Ir al contenido principal

Entradas

19 domingo TO B 2024

SE NON ES QUEN DE FALAR BEN, CALA. NON MURMURES     CANTOS Entrada.- Xurdirá ( 128 ) Lecturas.- A túa palabra (25 ) Ofertorio. Velaquí (37 ) Comuñón.- Pan do ceo, pan de vida ( 44 ) ABRÍNDONOS AO COMPARTIR Volve ser domingo. Volvemos reunirnos na casa común da comunidade: o templo. Deus convócanos, nós respondemos. Fagámolo seguindo as súas pegadas, unhas pegadas que hoxe se nos ofrecen como pan para camiñar afastándonos da murmuración, a envexa, o desprezo ou o rancor para coas demais persoas. Comecemos logo poñéndonos na súa man, e deixándonos alentar pola súa palabra. Palabra que quere ser alimento, que nos axude a avanzar, a pesares dos atrancos e dificultades que imos atopando no día a día da nosa vida. PRECISADOS DE MISERICORDIA Porque precisamos da túa misericordia. SEÑOR, ALIMENTA O NOSO CAMIÑO. Porque nos esquecemos de que somos persoas iguais e merecemos o mesmo respecto. CRISTO, ALIMENTA O NOSO CAMIÑO. Porque esquecemos mo...

18 domingo TO B 2024

  pan de dignidade e de liberdade que nos convida a abrirnos ao novo CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo (Nº 54) ESCOITA ACTIVA Eu son o Pan da Vida diranos Xesús no Evanxeo de hoxe. Pan de dignidade, Pan de liberdade, Pan de acollida, Pan de coidado, Pan de igualdade.... Si, porque unha vez máis convídasenos a compartir Palabra e Pan. Vinde todas as persoas que queirades atopar esperanza, tenrura, solidariedade, acollida, escoita... vinde porque vos quero... e invítovos tamén a vós a que vos queirades. Deus, no seu amor, dánolo todo e invítanos a facer o mesmo. E se sempre foi importante, hoxe necesita selo moito máis porque son tantas as persoas que ven como os seus proxectos se frustraron e as súas ilusións esmoreceron que temos que ser nós quen esteamos cos ollos moi abertos para facer visible cos nosos feitos a Aquel en quen sempre atoparemos a fartura...

17 Domingo BO B 2024 Persoas Maiores

“NA VELLEZ NON ME ABANDONES” (IV XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS AVOAS E MAIORES) CANTO GOZOSO ö   ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) ö   LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) ö   OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) ö   COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) MIRADA AGRADECIDA Celebramos hoxe  en toda a Igrexa a IV Xornada Mundial das Persoas Avoas e Maiores baixo o lema “ Na vellez non me abandones . E facémolo non só como un deber de gratitude e afecto, senón coma unha necesidade para poder construír unha sociedade máis humana e fraterna. Non se trata de celebrar un aniversario unha vez ao ano. Non. Trátase máis ben de traballar para que as persoas maiores se sintan sempre parte importante da nosa comunidade e da nosa historia.  Porque unha sociedade que prescinde das persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que invisibiliza ás persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que utiliza ás persoas maiores é unha soci...