Ir al contenido principal

Entradas

27 domingo TO B 2021

  Domingo 27 do Tempo ordinario DEUS PÚXONOS NO MUNDO PARA QUE FAGAMOS O NOSO CAMIÑO EN IGUALDADE CANTO GOZOSO ·       Entrada .: Andarei   ·       Lecturas : Ditosos os que temen ao Señor ·       Ofertorio .: Acharte presente  ·       Comuñón : Eu soñei  OLLOS ABERTOS Non poucas veces no nome de Deus se lle teñen imposto ás persoas cargas insufribles, dolorosas e inhumanas. Disto vai o evanxeo de hoxe. Diante da intolerancia dos que se quedaban no simple cumprimento das normas, Xesús fala das persoas isto, inda que pareza mentira, non acabamos de entendelo ben os seus seguidores. Nós seguimos falando de normas, imposicións e sometemento, facendo, non poucas das veces, sufrir ás persoas.  Poñámonos logo no camiño de Xesús, e deixemos de mirar o que as outras persoas fan, segundo os nosos estritos criterios, mal, e busquemos poñernos na cultura do encontro e do diálogo, que fai das persoas centro e ...

25 domingo TO B 2021

  O PODER, SEMPRE O PODER COMO FONTE DE CONFLITO   CANTO GOZOSO ·        ENTRADA: Amigos nas penas ·        LECTURAS: Benaventurados (Nº 119)  ·        OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) ·        COMUÑÓN: Quédate Señor (Nº 63)   OLLOS ABERTOS              De onde veñen esas guerras e liortas que se dan entre vós?. Non será das vosas cobizas, que loitan no voso interior?  Estas cuestións que escoitaremos hoxe na carta de Santiago que proclamamos na primeira lectura son toda unha invitación a parar e reflexionar sobre como estamos construíndo a nosa vida e cal é a nosa escala de valores. Porque certamente, como lles ocorría aos discípulos de Xesús, na meirande parte dos casos, os enfrontamentos, as discusións, os desencontros... que se dan entre nós non son máis que un exercicio de poder,...

24 domingo TO B 2021

NON SEMPRE HAI QUE FIARSE DOS DOUTRINALMENTE SEGUROS, ÁS VECES SON MORALMENTE INACEPTABLES CANTO GOZOSO · ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) · LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18) · OFERTORIO: O Señor é o meu pastor (Nº 27) · COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) OLLOS ABERTOS Moitas persoas, consciente ou inconscientemente, aspiran ao benestar e ao ben-vivir. O importante é vivir cada vez mellor, disfrutar de paz e seguridade, ter saúde, cartos, éxito... Quen posúe unha seguridade económica pode aspirar a conseguir o recoñecemento dos demais e a felicidade. Pero iso crea un xeito de vivir tan superficial que só queda sitio para un deus milagreiro e para unha relixión reducida ao ámbito individual e privado das persoas, converténdose así moitas veces nun refuxio para intolerantes e esquizofrénicos. Buscamos a Deus e somos relixios@s coma un elemento máis de seguridade persoal, sen decatarnos que a fe está chamada a cuestionar a nosa vida constantemente. Cómpre, pois...