VIXILIA PASCUAL (ESQUEMA)
1) ESCOITA ACTIVA
2) LITURXIA DA LUZ
ð BENDICIÓN DO LUME
ð ACENDEMOS AS VEAS
ð PROCESIÓN AO TEMPLO
ð PREGÓN PASCUAL
ð GLORIA
3) LITURXIA DA PALABRA
ð MONICIÓN
ð PRIMEIRA LECTURA (Xén.)
ð SEGUNDA LECTURA (Xén)
ð TERCEIRA LECTURA (Ex.)
ð CUARTA LECTURA (Is.)
ð QUINTA LECTURA (Ez.)
ð SEXTA LECTURA (Rom.)
ð EVANXEO (Mt.)
ð REMUÍÑO
4) LITURXIA BAUTISMAL
ð MONICIÓN
ð LADAÍÑAS
ð BENDICIÓN DA AUGA
ð RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS
ð FRATERNIDADE ORANTE
5) LITURXIA DA EUCARISTÍA
ð OFERTORIO
ð SANTO
ð NOSO PAI
ð PAZ
ð COMUÑÓN
ð MIRADA ESPERANZADA
ð DESPEDIDA
NON TIREMOS AS PEDRAS QUE FOMOS
DEIXANDO ATRÁS AO LONGO DA CORESMA; APROVEITÉMOLAS PARA CONSTRUÍR A CASA, NON
PARA PECHARNOS NELA PRESCINDINDO DOS DEMAIS, SENÓN PARA ABRILA E OFRECELA A
CANTOS CON NÓS SENTEN O SEU CORAZÓN DE CARNE QUE LATEXA BUSCANDO A QUEN
NECESITA SER ATOPADO E ACOLLIDO
ESCOITA ACTIVA
Comezamos esta
festa de luz e ledicia. Facémolo invocando a Deus para que este lume que temos
prendido, e do que imos acender o cirio pascual, sexa lume que queime todo
canto na nosa vida nos impide abrir ventás para que entre o aire novo que a
renove e lle dea folgos cando se sente esmorecer.
Queimemos neste lume todo canto
nos impedía ter sede de paz, de esperanza e misericordia na nosa vida, e que
nos fai infelices e persoas tristeiras e queixosas, sen a ledicia de recoñecer
que Xesús está ao noso lado.
Botemos ao lume tódalas pedras que
imos atopando en nós, e que nos van afastando de canto Xesús nos invita a levar
á práctica para ser felices: rancor, soberbia, superioridade diante dos demais,
importancia, aparencia ...
Que todo canto hoxe imos queimar afastándoo de nós, nos faga lixeiros
para camiñar buscando facer o ben a quen nos precise; e superando vellos medos
que non nos deixan sentir que o Evanxeo é sempre ledicia e vida, e non palabra
morta.
Dispoñamos logo o corazón e o ánimo a participar ledos e con espírito de
festa nesta Vixilia
de vida e resurrección.
1.- Liturxia da luz
No paso da morte a vida de Xesús estabamos tod@s
presentes, os daquel tempo e os de hoxe. Neste paso queremos manifestar que na
vida, por moitas que sexan as pedras que imos atopando, se queremos e poñemos
da nosa parte gañas e esforzo, podemos superar os momentos de pesimismo e
tristura. Porque son moitos máis os momentos de ledicia, esperanza e
fraternidade, compartidos con tantos rostros amigos e queridos, que os que nos
producen escuridade e dor. Bendigamos entón este lume, e prendamos do cirio
pascual, Luz de Cristo, a chama que vaia iluminando a nosa vida.
A) Bendición do lume
Señor:
por medio do teu
Fillo Xesús,
déchesnos a terra, o
aire, a auga e o lume.
Neles estás Ti coma
principio e orixe de todo.
Coa presenza dos
membros da nosa comunidade,
queremos bendicilos +,
para que sexan
verdadeiro signo
de transformación
renovadora das nosas vidas,
e que a pascua que
agora comeza
prenda en cada un de
nós
para poder abrir
brazos e agarimar, no teu nome,
a tantos irmáns e
irmás que agardan de nós
a aperta solidaria do
teu amor. P.X.N.S. Amén.
B) Logo da
bendición do lume, acénsese nel o cirio pascual. Unhas poucas persoas acenden as súas
candeas no cirio, e despois van acendendo coa súa candea as dos demais, ata
telas todas acendidas. Se hai bautizos, é neste momento no que aos pais e
padriños (que xa acenderon do cirio a candea), se lles pregunta polo nome d@
nen@ que presentan á Igrexa, e pola súa intención estando alí. A partires dese
momento, comezamos a procesión cara á Igrexa.
C) Procesión e canto CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR/LUMIÑO DE LÚA CLARA
D) Pregón pascual (con todas as luces apagadas, só mantemos prendidas a luz do
cirio e as das nosas candeas)
Aledémonos cantos esta noite queremos participar da festa
da resurrección!.
Gocemos da presenza entre nós de quen nos vén traer a
luz!.
O que venceu a tebra e se abriu paso deixando pegada de esperanza e vida!.
Sintámonos comunidade que, dun cabo ao outro do mundo,
se reúne gozosa, para anunciar que a tebra foi vencida,
e que a luz chegou a tod@s!.
Que gozo e que ledicia, poder dicir ben alto:
que o corazón de Deus vaise abrindo camiño
no medio dos nosos corazóns,
que a súa invisibilidade
fíxose presenza
no testemuño agarimoso das
xentes de ben!,
que a morte foi vencida, que a vida é celebrada,
e que o ben segue a ser posible.
É verdade que seguimos sen aprender!.
É verdade que retrucamos unha e outra vez;
que non acabamos de fiarnos,
que a palabra se nos vai pola boca,
mentres os nosos feitos non acaban de chegar.
É verdade todo iso;
pero non é menos verdade,
que Ti, Señor, segues a confiar en nós,
que unha e outra vez,
renovas o teu compromiso de amor e fidelidade
buscándonos,
saíndo ao noso encontro,
e tratando de facernos ver que,
vencido o mal,
o camiño é máis doado.
Estas son as festas da Pascua,
nas que resurrección e vida
camiñan xuntas na persoa de Xesús.
Nesta noite, coma aquela vez en Exipto,
tamén Ti, Señor, te pos á fronte,
para superar atrancos e afastar neboeiras.
Está é a noite na que o mundo treme,
porque en Cristo a salvación chegou a nós.
Esta é a noite na que a ruptura de cadeas
nos abre un camiño de liberdade,
afastándonos da escravitude
que nos enfronta, domina e encarcera.
Que abraiante a presenza do teu amor en nós!.
Que incomparable a túa tenrura e xenerosidade!.
Que testemuño de fraternidade o camiño aberto
para deixar atrás o pecado que en Adán
nos converteu en limitados e débiles.
Que noite de lumieiras
na que ceo e terra se atopan
na riqueza do divino e humano!.
E así, nesta noite santa,
a ledicia volve agromar nos nosos corazóns,
a comunidade volve reunirse,
e o pasado quedou atrás,
namentres o abrente se nos vai achegando.
Que o cirio do que compartimos a luz,
sexa sempre facho de claridade
que nos afaste das nosas escuridades,
e nos faga camiñar
no que une, aleda, ilusiona e nos marca
un camiño novo no que a esperanza xa non marcha,
e Cristo resucitado faise un entre nós
e para sempre.
Resucitou, Aleluia!.
(Acéndense
as luces e cantamos/rezamos
o GLORIA)
2.- Liturxia da Palabra
1.
PRIMEIRA
LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
No principio creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo Deus:
- “Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos
paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á
imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos así:
- “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e
sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos
da terra”.
E díxolles aínda:
- “Aí vos dou as herbas todas que hai na terra,
coa súa propia semente, e tódalas arbores que dan froito, coa súa propia
semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás feras todas do monte, ós
paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra doulles a herba para a
mantenza”.
E así foi.
E viu Deus canto fixera e velaí que era de
verdade moi bo.
PALABRA DO
SEÑOR
Salmo : Canto: Canta o sol
ORACIÓN: Pai, que pos diante de
nós o mundo e nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo
por facer del a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e
desprazado. P.X.N.S. Amén.
2
SEGUNDA
LECTURA (Xen. 22,
1-18)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
Naqueles días, Deus puxo a proba a Abraham,
chamándoo:
-
Abraham!
El respondeu:
-
Aquí
estou!
Deus mandoulle:
-
Colle
o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de
Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cumio dunha das montañas que eu che
mostrarei.
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e
tomou consigo dous criados e mailo seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o
sacrificio, púxose ao camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara. Ao
terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe.
Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a
Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os
dous xuntos.
Isaac díxolle ao seu pai:
-
¡Meu
pai!
El respondeu:
-
Que
queres, fillo?
O rapaz dixo:
- Levamos lume e leña; pero, onde está o año
para o sacrificio?
Abraham respondeulle:
-
Meu
fillo, o año Deus o proverá.
Chegados ao lugar que Deus dixera, Abraham
construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou ao seu fillo Isaac e deitouno
no altar, por enriba da leña. Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para
sacrificar ao seu fillo.
Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo:
-
¡Abraham!,
¡Abraham!
El respondeu:
-
Aquí
estou
O anxo dixo:
-
Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún.
Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro
atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en
sacrificio,no posto do seu fillo. Abraham púxolle ao lugar de nome Moria.
O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez
desde o ceo:
- Por faceres isto e non me negares ao teu
fillo, o único que tes, bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma
as estrelas do ceo e as areas do mar. Todos os pobos da terra terán bendición
na túa descendencia, por me teres ti obedecido.
PALABRA DO SEÑOR
Salmo : Canto: Aquí estou Señor, para facer a
túa vontade
ORACIÓN: Pai, aquí estamos, como
estivo tamén Abrahám, para dicirche que si. Para acoller a túa invitación e
poñernos en camiño. Que saibamos devolverche coa nosa vida toda a confianza que
vas poñendo en nós.Que ela nos axude a ir sementando de luz e vida o camiño que
percorremos xunto cos nosos irm@ns. P.X.N.S. Amén.
3
TERCEIRA LECTURA
(Ex. 14, 15-15,1)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:
-
“Que
queixas son esas cara a min?. Manda aos israelitas que se poñan en marcha. Ti
ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas
pasen polo medio a pé enxoito. Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que
seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus
carros e á dos seus cabaleiros. Ao mostrar a miña gloria á conta deles,
aprenderán os exipcios que eu son o Señor”.
Moisés alongou a man
sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que soprou toda a
noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas entraron polo medio
do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda. Os
exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros,
entraron no mar tras deles.
Cerca da madrugada,
ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento exipcio e
cubriuno de confusión. Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case
que andar. Os exipcios entón dixeron:
- “Fuxamos dos
israelitas, pois o Señor loita por eles contra nós”.
O Señor díxolle a
Moisés:
- “Estende a man cara ó
mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus
cabaleiros”.
Moisés alongou a man
cara ao mar e, contra a mañá, este volveu ao seu sitio. As augas, ao
xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que
entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
Os israelitas pasaron a
pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á
súa esquerda.
Aquel día salvou o
Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel recoñeceu con que man poderosa o
Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu o Señor e creu nel e no seu servo
Moisés.
PALABRA DO SEÑOR
Salmo: Canto: Ide
e pregoade
ORACIÓN: Tamén nós, Señor, temos
desexado moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás escravitudes que
nos van atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices: unhas
escravitudes do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos
baleiros. P.X.N.S. Amén.
