Ir al contenido principal

Bautismo do Señor 2019



Festa do Bautismo do Señor


Sinxeleza e frescura: fagamos que a auga do Señor nolas traia para aquecer o corazón

Cantos
Entrada.- Que ledos      ( 4 )
Lecturas.- A Auga do Señor (  )
Ofertorio.- Velaqui ( )
Comuñón. - non vou só ( 60)

Abrindo os ollos e mirando aos lados

O punto e final do tempo de Nadal é a festa do bautismo do Señor. De novo Xoán e Xesús volven xuntarse para mostrarnos que todo camiño ten comezo e continuidade, e que nada é nin inamovible nin tampouco tan relativo que non deixe pouso algún. As persoas, porque temos identidade e raíces, sabemos de onde vimos e onde están as nosas orixes. Disto vai a celebración de hoxe; pois do mesmo que en Xesús o bautismo foi o comezo da súa vida pública, é para nós comezo da nosa incorporación a comunidade cristiá que entre tod@s conformamos; e onde nos sentimos acollid@s para non aterecer ante a friaxe do nihilismo relativista e líquido que todo o esvaece.
Que a oración que imos compartir renove as nosas conviccións e alente o noso testemuño comprometido por un mundo desde e coas persoas.
Corazón misericordioso

·       Por deixar que aniñe en nós unha vivencia dos sacramentos puramente ritual. Señor, que os ritos non afoguen a riqueza da comuñón eclesial.

·  Por ter a Deus como recurso e non como alicerce da nosa vida. Cristo, que os ritos non afoguen a riqueza da comuñón eclesial .

·         Por caer moitas veces na tentación de reducir a nosa vida a costumes e tradicións. Señor, que os ritos non afoguen a riqueza da comuñón eclesial .

Palabra encarnada
 
·        A festa da bautismo de Xesús pode ser un bo momento no que, á luz da Palabra que vimos de escoitar, confrontemos a nosa vida. Preguntémonos se de verdade quen nos ve cando actuamos, cando falamos ou no noso xeito de afrontar as dificultades, descobre que paga a pena  ser cristián. Preguntémonos tamén, polo contrario, se quen nos ve sente arrepío polo noso xeito de actuar, falar ou tratar  ás persoas. Porque, se sempre foi importante ter claras as razóns que nos levan a crer, hoxe esta claridade agudízase. Pois en tempos de tantas mensaxes distorsionadas, de medias verdades, de mentiras para gañar adhesións e seareiros, é fundamental que prestemos atención ao que se nos di, para descubrir de que xeito o que escoitamos está, ou non, en consonancia co evanxeo, co xeito de actuar de Xesús, coa maneira de vivir, ilusionada e disposta a afrontar retos e superar dificultades, coa que se comportaron aqueles cristiáns de primeira hora. Preguntémonos logo, se a nosa vida se vai construíndo desde a coherencia, a honestidade e a busca da verdade; ou se pola contra, camiñamos na mediocridade de quen cumpre ritos, pero é incapaz  de aquecer o corazón para poñer a mirada nas persoas e o compromiso na defensa da súa dignidade. Por riba de costumes, tradicións, medos ou presións. Son hoxe moitos os focos onde temos que poñer a nosa mirada para facer "lío", como nos di Francisco, e converter o evanxeo en lévedo que fermenta en coherencia e defensa doas persoas sobre calquera outros intereses. A isto, e non a ningunha outra cousas é ao que nos chama o bautismo, e é tamén o que se nos quere lembrar na celebración de hoxe.

·        Por iso o Deus no que cremos, ou dicimos facelo, tal e como dicía Pedro, non fai distincións nin separa aos que pensan coma nós dos que non; aos que naceron aquí dos que veñen de fóra; aos que teñen unha condición sexual e aos que teñen outra.En fin, a consecuencia de ter sido bautizados é que debemos esforzarnos por ter un actuar non excluínte e un compromiso contra todo tipo de discriminación ou rexeitamento. Que forza e que actualidade, poñede- poñamos oído a moitas das cousas que escoitamos  por tantos lados, teñen as palabras de Pedro que escoitabamos na lectura dos Feitos dos apóstolos! Se El , o Deus capaz de poñe-la súa vida ao servizo do amor e a defensa dos débiles, non as fai, por que nos, mesmo pretendendo dar/buscar razóns e pensando que estamos na verdade!, si ?

·        No Evanxeo, Xoán non se deixa ensoberbiar, senón que, porque sabe quen é e cal é a súa misión, nin engana nin confunde nin distorsiona a realidade, simplemente remite/envía : ide onda Xesús, nel si que atoparedes o que buscamos e necesitamos. Seriamos nós capaces de actuar tamén hoxe así? Ou pódenos o recoñecemento e a exposición pública do que facemos e do bos que dicimos ser ? Tamén caemos na tentación de pensar e quedar só no efémero?

Pés no chan e confianza en Deus
Convencid@s que Deus faise presente na comunidade que celebra e comparte, vida e fe, con alegría, dicímosche: que o noso corazón non caia na amargura.
        Para que traballemos por ser unha Igrexa que testemuña levando a paz, a xustiza e a liberdade no seu actuar e na súa palabra. Oremos. Que o noso corazón non caia na amargura.
        Para que rompamos cos xestos baleiros e sen contido, e construamos comunidades sen medo aos cambios, á creatividade e á participación. Oremos. Que o noso corazón non caia na amargura.
        Para que deixemos que a forza do bautismo nos leve a comprometernos con un actuar cheo de defensa dos máis débiles e esquecid@s do noso mundo. De xeito que o noso actuar sexa verdadeiramente relevante e sincero. Oremos. Que o noso corazón non caia na amargura.
Señor, non deixes que o noso corazón se endureza e perda a frescura dunha fe que nos chama a transformarnos en persoas xustas, solidarias e capaces de non calar ante o trato degradante para coas persoas. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Latexando tenrura no corazón  
Para tódalas relixións a auga é un sinal verdadeiramente suxestivo. Para nós os cristiáns é o elemento que mostra a forza do Deus que nos acolle no comezo da nosa iniciación cristiá.  
Desde os primeiros tempos, os cristiáns adultos eran bautizados nunha especie de pía chea de auga que contaba con dúas escaleiras: por unha baixábase e pola outra subíase. A imaxe de baixar ás augas representaba o momento da purificación dos pecados e estaba asociada á morte de Cristo. A saída da pía, subindo polo lado contrario, representaba o renacer á nova vida, como saíndo do ventre materno, e era asociado á resurrección. No medio da pía facíase a profesión de fe pública. Toda esta simboloxía pon de manifesto que a auga do bautismo non é algo máxico, como as veces pensamos, que protexe ou transforma por ela mesma, senón a expresión deste dobre compromiso: o de cambiar de vida morrendo ao pecado e o de renovar a escala dos valores nos que queremos vivir deixándoos iluminar por Cristo, para resucitar con El. Por iso son símbolos de encontro con Deus desde a sinxeleza da nosa vida, para ser comprendidos e vividos pola comunidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...