CORESMA, TEMPO PARA FACER MUDANZA SINAL DE CORESMA Comezamos o tempo de Coresma. Un tempo forte que a liturxia católica volve ofrecernos para celebrar a Pascua co corazón e as actitudes dispostas a non deixarnos levar da rutina nin polo desacougo. Cada semana iremos colocando unha pedra por riba do altar que quere simbolizar que estamos dispostas e dispostos a deixar atrás o corazón de pedra para cambialo por un corazón de carne, quente e que latexe ao compás do Evanxeo. CANTO GOZOSO ENTRADA: Déixate querer (Nº 61) LECTURAS: Todos xuntos (Nº 56) OFERTORIO: Sede a sal, sede a luz COMUÑÓN: Ide e pregoade (nº 55) ESPERTANDO Á RÚAH O pasado mércores comezamos un camiño no que se nos invita a facer mudanzas, a cambiar aquilo que temos que cambiar, a mover de sitio aquilo que está desordenado ou fóra de lugar, ou simplemente a mellorar no que andamos frouxas e frouxos. Coresma é un tempo, é camiño no que nos atopamos con Xesús, que nos dá forzas neste camiño de conversión para sermos capaces...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra