ESQUEMA
FÓRA DO TEMPLO
SAÚDO
ESCOITA
ACTIVA
BENDICIÓN
DOS RAMOS
CANTO
PROCESIONAL: GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
DENTRO DO TEMPLO
CORAZÓN MISERICORDIOSO
GLORIA
ORACIÓN COLECTA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA
ðIs. 50, 4-7
ðCANTO: TODO
O MUNDO UNHA FAMILIA
ðMt. 21, 1-11
PALABRA ENRAIZADA
CREDO
CORAZÓN MISERICORDIOSO
OFERTORIO: BENAVENTURADOS
PAZ:
QUE VEÑA A PAZ
COMUÑÓN: ANDAREI NA PRESENZA DO
SEÑOR
MIRADA ESPERANZADA
BENDICIÓN
A PLURALIDADE
E RIQUEZA DA COMUNIDADE ENGRANDECE E DIGNIFICA A ACOLLIDA QUE EN XESÚS SOMOS
INVITAD@S A REALIZAR COS IRMÁNS. BENDITOS OS QUE VEÑEN NO NOME DO SEÑOR!
(Comézase fóra, a
poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar
procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).
SAÚDO
Quen preside: A paz, o ben e máis a
xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.
ESCOITA
ACTIVA
Os xestos á hora de expresar e celebrar a fe son
moi importantes. E isto é así porque o relixioso necesita ser comprendido e
celebrado para poder logo vivilo no cotián das nosas vidas, polo que precisa
dunha linguaxe que se faga comprensible e comunicable e duns sinais que todos
entendamos. Como se non falar de Deus, de amor ou de misericordia, por exemplo?.
Neste domingo que abre o tempo da Semana Santa, todos traemos ramos e palmas
como sinal de alegría, de encontro, de festa; pero tamén de acollida e sentido
comunitario da fe en Xesús, aquel que entrou en Xerusalén e foi recibido nas
rúas con estrondo ledo e festeiro.
Tamén
nós hoxe somos invitados a traer ánimo de festa para entrar na Xerusalén que
nos leva a gozar da resurrección que vence á morte e non se deixa levar pola
desgana. Ergamos os ramos e as palmas para dicirlle ao Señor que estamos ledos
e con gañas de compartir este encontro comunitario que nos chama a poñernos en
camiño cara á Pascua.
BENDICIÓN
DOS RAMOS
En cada unha das nosas parroquias, Señor, queremos acollerte con alegría e
espírito de festa. Ofrecémosche ramos e palmas, para agradecer a túa presenza e
facerche un sitio entre nós. Queremos que te sintas a gusto ao noso lado e coa
túa forza ser luz de xustiza e compromiso de amor para os demais.
A bendición + que
agora realizamos sobre estes ramos e estas palmas no teu nome, lévanos a
sentirte como compañeiro nesta viaxe de estar presentes no mundo para dar
testemuño da túa mensaxe de vida e esperanza. P.X.N.S. Amén.
CANTO
PROCESIONAL: GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
--------------------------DENTRO DO
TEMPLO------------------------------
CORAZÓN MISERICORDIOSO
* Porque son moitas as veces nas que non queremos
poñernos en camiño, SEÑOR, GRAZAS POR
ACOLLERNOS SEMPRE.
* Porque tamén nós somos moito de facer para que nos
vexan, e non de facer sentindo e convencidos, CRISTO, GRAZAS POR ACOLLERNOS SEMPRE.
* Porque non acabamos de poñer o noso corazón e a
nosa vida en disposición de celebrar que acollerte a Ti esíxenos cambiar a
forma na que facemos moitas das cousas cada día, SEÑOR, GRAZAS POR ACOLLERNOS SEMPRE.
GLORIA
ORACIÓN COLECTA
PROCLAMACION DA PALABRA (Is. 50, 4-7)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
O Señor Deus
concedeume lingua de discípulo para saber instruír ao cansado cunha palabra que
o anime cada mañá.
El espreguiza
pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
O Señor Iavé
abriu o meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
Ofrecín o lombo
aos que me azoutaban, e a miña cara aos que me arrincaban a barba. Non escondín
a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
Pero o Señor
axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un
diamante, pois sei que non me avergonzarei.
PALABRA DO SEÑOR
CANTO: TODO O MUNDO UNHA FAMILIA
PROCLAMACION DA PALABRA (Mt. 21, 1-11)
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO
MATEU
Cando se aproximaban a
Xerusalén e chegaron a Betfagué, ao pé do Monte das Oliveiras, mandou Xesús a
dous discípulos, dicíndolles:
‑ Ide á aldea que tendes
aí de fronte, e de seguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela;
ceibádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta
ao Señor, e que de seguida llos mandará de volta.
Isto sucedeu para que se
cumprise o que fora dito polo profeta:
Dicídelle á filla de Sión:
Velaí o teu Rei que vén onda ti,
humilde e montado nunha burra,
nun burro, fillo de animal de carga.
Foron os discípulos, e fixeron
o que Xesús lles mandara. Trouxeron a burra e mailo burriño, botáronlle enriba
os mantos, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no camiño; outros
cortaron pólas das árbores, e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante
e mailos que o seguían gritaban:
‑ ¡Hosanna ao Fillo de
David!. ¡Bendito o que vén no nome do Señor!. ¡Hosanna nas alturas!.
E ao entrar en Xerusalén,
toda a cidade conmovida preguntaba:
‑ ¿Quen é este?
A xente respondía:
‑ Este é o profeta Xesús,
o de Nazaret de Galilea.
