Ir al contenido principal

Entradas

Domingo Ramos 2011

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS FÓRA DO TEMPLO CANTO DE ENTRADA: QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO PÓRTICO PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Is. 50, 4-7) CANTO: ESCOITA TI A PALABRA DE DEUS BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI DENTRO DO TEMPLO PERDÓN GLORIA ORACIÓN COLECTA LECTURA DA PAIXÓN REMUÍÑO CREDO ORACIÓN DA COMUNIDADE OFERTORIO: NA NOSA TERRA PAZ: QUE VEÑA A PAZ COMUÑÓN: TI ES CAMIÑO E VERDADE REFLEXIÓN BENDICIÓN   DOMINGO DE RAMOS A festa vai comezar, non perdamos tempo (Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos). CANTO : QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO: Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós. PÓRTICO Toda preparación é un proceso no que se vai de menos a máis. Ocorre nos diferentes ámbitos da vida nos que as persoas nos vemos inmersos. Por exemplo o noivado é un tempo de coñecemento de dúas persoas ao final do cal deciden compartir xu...

5 domingo coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE SIGNO SINXELO E EXPRESIVO Colocamos a derradeira póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos as frases escollidas polo noso equipo: 1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME 2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO! 3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE 4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO 5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------- PÓRTICO No final do camiño da coresma, podemos xa mirar cara atrás e tentar descubrir cales foron os fardos pesados que fomos capaces de ir deixando atrás nas catro semanas anteriores. Podemos preguntarnos se as pólas do noso carballo van medrando en harmonía cos nosos feitos, coas nosas actitudes e coas nosas palabras. Se fose así, que mellor que reunirnos de novo este domingo para agradecelo; pero se a realidade fose outra, no...

4 DOMINGO CORESMA 2011 A

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE SIGNO SINXELO E EXPRESIVO Colocamos a cuarta póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos as frases escollidas polo noso equipo: 1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME 2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO! 3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE 4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO 5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------- PÓRTICO No camiño da coresma atopamos hoxe co Evanxeo que nos invita a lavar ben os ollos e tirar de nós as lagañas que nos impiden ver con claridade e en profundidade o mundo no que estamos. Si, porque moitas veces os nosos ollos están ou pechados ou sucios, e deste xeito non podemos percibir como é o mundo do que formamos parte, correndo o perigo de deixar que outros fagan, digan ou actúen por nós; ou mesmo ser nós os que digamos c...

3 Coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE SIGNO SINXELO E EXPRESIVO Colocamos a terceira póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos as frases escollidas polo noso equipo: 1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME 2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO! 3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE 4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO 5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------- PÓRTICO É difícil asomarse á vida de cada día sen percibir como medra entre nós a sensación de desencanto. Imos tomando conciencia e mesmo sufrindo en propia carne unha crise económica cuxa solución parece cada vez máis complicada. Medra o medo social, a necesidade de defenderse, a impotencia.... Parece coma se estivésemos tocando fondo.... E diante desta situación, coma voitres atraídos polos restos, aparecen os profetas de calam...

2 Coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE SIGNO SINXELO E EXPRESIVO Colocamos unha segunda póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos que as frases que escolleu o noso equipo para os cinco domingos son as seguintes: 1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME 2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO! 3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE 4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO 5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ. PÓRTICO Tod@s corremos o risco de instalarnos na vida, buscando un refuxio cómodo que nos permita vivir tranquilos, sen sobresaltos nin preocupacións excesivas. Vivir relaxad@s nun ambiente feliz, deixándonos atrapar por un conformismo cómodo que nos permita seguir camiñando do xeito máis agradable. E·a vida de fe non é allea a isto. Hai un xeito de instalarse que pode ser falsamente reforzado con "tonos cristiáns". É a eterna tentación de Pedro que espreita sempre aos crentes: ...

1 Domingo coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE SIGNO SINXELO E EXPRESIVO Nunha cartolina debuxamos unha árbore sen pólas e con raíz. Ao longo dos domingos de coresma iremos engadindo as pólas, nas que escribiremos unha frase que dalgún xeito englobe o sentido dos textos que se van proclamar. Ao final do tempo de coresma teremos a árbore completa, que quererá significar que coresma é tempo de ir medrando e preparándonos para participar na pascua. As pólas vannos indicando canto nos falta para poder chegar ao final do camiño. A árbore completa é expresión da plenitude da resurrección de Xesús. As frases que escolleu o noso equipo para os cinco domingos son as seguintes: 1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME 2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO! 3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE 4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO 5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ. ---------------------------------------...

9 domingo TO 2011

Invitad@s a camiñar sabendo poñer os pés no camiño adecuado: amor e servizo Pórtico Basta con botar unha ollada superficial aos medios de comunicación para decatarnos de que estamos pasando por un momento de crise, non só económica, senón tamén de valores. Palabras como responsabilidade, honestidade, sinxeleza, compromiso ou sinceridade parece que quedaron obsoletas e que pertencen a un pasado que non queremos lembrar. Pero hoxe o Señor volve lembrarnos que temos que ter coidado á hora de edificar a nosa vida, que temos que construír sobre rocha firme, porque no caso contrario, cando veñan as dificultades, que virán, quedaremos ao pairo e non seremos quen de afrontalas serena e esperanzadamente. Que o Deus que nos convoca aquí nesta mañá de domingo nos dea sentidiño para edificar a nosa vida sobre o cimento firme do Evanxeo do amor e da xustiza. O PERDÓN Porque esquecemos que ter fe esíxenos manifestalo coas nosas obras, SEÑOR, ACOMPAÑA A NOSA CONSTANCIA. Porque nos cansamos demasiado ...