4 CUARTA LECTURA (Is. 55, 1-11)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Isto di o Señor:
“
Oíde, sedentos todos, vinde por auga!
Os
que non tedes prata, vinde,
comprade
comida e comede,
vinde
e comprade comida;
sen
prata e sen diñeiro comprade viño e leite.
Porque cambiades prata polo que non é pan
e
o voso xornal polo que non farta.
Escoitádeme ben:
comede
ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.
Baixade o oído e vinde onda min,
facédeme
caso e revivirán as vosas ilusións,
pois
pactarei convosco unha alianza eterna.
Velaquí: como a chuvia e a neve baixan do ceo
e
non voltan alá sen enchoupar a terra,
fecundala
e facela brotar,
para
que lle dea semente ao que sementou
e
pan ao que come,
así
tamén será a miña palabra que sae da miña boca:
non
volverá a min en van,
senón
que fará o que eu queira,
e
conseguirá aquilo para o que a mandei”.
PALABRA DO SEÑOR
Salmo: Canto: Pan
do ceo, pan de vida
ORACION: Señor, aquí estamos
tamén nós sedentos e famentos de paz, de consolo, de esperanza, de silencio.
Si, Señor, facemos moito barullo, pero con el só conseguimos disimular as nosas
incapacidades para escoitarte e descubrirte no silencio de quen non ten voz
para defenderse dos que poñen por diante das persoas os papeis, as leis ou o
que deciden os que mandan e dominan. Queremos volver a Ti e deixar que a túa
auga e o teu pan nos sacien de esperanza, forza e solidariedade. P.X.N.S. Amén.
5 QUINTA LECTURA (Ez. 36, 16-28)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL
Veume
a palabra do Señor nestes termos:
“Fillo
de Adán, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,
volvérona impura co seu comportamento
e cos seus feitos.
Pero
eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue
que verteron sobre a terra,
e polos feitos cos que a mancharon.
Entón
eu esparexinos por entre os pobos
e dispersáronse polos países;
xulgueinos conforme o seu
comportamento
e conforme os seus feitos.
Ao
entraren nas nacións onde foron,
profanaron o meu santo Nome.
Pero
eu vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome,
profanado entre as nacións nas que vós
o profanastes.
Entón
recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
-é o meu Señor quen fala-,
cando eu vos faga recoñecer a miña
santidade na súa presenza.
Pois
recollereivos das nacións,
xuntareivos de tódolos países
e traereivos á vosa terra.
Asperxirei
sobre vós auga purificadora e quedaredes puros;
de
todas as vosas impurezas
e
de todas as vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos
un corazón novo
e poñerei nas vosas entrañas un
espírito novo;
sacarei da vosa carne o corazón de
pedra
e poreivos un corazón de carne.
Porei
nas vosas entrañas o meu espírito
e farei que camiñedes conforme os meus
preceptos
e que gardedes os meus mandamentos e
os cumprades.
Viviredes
no país que lles dei a vosos pais:
seredes o meu pobo e eu serei o voso
Deus”.
PALABRA
DO SEÑOR
Salmo: Canto: Danos un corazón
ORACION: Que duros son moitas
veces os nosos corazóns!. Duros para chorar con quen chora, para amar a quen o
necesita, para unirse a quen está fundido e necesita de nós para erguerse, e
que a dureza dos nosos corazóns impide que abramos as nosas mans e nos fundamos
nunha aperta fraternal e sincera. P.X.N.S. Amén.
6 SEXTA LECTURA (Rom. 6, 3-11)
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
Irmáns e irmás:
Ignorades
que a cantos nos bautizaron en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?.
Enterráronnos, logo, con el polo bautismo na morte, para que, como Cristo
resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida
nova.
Pois
se nos enxertaron nel pola semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén
o farán por unha resurrección semellante.
Pois
habedes saber que o noso home vello foi crucificado para destruír o corpo
pecador, de xeito que non sirvamos máis ao pecado. Porque o que morre, queda
liberado do pecado.
