Ir al contenido principal

Entradas

2 Domingo TO B 2018

A SÚA VOZ NON TEN PROGRAMA PROPIO NIN NA TELEVISIÓN NIN NA RADIO, SENÓN A TRAVÉS DA MIRADA ANGUSTIADA DE QUEN NON TEN CASA OU TEN QUE ABANDONAR O SEU PAÍS PARA SALVAR A SÚA VIDA. TRABALLEMOS PARA FACER DA VIDA ACOMPAÑAMENTO NO CAMIÑO DO INVISIBLE AO VISIBLE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida (Nº 113) OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASO Somos invitad@s hoxe desde as palabras de Xesús a, como noutro tempo o foi Pedro, a ser pedras. Pedras de esquinal, pedras que asentan, pedras que non esmorecen nin caen cando as cousas van en senso contrario ao que pensabamos que deberían ir. Nunha palabra, Xesús invítanos a ser pedras construtoras do mundo como casa onde se acolle; casa na que as fronteiras non se pechan senón que están permanente abertas para ir e vir; pedras desde onde construír pontes que unen e achegan e non ...

Bautismo do Señor 2018

PERSOAS SINALADAS PARA SER NO MUNDO FONTES DE AUGA QUE RENOVA E LIMPA CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) o    LECTURAS: A auga do Señor (Nº 125) o    OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) o    COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) PARA NON PERDER O PASO Rematado o camiño do Nadal; camiño, que como fomos dicindo, nos leva do nacemento ao recoñecemento de Xesús na súa universalidade, pasando pola maternidade de María, comezamos hoxe unha nova xeira para que, coas pilas cargadas polo Misterio do Deus feito un de nós, tomemos conciencia de que o bautismo, e polo tanto, pedilo e ser acollidos na fe na que por el nos incorporamos á Igrexa, non é un desexo ou unha ilusión, ao modo das que facemos na noite de fin de ano, senón unha opción, que debera ser froito da reflexión e da coherencia de quen di: quero que o meu fillo/a sexa cristián. Non é un rito desconectado do que se vive e reza, senón unh...

Epifanía 2018

CAMIÑAR, CAMIÑAR, CAMIÑAR... COMA OS MAGOS, SIGAMOS A ESTRELA QUE NOS LEVA ONDA O NENO! CANTO GOZOSO Panxoliñas o    ENTRADA: o    LECTURAS: o    OFERTORIO: o    COMUÑÓN: o    BICADO DO NENO: PARA NON PERDER O PASO Nin eran tres, nin facían maxia, nin eran reis. Eran uns homes sabios, de alén das fronteiras xudías, que se puxeron en camiño para adorar ao Neno que viña de nacer. Hoxe xuntámonos para celebrar a festa da Epifanía, é dicir, a manifestación de Deus a todos os pobos, a todas as persoas. É unha festa que nos fala de universalidade e que vén botar abaixo a teima que tiñan os xudeus de que o Mesías que nacía ía salvalos só a eles. Velaí a intención de Mateu cando relata a adoración dos magos: transmitir que Deus nace para salvar a todas as persoas, que para El ninguén é estranxeiro. Por iso hoxe, neste día de ilusión, vimos diante do Señor, que é a estrela que guía a nosa vida. Oxalá...