotismo e camiñar na esperanza.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Compartamos xun@s a oración como pobo de Deus que se reúne no nome do Señor que vén. Facémolo dicindo: 

QUE NON DEIXEMOS, SEÑOR, PECHADO O CANDADO DO CORAZÓN

*    Para que toda a Igrexa viva este tempo de Advento como un momento de renovación que abra as pechaduras enferruxadas do egoísmo, da envexa, da preguiza e da rutina, OREMOS.

QUE NON DEIXEMOS, SEÑOR, PECHADO O CANDADO DO CORAZÓN 

*    Para que nas nosas comunidades saibamos construír un clima de acollida, agradecemento e solidariedade preocupada de uns para cos outros, OREMOS.

QUE NON DEIXEMOS, SEÑOR, PECHADO O CANDADO DO CORAZÓN

*    Para que cada un de nós aproveitemos este tempo de Advento como un tempo de revisión, renovación e cambio naquelas cousas da nosa vida que sabemos que non van ben e que non facemos nada para cambiar, OREMOS.

QUE NON DEIXEMOS, SEÑOR, PECHADO O CANDADO DO CORAZÓN

Grazas, Señor, por seguir invitándonos a abrir os candados do corazón para que entre a frescura da túa palabra. P.X.N.S. Amén.


Para a reflexión

María:

O teu nome significa bendición e vitoria. Salve, María.

O teu nome é graza en plenitude. Chea de graza.

O teu nome é aurora na nosa noite. Bendita ti.

O teu nome é ledicia e canción. Que fermoso o froito que nos deches!

O teu nome é oración esperanzada. Deus sempre contigo.

O teu nome, proxecto de Deus anticipado. María grazas, esperanza nosa.

Amén.

                       (Tomado do Libro de Caritas, Adviento y Navidad. 2013- 2014. 54)

 

CANTOS
·         ENTRADA: Volve, Señor

·         LECTURAS: Preparade o camiño ao Señor

·         OFERTORIO: Eiquí están Señor

·         COMUÑÓN: Esa é María

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...