Se
xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que
Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada
contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ao pecado para sempre, mais o seu
vivir é un vivir para Deus.
Así
tamén, vós considerádevos mortos ao pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.
PALABRA DO SEÑOR
Salmo. Canto: Canta aleluia, aleluia ao Señor
ORACION: O bautismo, Señor, incorpóranos á comunidade; pero moitas
veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca alegría e pola nosa
deixadez. Que esta incorporación á vida nova da graza e da esperanza na que
fomos mergullados o día do noso bautismo, saibamos mantela viva en cada momento
da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
7 EVANXEO (Mt. 28, 1-10)
Salmo. Canto: Aleluia, aleluia, aleluia, o
Señor resucitou/Hoxe o Señor resucitou
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO
MATEU
Pasado o sábado, na alborada do primeiro día da
semana, María Magdalena e maila outra María foron visitar o sepulcro. Entón
produciuse un grande terremoto, xa que o anxo do Señor, baixando do ceo,
removeu a lousa e sentou enriba dela. Tiña o aspecto dun relampo e o seu vestido
era branco coma a neve. Os gardas tremeron co medo, ficando coma mortos. Mais o
anxo díxolles ás mulleres:
‑ Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o
crucificado. Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde ver o sitio onde
estaba. E ide axiña dicirlles aos seus discípulos: "Resucitou de entre os
mortos e vai diante de vós para Galilea: alí o veredes". Iso é o que vos
tiña que dicir.
Elas marcharon do sepulcro con toda a présa, con temor
pero cheas de gozo; e correron para llelo comunicaren aos seus discípulos.
Entón Xesús saíulles ao encontro dicindo:
‑Alegrádevos.
Elas, achegándose, abrazáronlle os pés e postráronse
ante el.
Xesús díxolles:
‑ Non teñades medo: ide avisar a meus irmáns de que
marchen para Galilea, que alí me verán.
PALABRA DO SEÑOR
PALABRA ENRAIZADA
· Desde o principio e para
sempre, somos imaxe. Non nunha imaxe calquera, senón imaxe de Deus. Isto fainos
iguais uns aos outros, fai que posuamos a mesma dignidade e lévanos a superar
divisións e enfrontamentos. Sabernos referencia concreta e presente de Deus,
inda que moitas veces non o teñamos en conta ou o esquezamos, lévanos a
esforzarnos por aplicar na nosa vida as palabras de Xesús, que nos di: “cada vez que llo fixestes a un destes máis
pequenos, a min mo fixestes”. Nesta noite de luz e auga, esperanza e vida,
renovación e compromiso; tod@s nós somos invitados a non deixar pasar esta
oportunidade de renacer, de esforzarnos por ver con outros ollos aquilo que
aparentemente non cambiou, o que facemos todos os días, o que tantas veces nos
leva a preguntar se a nosa vida ten sentido e razón de ser. Pois claro que o
ten!!!!!!!!!. Canto hoxe, aquí e agora celebramos, estánolo a demostrar.
·
A afirmación, tantas veces proclamada ao longo desta noite, de que Cristo
vive, non é algo banal ou superficial, senón afirmación central da nosa fe
cristiá, que constantemente nos lembra que a vida das persoas non esmorece e
desaparece para sempre no momento da morte, que xa non hai nada máis, que todo
acabou. O que esta noite estamos a celebrar dinos todo o contrario. E así o
celebraron, creron e viviron cantos de xeración en xeración nolo foron
transmitindo. E porque El vive e venceu a morte, tamén nós sabemos que, con El
e desde El, tamén viviremos e venceremos a morte. Como tantas veces temos
cantado: a morte non é o final do camiño; senón que desde ela seguimos cara
Deus. Gocemos desta boa nova e compartamos a ledicia de saber que a esperanza
da que falamos os cristiáns ten a súa plenitude en Cristo resucitado... E se El
resucitou, tamén nós resucitamos. Gocemos celebrando esta gran nova!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
3.- Liturxia bautismal
MONICIÓN
Iniciamos agora a liturxia da auga; un ben que cando
falta fai que a vida esmoreza. Neste momento a celebración quere axudarnos a
ver como algo aparentemente tan simple ten unha forza e unha importancia
fundamental na vida dos seres humanos, o que nos fai percibila coma un don co
que Deus nos agasalla, e que debemos coidar sen estragar.
