ESQUEMA
1)
LITURXIA DA PALABRA
o Lecturas:
§
Isaías
§
Canto: A túa palabra
§ Paixón segundo Xoán
o Palabra enraizada
2)
FRATERNIDADE ORANTE
o
Solidarizámonos e pedímoslle a
Deus especialmente por tod@s @s crucificad@s do mundo
3)
ADORACIÓN DA CRUZ
4)
COMUÑÓN
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE
ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN
ESCOITA ACTIVA
Nesta tarde de Venres Santo, convocados para seguir
avanzando cara á Pascua de vida e resurrección, xuntámonos na igrexa para
compartir o contrapunto da experiencia da vida: a sensación de fracaso e
frustración. Pero compartir non significa quedar nela, senón descubrir que
necesitamos superar este paso, nada doado e tan difícil sempre para nós. Quen
non ten experimentado na súa vida a sensación de impotencia, derrota,
incapacidade ou tristura?. A diferenza de quen non ten a Xesús como referencia
no camiño, os cristiáns, diante destas situación non reaccionamos nin con
resignación nin tampouco mirando cara outro lado, como se a cousa non fora con
nós. Ao contrario, a experiencia de Xesús ábrenos unha perspectiva, senón nova,
si polo menos distinta: Deus non nos deixa solos, senón que nos acompaña,
facéndose compañeiro no camiño para superar a sensación de derrotismo e
fracaso. Diante das cruces que a tod@s nos chegan, a experiencia cristiá dinos
que non podemos volver a cara, senón buscar persoas, medios e convencemento
para superalas e non deixarnos ir cara á morte. Porque esta non é o final do
camiño, non nos limitemos a cantalo sen sentilo: traballemos para vivilo, convencid@s
de que a santidade desta semana remata na ledicia da pascua.
(Oración de xeonllos, prostrados)
(Desde a sé faise a oración sen dicir oremos)
ORACIÓN
Señor,
o teu Fillo Xesucristo,
vertendo
o seu sangue na Cruz,
instituíu
para nós o misterio pascual.
Acórdate
da túa misericordia:
santifica
e protexe sempre aos teus fillos.
Por
Cristo, noso Señor. Amén
LITURXIA DA PALABRA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE
ISAÍAS
Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle
éxito ao seu Servo.
A grande multitude quedará abraiada ante el,
pois o seu aspecto non parecía o dun home,
a súa figura non parecía a dun fillo de Adán.
Pero agora fará conmover a pobos numerosos:
por causa del os reis pecharán a súa boca,
porque contemplarán o que nunca se lles contou,
e comprenderán o que nunca escoitaron.
Quen creu o que lle dixemos?.
A quen se lle revelou o brazo do Señor?.
El subiu coma tenro gromo na súa presenza,
coma raíz en terra reseca.
Non tiña beleza nin esplendor;
vímolo, e o seu aspecto non era atraente.
Desprezado, o máis rexeitado dos homes,
varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.
Coma alguén de quen se esconde a cara,
desprezado, non lle tivemos aprezo.
El cargou coas nosas dores,
el soportou os nosos sufrimentos.
Nós considerámolo ferido,
castigado por Deus e aflixido.
Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,
foi esmagado polas nosas iniquidades.
O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,
a súa ferida foi a nosa curación.
Por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Polos traballos da súa vida verá a luz,
alcanzará a sabedoría.
O Xusto volvera xusto o seu Servo
para o ben de moitos.
PALABRA
DO SEÑOR
PAIXON DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN
Saíu Xesús cos
seus discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta,
na que entrou el e mailos seus discípulos. Tamén Xudas, o que o había entregar,
coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus
discípulos. Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos fariseos,
chegou alí con farois, fachos e armas. Entón Xesús, sabendo todo o que lle viña
enriba, adiantouse e preguntoulles:
‑ A quen
buscades?
Respondéronlle:
‑ A Xesús de
Nazaret.
Díxolles El:
‑ Eu son.
Estaba tamén con
eles Xudas, o que o entregaba. Cando lles dixo “Eu son”, botáronse para atrás e
caeron ao chan.