PALABRA DO SEÑOR
PALABRA ENRAIZADA
- Sitúa o evanxeo de Mateu que temos lido hoxe na
celebración, a Xesús ás portas de Xerusalén. É dicir xa está en camiño. Un
camiño que, desde o externo, desde o aparente, non parecía doado, foi o
que tivo como meta o triunfo sobre a morte. E dicimos que aparentemente
non foi doado porque ao longo deste camiño houbo traizóns, enganos, costas
viradas e mesmo morte; pero non quedou aí, senón que Xesús foi quen de
afrontar todas estas situacións que entorpeceron o seu paso, e acadou
canto se propuña: a meta de quen deixou atrás, cando tiña tódolos boletos
para que non fose así, o sentido da morte e derrota, para abrir unha xeira
nova que tiña como cumio levar a termo a misión que Deus Pai lle encomendara.
- Do mesmo xeito, tamén nós, queremos iniciar este
camiño coa celebración deste Domingo de Ramos. E como lle ocorreu a El, no
final deste traxecto está o triunfo sobre a morte e o fracaso: a
resurrección. Diante da explotación agroma a solidariedade; fronte a
corrupción, o engano é descuberto e xulgado; e cando o enriquecemento
ilícito parece que non ten fin, os explotadores son xulgados e reciben o
seu castigo. Detrás desta palabra escóndese todo o sentido que os
cristiáns lle queremos dar á vida. Un sentido que nos manifesta que desde
a fe, aquilo que para outros é fracaso, e como tal renuncia, para un
crente non son máis que dificultades que hai que sortear para poder chegar
e gozar de ter acadado canto nos tiñamos proposto. Unha fermosa metáfora
da vida!.
- Cando queremos ou nos propomos algo, non sempre
resulta doado acadalo, senón que nos esixe traballo, capacidade de
sufrimento, esforzo, humildade ou aprendizaxe a dialogar e escoitar canto
outros nos poden aportar. Pero sempre paga a pena porque ao final o
resultado acádase. E isto é o que quereremos nós celebrar ao longo destes
días de Semana Santa: que na vida, para acadar todo isto, e sen renunciar
ás dificultades que nos van aparecendo, Deus sempre nos acompaña e non nos
deixa solos. Esperanza e utopía non son expresións abstractas e baleiras,
senón concreción real de quen ten chegado á meta. Por iso paga a pena non
renunciar na metade de camiño, porque toda tarefa inacabada deixa en nós
un pouso de insatisfacción e de desacougo que non só entristece, senón que
tamén abre unha profunda fenda de perda da autoestima nas nosas
capacidades, que moitas veces se expresan no consabido non sei, non podo
ou non vallo. Xesús, non sen dificultades, foi capaz de vencer esta
tentación, e por iso nós hoxe podemos falar de sentido da vida, esperanza
ou solidariedade. Se El abriu o camiño, como nós imos renunciar a
continualo!.
CREDO
FRATERNIDADE ORANTE
Comezamos
hoxe bendicindo ramos e palmas fóra do noso templo. Que saibamos facer o camiño
que nos leva a dirixirnos cara aos nosos irmáns para poder facer xunt@s o
camiño que nos leva cara Ti. Por iso dicimos:
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û Para que en todas as comunidades cristiás
espalladas polo mundo a celebración deste domingo sexa un pulo de forza e
optimismo para saber acoller e compartir con outras persoas e institucións, que
temos que unirnos e remar xunt@s na defensa dos pequenos e necesitados,
OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û Para que os que hoxe viñemos bendicir os ramos e as
palmas non reduzamos a un simple rito o que acabamos de facer, senón que a
bendición que temos recibido supoña un exercicio de solidariedade compartida,
desde a ledicia e o acompañamento de quen nos barrios das nosas parroquias agardan
de nós un tempo de escoita, un sorriso, unha palabra de ánimo ou a axuda na
petición de canto non teñen e os fai pobres e excluídos, OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û Para que fagamos deste tempo que vai do Domingo de
Ramos ao de Resurrección, experiencia de oración, camiño compartido de
reflexión e acción, encontro agradecido de humildade e servizo e disposición a
non deixarse levar pola sensación de fracaso ou derrota, OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
Acolle,
Señor, canto sae do noso corazón, que agora expresamos de xeito compartido e
comunitario. P.X.N.S.
Amén.
Canto do ofertorio: BENAVENTURADOS
Canto da paz: QUE
VEÑA A PAZ
Canto da comuñón: ANDAREI
NA PRESENZA DO SEÑOR
mirada esperanzada
Que a comunidade que hoxe se reúne no teu nome,
sexa bendicida coa túa presenza.
Que o pobo de Deus que hoxe, en cada recuncho da
terra, se pon en camiño, sexa pobo que acolle, une e busca un mundo máis xusto.
Que as familias, Igrexa doméstica, se esforcen por
quererse, respectarse e levarse ben.
Que cantos sofren, atopen mans amigas que os
acompañen, animen e se preocupen por aliviarlles a súa dor.
Que os nen@s crezan sendo queridos e valorados
desde o exemplo de amor dos seus pais e das súas nais.
Que cantos hoxe temos rezado xunt@s, comecemos a
andar cara á pascua de salvación que nos trae esperanza e futuro solidario
compartido. Amén.
CANTO GOZOSO
·
CANTO PROCESIONAL: Grazas, Señor, graciñas
·
LECTURAS: Todo o mundo unha familia
·
OFERTORIO: Benaventurados
·
PAZ: Que veña a paz
·
COMUÑÓN: Andarei na presenza do Señor
Comentarios