Ir al contenido principal

2 Domingo TO C 2019


No mundo intercomunicado e sen beiras, é fundamental coñecer cales son os camiños que nos leven a atoparnos na pluralidade enriquecedora de quen acolle e non rexeita nin exclúe
Cantos
            Entrada.- Como che cantarei, meu Deus ?  ( 28 )
            Lecturas.- Cantade as marabillas do Señor  (  )
            Ofertorio.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova  (  )
            Comuñón.- Ide e pregoade  ( 55 )
Mirando as beiras
            Poñendo a vista no que acontece ao noso redor descubrimos que falamos moito, todos e todas, pero despois non temos eses mesmos azos para poñer en practica canto temos dito. Parafraseando a Xesús podemos dicir que as palabras son moitas, pero as gañas de poñelas en practica, escasean ou desaparecen. A loitar contra esta tentación preguiceira é ao que nos chama a celebración de hoxe, para que na pluralidade social e eclesial na que estamos non quedemos en propostas extremas e baleiras; imposibles de desenvolver e capaces de esquecerse das persoas.
Todas e todos temos cousas que aportar, e cousas nas que ser corrixid@s. Fagamos un esforzo de coherencia e deixemos que nos corrixan e aprendamos tamén nós a corrixir con respecto e cariño; traballemos para superar a tentación de excluír neste camiño no que a pluralidade ha ser tarefa desde a que unir e non camiño do que apartarse.
Corazón misericordioso

·      Porque nos falta sinxeleza para deixarnos corrixir e nos sobra soberbia para crenos os mellores.  Señor, que non desprecemos a ninguén.

·      Porque  deixámonos levar de xuízos parciais que engrandecemos, e non acollemos pequenas verdades que nos achegan. Cristo, que non desprecemos a ninguén.

·      Porque nos falta valentía para recoñecer o ben que fan os outros, e nos sobra capacidade crítica para só ver o negativo dos demais.  Señor, que non desprecemos a ninguén.


Palabra encarnada
·      Ao longo desta semana – estamos na semana da Unidade dos cristiáns- ténsenos invitado a descubrir que a fe vaise descubrindo desde a multiplicidade de vivencias e experiencias de Deus. Que o importante non está no credo no que se vive, senón na maneira de vivir ese credo. Uns e outros, porque as sementes  de Deus foron sementadas para tod@s, estamos chamados a descubrir a súa presenza na nosa capacidade de non escapar dos problemas senón de abordalos e tentar buscarlles solución. E iso non o podemos facer como se fósemos únicos e sempre estiveramos na verdade e na razón. Necesitamos dos demais, necesitámonos mutuamente uns aos outros. Falar de Deus e de fe, necesariamente supón afirmar que buscamos o mellor para  as persoas . Un mellor que da sentido ao que facemos; que nos axuda a camiñar esforzándonos por ser felices; que nos descubre que esta felicidade só poder chegar se somos capaces de mirar e preocuparnos das persoas e non de torcerlle a cara e escapar delas e seguir ao noso; se... porque a salvación e a esperanza que nos ofrece Deus, en todas e cada unha das formas nas que é acollido e celebrado por nós, as persoas, pasa necesariamente por comezar a buscala e poñela en practica no aquí da nosa vida.Na casa, no barrio, na parroquia, nas nosas relacións de uns cos outros, no traballo, na achega aos enfermos, no acompañamento dos maiores, na preocupación por quen está só, na loita contra calquera tipo de engano e inxustiza... en todo o que faga posible visibilizar que Deus é amor, e desde o amor fai todo. Porque El todo o fai , non o esquezamos endexamais, por amor. Invitándonos a seguir as súas pegadas.

·      A esta tarefa permanente e diante da que deberiamos baixa-la garda invítanos desde as palabras de Paulo na carta aos Corintios. El dinos que na pluralidade tod@s podemos aportar, que sempre hai algo, moito ou pouco, non ten porque ser igual en tod@s, que podemos ofrecer para que desde a participación nos sintamos enriquecid@s colectivamente. Francisco tamén non cansa de afirmalo constantemente ao repetir que o todo é superior á parte; e a realidade é máis importante que a idea. Non fagamos da fe endoutrimamento nin ideoloxía senón vivencia que se concreta nun actuar no que imos poñendo as nosas calidades, os nosos carismas  ao servizo desa totalidade que conformamos e na que nos necesitamos sen facer distincións de xénero nin clase.

·      E con Xesús celebrámolo desde a ledicia dunha voda. As vodas son a mellor expresión do que é a unión. Nelas celebramos que un proxecto de dúas persoas quere camiñar para construírse de xeito unido. Termando unha persoa da outra, aprendendo a perdoarse, poñendo en practica a escoita como elemento que configura e relación, trazando plans de presente que se prolongan no tempo futuro... a voda non é a comida, senón a vida en común que se quere bendicida pola presenza do Deus que nos chama a construír o poliedro eclesial non no externo da aparencia senón  na riqueza interior que une e leva a aledar os corazóns. En Caná non están só aqueles moz@s e os seus invitados, tamén estamos nós para facer da alegría colaboración participativa e plural dunha alegría que se desenvolve no tempo, plenificándose no final, sen esgotarse no efémero do momento.

Pés no chan e confianza en Deus
            Con sinceridade e confianza poñamos na man de Deus a nosa oración comunitaria e digamos: que construamos as nosas relacións desde o respecto e a pluralidade.
·               Para que fagamos da Igrexa unha comunidade plural e respectuosa con tod@s cantos a conformamos, valorando o que une e corrixindo o que nos afasta. Oremos. Que construamos as nosas relacións desde o respecto e a pluralidade.
·               Para que nas nosas parroquias rompamos a tentación do ritualismo e traballemos para que sexan comunidades onde nos encontremos e participemos.Oremos. Que construamos as nosas relacións desde o respecto e a pluralidade.
·               Para que nós, coma nas vodas de Caná, nos esforcemos para ir dando cada día o mellor de nós. Buscando canto nos fai felices e axuda a que outr@s tamén o sexan. Oremos. Que construamos as nosas relacións desde o respecto e a pluralidade.
Na túa mediación, Señor, poñemos a nosa oración comunitaria. Que desde ela atopemos azos ara seguir crecendo e madurando cada día na busca do ben. P.X.n.Señor. amén.

Latexando tenrura no corazón o corazón
Cremos  no Deus comunidade interdependente: Pai materno, Fillo e Espírito. Principio da diversidade biolóxica e humana. Luz das luces, fonte das fontes. Proclamado e reverenciado de varias formas e con tantos nomes en múltiples tradicións relixiosas.
Cremos no Deus da vida, diverso e un, que nos chama a promover a vida, porque o planeta terra é a nosa casa común. Compartimos unha mesma morada, edificada polo solo, o aire, a auga e a enerxía. A nosa fe no Deus comunidade lévanos a asumir o proxecto de sociedade baseado non na competición e o éxito individual, senón na promoción de relacións de cooperación e a incentivar o protagonismo de tod@s sen exclusións: mulleres e homes; nenas e nenos, mozas e mozos... , persoas todas e sempre.
                           ( A partires dunha idea recollida en:  www.amerindiaenlared.org)

-->

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...