Entón,
preguntoulles outra vez:
‑ ¿A quen
buscades?
Eles contestaron:
‑ A Xesús de
Nazaret.
Xesús
respondeulles:
‑ Díxenvos que
"son eu": así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.
Así cumpriuse a
palabra que dixera: "non perdín ningún dos que me deches".
Entón Simón
Pedro, que tiña unha espada, desenvaiñouna e feriu ao garda do Sumo Sacerdote,
rabenándolle a orella dereita. O nome do garda era Malco.
Pero Xesús
díxolle a Pedro:
‑ Mete a espada
na vaíña. E logo, non hei beber o cáliz que me deu o Pai?.
Entón a patrulla,
o tribuno e mailos gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono.
Levárono primeiro
onda Anás, que era sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano.
Seguían a Xesús
Simón Pedro e mais outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo
Sacerdote, entrou con Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote. Pedro estaba
fóra, na porta. Entón saíu o outro discípulo ‑o coñecido do Sumo Sacerdote‑,
falou coa porteira, e fixo entrar a Pedro.
A porteira
preguntoulle a Pedro:
‑ Non es tamén ti
dos discípulos dese home?
El contestou:
‑ Non son.
Entón o Sumo
Sacerdote interrogou a Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina.
Xesús respondeulle:
‑ Eu falei á
vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde
se xuntan tódolos xudeus, e non falei nada ás agachadas. Por que me preguntas a
min? Pregúntalles aos que me oíron de que lles falei: eles saben ben o que
dixen.
Ao dicir isto, un
dos gardas alí presentes, deulle unha labazada a Xesús.
Levaron entón a
Xesús de onda Caifás ao Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no
Pretorio para non se contaminaren e así poderen comer a Pascua. Saíu entón fóra
Pilatos, onda eles, e preguntou:
‑ Que acusación
traedes contra este home?
Eles responderon:
‑ Se este non
fose un malfeitor, non cho entregabamos.
Díxolles entón
Pilatos:
‑ Collédeo vós e
xulgádeo segundo a vosa Lei.
Os xudeus
contestáronlle:
‑ Non nos é
lícito matar a ninguén.
Así se cumpriu a palabra
de Xesús, sinalando con que morte había morrer.
Entón entrou
Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle:
‑ Es ti o Rei dos
Xudeus?
Xesús respondeu:
‑ Dilo ti pola
túa conta ou dixéroncho outros de min?
Pilato replicou:
‑ E logo son eu
xudeu?. A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?
Xesús
contestoulle:
‑ O meu reino non
é deste mundo. Se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén
me entregase aos xudeus; pero o meu reino non é de aquí.
Díxolle entón
Pilato:
‑ Logo ti es Rei?
Xesús respondeu:
‑ Tal como o
estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ao mundo, para dar
testemuño da verdade. Todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.
Pilato
preguntoulle:
‑ Que é a verdade?
E, dito isto,
saíu onda os xudeus e díxolles:
‑Eu non atopo nel
culpa ningunha.
Daquela,
entregóullelo para que o Crucificasen. Entón colleron a Xesús. Cargando el
mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en
hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no
medio.
Escribiu Pilato
un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus.
Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado
estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego.
Os sumos
sacerdotes dixéronlle a Pilato:
‑ Non escribas
"O Rei dos Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
Pilato respondeu:
‑ O escrito,
escrito está.
Ao pé da cruz de
Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a
Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba,
díxolle á nai:
‑ Muller, velaí o
teu fillo.
Despois díxolle ao
discípulo:
‑ Velaí a túa
nai.
Desde aquela hora
o discípulo acolleuna con el. Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba
acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo: "Teño
sede". Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa
empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca. Cando probou
Xesús o vinagre dixo: Está cumprido. E, inclinando a cabeza, entregou o
espírito.
Entón os xudeus,
como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz
durante o sábado ‑pois era grande aquel día de sábado‑, rogáronlle a Pilato que
lles rompesen as pernas e os retirasen.
Viñeron, logo, os
soldados, e rompéronlle as pernas ao primeiro e mais ao outro que crucificaran
con el. Pero ao chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as
pernas, senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza; e no
instante saíu sangue e auga.
