Ir al contenido principal

Entradas

3 domingo advento 2016

Nos moitos desastres do noso tempo, a Voz de quen trae a esperanza segue a clamar sen cansar SINAL DE ADVENTO Colocamos a terceira folla na nosa árbore. CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Volve, Señor (Nº 90) o    LECTURAS: As túa palabras, Señor (Nº 113) o    OFERTORIO: Xesús chamado amigo (Nº 89) o    COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESCOITA ACTIVA          O domingo da ledicia e do gozo, o domingo “gaudete” fainos lembrar que estamos na metade deste tempo de Advento. E a árbore seca que poñiamos ao pé do altar o primeiro domingo vai collendo cor, vai reverdecendo na medida na que a nosa vida deixa atrás o que a seca: non prestar atención aos que nos rodean, non ser capaces de darnos conta de que quen está enfermo agradece a nosa visita, que a solidariedade podemos mostrala a través das pequenas cousas ás que somos capaces de de renunciar para que outros poidan ter algo, de ...

Inmaculada 2016

A historia leva as pegadas dos excesos das culturas patriarcais, nas que a muller era considerada de segunda clase (AL 54) benaventurada ti, maría, nai e señora, porque grazas ao teu si, a súa misericordia chega a nós CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Camiñar sen Xesús, sen amor (Nº 68) o    LECTURAS: Noraboa María (Nº 74) o    OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118) o    COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69) ESCOITA ACTIVA           Queiramos ou non admitilo, o noso mundo aínda está lonxe da igualdade entre xéneros e da complementariedade. Os datos obxectivos amósannos que, máis alá de leis e boas intencións, a realidade segue a estar marcada polas diferenzas en todos os ámbitos sociais. Desde a fenda salarial (en España os homes cobran un 20% máis) ata o feminicidio (45 mulleres mortas en España neste ano) hai un longo regueiro de diferentes xeitos de desigualdade que nos empurran a ...

2 Advento A 2016

Esperar desde a alegría para acoller e deixarse acoller. Ven, Señor Xesús! Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO Colocamos a segunda folla na nosa árbore. CANTO GOZOSO ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: A túa palabra (Nº 25)  OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118)  COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA              Neste segundo domingo de Advento, ademais de poñer unha nova folla da árbore que queremos que exprese a necesidade de superar a seca á que nos levan o aburrimento, a falta de ilusión ou a desgana, queremos tamén abrirnos á forza da Palabra de Deus, que nos invita a non deixarnos levar do arrouto que xulga aos demais, nin da rutina que insensibiliza o noso corazón. Deixémonos levar da man de Deus, camiñemos e esforcémonos para que, deixando atrás o que sabemos que non facemos ben, vaiamos abrindo camiño que nos prepare a acoller ao Deus que quere v...

1 Domingo Advento A

Esperar desde a alegría para acoller e deixarse acoller. Ven, Señor Xesús! SINAL DE ADVENTO Nesta primeira semana engadimos unha folliña na árbore. CANTO GOZOSO ENTRADA: Preparade o camiño ao Señor LECTURAS: Moito me alegrei OFERTORIO: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA O reloxo que marca o tempo da nosa vida litúrxica volve poñerse en marcha de novo para comezar un novo ano. E que mellor comezo que dispor o corazón a ir deixando atrás todo canto o foi facendo secar: as envexas, os enfrontamentos,a preguiza, o aburrimento, a rutina, a falta de solidariedade, as palabras ferintes, as palabras ditas sen telas pensado, a pouca atención prestada a quen nos necesitaba... Todo canto nos foi apartando do marabilloso proxecto de Xesús queremos deixalo atrás para comezar hoxe un novo tempo de espera e renovación. Que coma a árbore seca que temos diante do altar, nos esforcemos para que volvan saír follas novas e verdes q...

Sinal de Advento 2016

SINAL DE ADVENTO O sinal que temos escollido para o advento é un debuxo dunha árbore seca á que cada semana lle iremos engadindo unha folla. Queremos representar así que o advento quere ser para cada un e cada unha de nós un tempo para medrar, para renovarnos desde a esperanza daquel que quere vir ao noso corazón. As follas que iremos engadindo serán diferentes (en cor e forma) para representar así ese poliedro do que tanto nos fala o papa Francisco (cfr. EG 236), un poliedro que recolle o mellor de cadaquén.