Ir al contenido principal

Epifania 2019

Apostando por unha proposta que supera o relativismo minifundista: EPIFANÍA. Con tod@s e para tod@s

Cantos

Panxoliñas

Abrindo os ollos e mirando aos lados

O ciclo do Nadal achéganos hoxe a perspectiva dunha fe universal e superadora de fronteiras. E nun mundo onde sobran palabras e faltan feitos, esta festa de hoxe debería levarnos a reflexionar sobre cal é a nosa actitude respecto a esta universalidade que nos trae o nacemento de Xesús. El insiste en que non somos nin europeos nin africanos nin …, senón persoas e irmáns. Iguais en dignidade e plurais en vivencias, comportamentos ou linguas. Como fixeron aqueles magos, prostrémonos tamén ante o Deus que rompe fronteiras para irmandar persoas!

Corazón misericordioso

  • Grazas, facernos ver que as fronteiras separan e dispersan. Señor, que nos afastemos de canto nos enfronta.
  • Grazas, por facernos sentir a irmandade que nos iguala como persoas e irmáns. Cristo, que nos afastemos de canto nos enfronta.
  • Grazas, por facernos visibles e preocupad@s por que temos ao lado. Señor, que nos afastemos de canto nos enfronta.

Palabra encarnada

Reis e Epifanía, dúas palabras para unha mesma celebración: acoller a Deus con alegría e sen poñer separación. Pero que difícil é!, como nos custa vivilo! Pero aquí está a consecuencia de afirmar que queremos seguir o vieiro que nos viu traer a Encarnación. Deus encárnase facéndose un dos nos@s única e exclusivamente para ofrecernos o seu proxecto de amor e salvación sen exclusións para tod@s. Polo que a fe non é costume nin tradición; tampouco se herda, senón que se vive e actualiza cada hora coas nosas actitudes e comportamentos, cos nosos momentos do compartir comunitario, coa nosa oración confiada e desde a vida. Deus ofrécesenos, de nós depende acollelo ou non.
Os magos entendérono perfectamente, por iso se puxeron en camiño buscándoo.E tanta foi a súa insistencia que conseguiron atopalo, e diante Del, e con sinxeleza recoñeceron a forza da súa mensaxe e a transformación das súas vidas. No ouro, incenso e mirra fanse presentes as vidas de todos e todas, por riba de continentes, linguas ou estilos de vida. Eles foron capaces de superar fronteiras, de poñerse en camiño, de non deixarse vencer polo “ statu quo” clasista daquel tempo e tamén deste noso tempo. Simplemente buscaron, atoparon e recoñecérono. E neste recoñecemento sentíronse enfortecidos para seguir estendendo a proposta, sinxela, pobre e universal do Deus que quixo/quere compartir as ledicias e tristuras dos homes e mulleres do noso tempo e de tódolos tempos. Traballemos tamén nós por continuar con esta acollida e transmitila aos que veñen tras nós.
E fagámolo coa alegría e sinxeleza do corazón coa que os nen@s descobren os agasallos que , froito do esforzo e traballo, nada é froito da casualidade, alguén lles deixou pensando neles. Deixémonos contaminar pola inocencia de que segue crendo que é posible un mundo de gratuidade, agasallo e tenrura; un mundo que encha os corazóns e nos afaste do desencanto de quen está de volta de todo e é incapaz de poñer esperanza e compromiso na súa vida. Se Deus, viu, se María o acolleu e os magos o recoñeceron. Por que nós non imos seguir facendo o mesmo uns cos outr@s? Acheguémonos, acollámonos e recoñezámonos iguais e necesitados uns dos outros/as.

Pés no chan e confianza en Deus

Na ilusión de este día no que a luz de Deus e fai universal, digamos xunt@s :
Que saibamos recoñecerte presente nas persoas
  • Para que entre tod@s construamos unha Igrexa de persoas e polas persoas. Oremos.
Que saibamos recoñecerte presente nas persoas.
  • Para deixemos que nas nosas comunidades sexamos tamén nós persoas que sabemos achegarnos e ofrecer o mellor dos noso presentes: a alegría e a gratuidade. Oremos.
Que saibamos recoñecerte presente nas persoas.
  • Para que non deixemos que creza en nós a indiferenza que fai invisibles as persoas que están solas ou pasan por momentos tristes e duros nas súas vidas. Oremos. 
Que saibamos recoñecerte presente nas persoas.
Alenta, Señor, o noso esforzo par non facer da fe recuncho que exclúe e non acolle. Por Xesucristo, o noso Señor.

Aquecendo o corazón

Señor, como os magos tamén nós queremos achegar os nosos presentes. Non presentamos nin ouro nin incesnso nin mirra, senón a sinceridade de converter en vida real e concreta a túa mensaxe.
Traemos ante o portal a loita pola solidariedade nun mundo egoísta e pechado; o traballo constante pola igualdade entre as persoas sen distinción de xénero, raza, lingua, cultura ou formación; e non queremos deixar de traer tamén ao portal o esforzo que queremos poñer tamén cada día para que ao noso redor non haxa persoas invisibles, esquecidas e utilizadas polos poderos@s para os seus fins.
Que saibamos ser voz de quen non ten voz e ollos de quen non pode mirar a vida desde a liberdade á que nos chamas e invitas a construír as nosas vidas.
Grazas, Señor, por acollernos, tamén hoxe, ante o teu portal!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...