Comecemos, logo, entoando agora as ladaíñas da
resurrección que nos invitan a limpar o corazón coa auga fresca e clara que nos
trae Xesús, véndonos chamad@s a seguir o camiño aberto por aquelas persoas ás
que chamamos santas.
A)LADAÍÑAS
v Señor, ten piedade.
v Cristo, ten piedade.
v Señor, ten piedade.
v Xesús, Salvador do mundo e
semente de esperanza, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Santa María, Nai de Deus, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
v San Miguel, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Xosé, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Pedro, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Paulo, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Francisco de Asís, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
v Santa Clara, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
v San Andrés, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v San Xoán, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v Santa María Magdalena, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v San Simón, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v San Fins, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Mamede, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Adrián, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v Santiago, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v San Breixo, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Mateu, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v San Rosendo, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Froilán, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Martiño, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Ignacio, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Santa Tareixa de Ávila, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v San Bieito, GRAZAS POLA FE QUE
NOS RENOVA
v Santa Catarina de Siena, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
v Beato Xoán XXIII, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Nai Tareixa de Calcuta, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Óscar Romero,mártir da
causa de Xesús,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Dom Helder Cámara,Bispo dos
pobres, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
v Ghandi, Luther King e
demais testemuñas de xenerosidade, GRAZAS POLA FE QUE NOS
RENOVA
v Tódolos homes e mulleres de
ben, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
v Pola túa morte e
resurrección, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
v Pola forza do Espírito
Santo cada día en nós, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
(Si hai bautizos)
v Para que o bautismo
incorpore a est@ nen@ á túa comunidade, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Para que a auga do bautismo
sexa símbolo de nova vida, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
v Xesús, Fillo de Deus e
amigo de tod@s, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
Que a túa presenza
nos acompañe, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas nosas
tarefas para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción das
persoas que sentimos a ledicia do Evanxeo construíndo unha Igrexa fraterna e
misericordiosa. P.X.N.S. Amén.
B)
BENDICIÓN
DA AUGA (e inmersión do cirio na
pía bautismal)
Señor, que a auga do
bautismo sexa auga de vida. Auga limpa e que calma a nosa sede de paz.
Señor, que a auga do
bautismo sexa auga de vida. Auga que desde o comezo do mundo quixeches que calmara a
nosa sede de misericordia.
Señor, que a auga do
bautismo sexa auga de vida. Auga que enchoupou a terra e lle deu o mellor dos froitos:
o amor, entregado e xeneroso da resurrección.
Limpa Pai coa túa auga os corazóns das persoas que hoxe celebramos
con gozo a ledicia da renovación que nos traes na resurrección do teu Fillo; e
que agora nesta noite de luz e vida, quere renovarse coa forza da oración compartida. Que
esta auga reciba, polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, para que aqueles que creaches á túa imaxe e
semellanza, polo bautismo, morramos ao vello e renazamos á luz dunha nova
humanidade inaugurada en Xesús .
Que a presenza do Espírito
Santo, polo
teu Fillo
+ descenda
sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporados
a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S. Amén.
C)
RENOVACIÓN
DAS PROMESAS BAUTISMAIS
Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que
hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:
·
Estades dipost@s a loitar
contra o mal que non nos deixa sentir a ledicia do Evanxeo?. Si, estou
dispost@.
·
Estades dispost@s a non caer na tentación de
considerar ás persoas como descartes que podemos facer cando non nos
interesan?. Si,
estou dispost@.
