Ir al contenido principal

3 domingo TO C 2019

Superemos a tentación da apatía esforzándonos por non prexulgar nin caer na nostalxia que non suma, senón que resta
Cantos
Entrada.- Camiñando pola vida   ( 9 )
Lecturas.- As túas palabras, Señor, son Espírito e vida ( 113 )
Ofertorio.- Eiqui están, Señor  ( 32  )
    Comuñón.- Déixate querer  ( 61  )
Ollos para ver
A Igrexa, inda que  ao falar dela non o pareza, somos todas e todos os que queremos ir dando pasos desde o estilo de vida que nos  foi mostrando Xesús. Non é entón unha institución pechada e na que mandan papa, bispos e curas. A Igrexa é fundamentalmente comunidade que está permanentemente en camiño. Non é o aparato de dominio que teñen ao seu dispor os que a dirixen, inda que durante moito tempo actuou dese xeito, o que non quere dicir que debía ser así. E porque é comunidade  e non institución de normas e ritos, o que a move é a capacidade de estimular a participación e o compromiso, persoal e social, de cantos a conformamos a actuar de xeito comprometido para facer posible que onde haxa loita se acade a paz; que onde haxa enfrontamento xurda o diálogo; que onde haxa imposición e autoritarismo xermole a participación e a capacidade de escoita. Utilizando, de novo as palabras de Francisco, a Igrexa é un  poliedro que entre tod@s conformamos e desde onde cada quen pon ao servizo do ben común as súas capacidades e o seu bo facer, como nos dirá Paulo na carta aos Corintios.
Non deixemos entón que ninguén nos quite/roube o protagonismo nin a participación que temos adquirido o día do noso bautismo; participemos na construción dunha Igrexa máis evanxélica e dun mundo máis xusto e igualitario.
Misericordia para acoller
  • Por non tomar o noso ser Igrexa como un compromiso de participación  e colaboración nas súas decisións. Señor, que loitemos contra a desgana.
  • Porque moitas veces as opinións e accións favorecen a desigualdade e a exclusión. Cristo, que loitemos contra a desgana.
  • Para que non deixemos que outros tomen falen por nós e nos secuestren a nosa capacidade de decisións. Señor, que loitemos contra a desgana.
Palabra para encarnar
  • Como lle ocorría a Esdras, tamén nós temos que facer o esforzo de entender e aplicar a Palabra de Deus que lemos nos textos das nosas celebracións, porque sen esa comprensión, acaba converténdose en palabra baleira e afastada da vida. E xa foi moito o tempo na que a Palabra estivo secuestrada polos que presidían as celebracións e tomaban as decisións na Igrexa. Un secuestro que foi afastando aos membros das comunidades do estilo de Xesús e das razóns que a El o movían. Así foise impondo  unha vivencia da fe reducionista e empobrecedora, ata caer nun puro e simple cumprir ritos e costumes, pero totalmente afastados da vida de cada día; das preocupacións e das ledicias. E se a Palabra non é a que anima as nosas decisións e o noso xeito de actuar, a fe empobrécese e cae nun simple espectáculo que se contempla como se fose algo alleo a nós; un espectáculo externo e incapaz de ofrecernos razóns para o compromiso e a transformación de canto non faga á persoa centro das decisións . E isto non poden, non deben, ser palabras lanzadas ao vento para que ninguén as escoite nin as viva.

  • E así o entendía Paulo ao dirixirse aos Corintios coa comparación da comunidade cristiá – a Igrexa – co corpo. E se sendo o corpo plural e conformado por  moitas partes, e todas elas importantes e con unha función concreta. Non podemos logo deixar que a Igrexa non sexa ese corpo plural e participativo, onde se nos convoca, consulta e entre tod@s estamos chamad@s a tomar decisións. Pero tamén onde reivindicamos o noso lugar e loitamos para que, unha vez acadado, facer da participación eixo do noso actuar. Porque moitas veces pídese que a Igrexa cambie, se renove,  camiñe cos tempos... pero despois cando se nos solicita a nosa  colaboración, participación, compromiso... ou se nos ofrece formación, caemos no retrouso de  criticar os cambios e botar en falta o pasado. Un pasado que sabemos non volverá, e tampouco nos sirve, porque todo mudou, tamén as persoas e a súa/nosa maneira de ver e comprender o feito relixioso. Esforcémonos entón para que, como o corpo, tamén nós, cada un desde a súa responsabilidade participativa, por facer visible o proxecto de Xesús como Igrexa que ten moito que ofrecer ao mundo de hoxe desde o diálogo e a colaboración.

  • Deste xeito, tamén poderemos dicir nós, como dixo Xesús: hoxe címprese esta Escritura. Abandonemos o cómodo dunha fe adaptada  a consumo de celebracións, e fagamos dela alento para traballar pola xustiza e a igualdade entre as persoas; para non calar ante os abusos e as inxustizas que, cada día, sofren máis persoas; superemos a tentación de facer do noso silencio comodidade e xustificación do ben que estamos. E, coma Xesús, que o noso ir ao templo non sexa para desconectar dos problemas e  dificultades do mundo, senón para atopar unha comunidade coa que vivimos a experiencia dun Deus que nos fala desde as alegrías e tristuras das persoas; pero non só nos fala senón que tamén  esperta en nós a conciencia para traballar contra todo canto non deixa que a dignidade mova as decisións que se toman respecto  ás persoas que compartimos casa común, por riba de cores de pel, credos relixiosos ou posición social.
Oración para compartir
Porque Deus non é un Deus morto, senón un Deus de vida e para a vida, rezamos xunt@s e dicimos:
Señor, que non volvamos a cara ante a dor do irmán.
Para que superemos a tentación de ser unha Igrexa de elites que  da as costas aos máis emporbrecid@s e necesitad@s do noso mundo. Oremos
Señor, que non volvamos a cara ante a dor do irmán

Para que non desaproveitemos a ocasión de formarnos e coñecer máis e mellor o Evanxeo e a súa concreción coas nosas accións e as nosas actitudes. Oremos.
Señor, que non volvamos a cara ante a dor do irmán.
Para que non deixemos que o tedio, o aburrimento, a rutina,  os costumes... sexan os que rexan a nosa vida de crentes. Facéndonos esquecer que Xesús non cansou de dicir: “canto lle fixestes a un destes máis pequenos e empobrecidos, a min mo fixestes” .Oremos.
Señor, que non volvamos a cara ante a dor do irmán.
Señor, alenta o noso esforzo por non facer da fe  un tempo baleiro e sen enraizamento na vida e nas decisións que sobre ela tomamos. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Discernimento para madurar
A chamada do Señor —cabe dicir— non é tan evidente como todo aquilo que podemos oír, ver ou tocar na nosa experiencia cotiá. Deus ven de modo silencioso e discreto, sen impoñerse a nosa liberdade. Así pode ocorrer que a súa voz quede silenciada polas numerosas preocupacións e tensións que enchen  a nosa mente e o noso corazón. É necesario entón prepararse para escoitar con profundidade a súa Palabra e a vida, prestar atención aos detalles da nosa vida diaria, aprender a ler os acontecementos cos ollos da fe, e manterse abertos ás sorpresas do Espírito. Se permanecemos pechados en nós mesmos, nos nosos costumes e na apatía de quen desperdicia a súa vida no círculo restrinxido do propio eu, non poderemos descubrir a chamada especial e persoal que Deus pensou para nós, perderemos a oportunidade de soñar ao grande e de converternos en protagonistas da historia única e orixinal que Deus quere escribir con nós.
( Mensaxe do papa Francisco para a 55ª Xornada mundial da oración polas Vocacións)



Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...