Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

4 Domingo TO B

O PODER DA PALABRA Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA A palabra é unha arma poderosa que podemos usar de xeito negativo ou positivo. Convéncenos unha persoa que sabe argumentar as súas ideas e causas, pónsenos a pel de galiña cando escoitamos a alguén recitar un poema con sentimento, acoden as bágoas aos nosos ollos cando alguén a quen queremos nos fire coas súas palabras, sorrimos e mesmo se nos soben as cores cando alguén nos dirixe unhas palabras de amor ou gaba algo de nós.... Pois ben, a Palabra é tamén a que nos convoca nesta mañá de domingo. Unha Palabra con autoridade, que non con autoritarismo, que sae ao noso encontro para ser caxato na nosa vida. Escoitaremos a súa voz ou endureceremos o noso corazón?. CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque as nosas teimas impídennos moitas veces escoitar a túa voz, que nos fala de esperanza e gozo, SEÑOR, QUE NON ENDUREZAMOS O NOSO CORAZÓN . Porque facemos oídos xordos á túa voz, que nos fala de sinxeleza, unión, diálogo, xustiza, ...

3 Domingo TO B

HOXE PODE SER UN DÍA GRANDE Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA É triste, pero cada día coñecemos a moita xente que nace, crece, traballa, reprodúcese (ou non), xubílase e morre. Así, sen máis. Endexamais se preguntaron quen son, como son, que fan, por que o fan, para que viven, cara onde camiñan…. ou cara onde quixeran camiñar. Porque ser protagonistas da nosa propia historia, vivir a tope a vida, chegar a ser persoa… non é algo que se nos dea feito, que se consegue con ir sumando anos ou que se atopa sen buscar seriamente. Descubrir o sentido profundo da vida, ser nós mesmos, é tarefa persoal e intransferible. A tarefa máis urxente e primeira de toda a vida. Porque Deus chámanos a ser nós mesmos, a vivir unha existencia humana e humanizadora, libre e liberadora… e ensinounos o camiño: o servizo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a decatarnos de que hoxe é un bo día para descubrilo. CORAZÓN MISERICORDIOSO ·         ...

Epifania 2015

E A LUZ ENCHEU O MUNDO DE VIDA E MAIS DE PAZ Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Chegou a luz por medio dunha estrela, e a nosa vida viuse iluminada, chea de gozo, aberta á esperanza. A festa dos Reis quere ser un metáfora dunha fe que chega e se ofrece a tod@s; unha fe que non exclúe, senón que une e achega; unha fe que se mostra a tod@s e que só nos pide agrandar o corazón para facerlle oco, e poder así quedar para sempre con e entre nós. E iso só o pode ofrecer un Deus que é para tod@s –UNIVERSAL– desde a tolerancia, a paz e a xustiza. Abrámonos a compartir esta fe nesta nosa oración comunitaria que agora comezamos. CORAZÓN MISERICORDIOSO ·          Polas veces nas que cansamos de entender que a túa mensaxe é universal, para tod@s, e non só para os nosos, SEÑOR, QUE NON PRACTIQUEMOS A DISCRIMINACIÓN . ·          Polas veces nas que reducimos a fe a memorizar oracións sen poñer a vida e as ilusi...

2 Nadal 2015 B

UNHA SABEDORÍA IMPREGNADA DE HUMANISMO Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA                 Non é doado facer entender que o Evanxeo é ledicia, e que a vida dun cristián ten que estar impregnada desa ledicia. E non é doado porque tod@s estamos demasiado impregnados non da humanidade que nos ofrece a sabedoría de Deus, senón da mundanidade que nos ofrecen os homes; e prestámoslle pouca atención á sabedoría que vén de Deus. As lecturas e interpretacións que facemos das situacións e acontecementos do día a día están cheas dos tópicos que escoitamos na televisión, na radio ou lemos nos xornais. Poucas veces son froito dun tempo repousado no que deixamos que a Boa Nova de Xesús resoe nos nosos oídos e enchoupe o noso corazón. E todo isto o que fai é que acabemos dicindo cousas co mesmo derrotismo co que o fan as páxinas de sucesos dos xornais ou os moitos minutos consumidos por espazos de televisión onde so se fala...