·
Estades dispost@s a que no
voso corazón non aniñe a tristura, a rutina ou unha vivencia vergoñenta da fe?. Si, estou dispost@.
·
Credes en Deus Pai que nos creou libres e con
capacidade de tomar decisións sen ser manipulad@s?. Si, creo.
·
Credes en Xesús, o seu Fillo,
que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que hoxe nos invita
a renovar a fe na resurrección?. Si, creo.
·
Credes na forza
e presenza do Espírito Santo, que alenta a acción da Igrexa no medio do
mundo para encamiñarnos a unha comuñón na que sintamos que o perdón e máis a
reconciliación son medios que nos levan a gozar da resurrección que nos achega
á presenza Deus?. Si, creo.
Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e
confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S.
Amén.
(Agora tod@
nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser
fieis á alianza bautismal)
Canto:
A auga do Señor, cambioume o corazón
FRATERNIDADE ORANTE
Gozosos de acoller a forza da esperanza que nos
trae Xesús resucitado, dicimos xunt@s:
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
ü Pola Igrexa que nos invitas a construír: fraterna, solidaria, ocupada e
preocupada cos pobres, afastada do poder e da riqueza, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
ü Polas comunidades cristiás nas que somos acollidos e desde as que imos
aprendendo canto significa dicir: paz, perdón, misericordia, colaboración,
cercanía, solidariedade, sorriso, ledicia e traballo comunitario, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
ü Porque nesta noite de pascua volves xuntarnos para que sintamos a
ledicia dunha fe que non mira ao pasado, senón que, desde o presente, chámanos
a construír camiños de futuro onde o entendemento, a xustiza, a liberación, a
esperanza vannos axudando a descubrir o Evanxeo como ledicia que enche e dá
sentido ás nosas vidas, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
Grazas Señor, por
toda a forza de renovación, esperanza e ledicia que nos invitas a transmitir
coa nosa vida. Que saibamos poñela ao servizo de cantos senten o gozo de
compartir esta experiencia comunitaria que está noite nos reúne para celebrar a
vida. PX.N.S. Amén.
4.- Liturxia da Eucaristía
MIRADA ESPERANZADA
Quen se achegue a
Xesús con fe, resucita.
Quen diga de
corazón: Xesús, pacifícase.
Quen confese:
Señor meu e Deus meu, renóvase.
Quen escoita a
súa Palabra, ilumínase.
Quen ofrece a súa
dor, redímese.
Quen parta o pan
da Eucaristía, achégase.
Quen dá testemuño
da súa presenza, santifícase.
Quen aprende a
perdoar, divinízase.
E o que comparta
os seus pans, sempre os verá multiplicados.
O que busca a
verdade atoparaa, ou será pola verdade atopado.
Quen crea beleza
verá a Deus.
O que acenda a
esperanza converterase en estrela.
O que enxuga unha
bágoa será anxo.
O que denuncia
inxustizas será profeta.
Os que unen,
pacifican e cooperan serán irmáns universais.
E o que se viste
de misericordia, comprenderá a Deus.
Onde hai
comunidade, alí está Deus.
Onde hai
liberdade, alí está o Espírito.
Onde hai amor,
alí está Deus.
E onde está Deus,
hai vida.
E onde está o
Espírito, hai paz.
E onde está
Cristo, sempre hai fraternidade.
Nesta noite
Cristo fíxose presente entre nós,
construamos entre
tod@s a fraternidade que nos ensina.
5.- Cantos
ENTRADA: Camiñarei na
presenza do Señor
GLORIA
ASPERSIÓN: A auga do Señor
OFERTORIO: Na nosa terra
SANTO
NOSO PAI: No camiño do
amor
PAZ: Por riba das
nosas distancias
COMUÑÓN: Grazas, Señor,
graciñas
CANTO FINAL Á
VIRXE: Boas noites, María
Comentarios