Despois disto,
Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús ‑anque ás agachadas, por medo aos
xudeus‑, rogoulle a Pilato que lle deixase retirar o corpo de Xesús. Pilato accedeu.
Foi e retirou o corpo. Foi tamén Nicodemo ‑aquel que primeiramente viñera onda
Xesús de noite‑, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.
Colleron o corpo
de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, enfaixárono en panos,
con aromas. No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un
sepulcro novo, que aínda non usara ninguén. Puxeron alí a Xesús, por mor da
Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.
PALABRA DO SEÑOR
PALABRA ENRAIZADA
(Facemos
unha breve reflexión que axude a entender a celebración e a situar, no día a
día, os textos que acabamos de proclamar)
ð Unha celebración austera e sinxela, como é a de hoxe
tenta que comprendamos que o noso paso pola vida ha ser tamén un esforzo por
ser austeros e sinxelos. Sen aparencias, sen buscar nin quedar ben nin que nos
vexan, sen pretender mostrar o que non somos. Venres Santo é unha metáfora da
sinxeleza e austeridade da vida á que estamos chamados tod@s, pero
especialmente os que nos queremos chamar cristiáns, seguidores de Xesús. É unha
boa ocasión para preguntarnos de que xeito imos integrando os momentos de dor,
tristura e fracaso –as cruces– que a tod@s nos van chegando. Hoxe vemos como
Xesús non cae na pasividade da resignación, senón que loita buscando sentido a
canto tiña feito e compartido. Trata de transmitirnos que diante da sensación
de fracaso é necesario facer outras lecturas que nos axuden a ver os feitos con
outros ollos. Uns ollos que transcendan o puramente empírico, e que nos axuden
a coñecernos mellor e a descubrir as razóns que nos levan a actuar do xeito no
que actuamos. Aos ollos dos que non entenderon a lóxica na que Xesús se moveu
ao longo da súa vida, a cruz foi un fracaso, o final daquela experiencia que
tanto ilusionara e movera corazóns e persoas. Pero se afondamos un pouco nesta
experiencia, seguro que somos capaces de descubrir que a súa morte foi entrega
de xenerosidade, de esperanza e de triunfo. Que tamén nós esta tarde, logo de
ter camiñado ao longo da coresma intentando deixar atrás o noso corazón de
pedra, aprendamos que a quentura e o latexo do corazón que achega, acolle,
escoita e ama é moito máis importante que as cruces que van aparecendo e que é
necesario superar para non caer no derrotismo. Venres Santo non é tristura,
senón xermolo de esperanza e cambio.
FRATERNIDADE ORANTE
1.
POLA IGREXA
a.
Para que traballe
cada día pola sinxeleza, a superación de actitudes soberbias e a busca de canto
achega e une e o faga con humildade, serenidade e respecto a todas as persoas.
b.
Señor, no teu Fillo Xesucristo manifestaches a forza da
túa mensaxe a todo o mundo. Protexe a obra do teu amor: fai que a túa Igrexa
sexa perseverante na fe e no testemuño. P.X.N.S. Amén.
2.
POLO PAPA
a. Recemos polo Papa Francisco, para que o seu ministerio sexa
un ministerio de fidelidade ao evanxeo e de esperanza para cantos agardan del
actitudes de achegamento aos pobres e renovación da vida da Igrexa.
b. Señor, Deus de amor e
paz,acolle as oracións que presentamos polo noso papa Francisco. Que a forza do
Espírito o siga alentando na tarefa de ser continuador da renovación da Igrexa
que con tanta esperanza comezou o Concilio Vaticano II. PXNS. Amén
3.
POLA UNIDADE DOS CRISTIÁNS
a. Recemos pola unidade dos cristiáns, divididos por
enfrontamentos e discrepancias. Para que Deus, Pai e amig@, os axude a superar
rupturas e os reúna nunha soa Igrexa guiada pola busca do entendemento.
b.
Deus, ti que es amor e acollida, danos azos para que os
cristiáns que buscamos seguir ao teu Fillo Xesús vivindo o Evanxeo, traballemos
para superar canto nos desune e afasta de ser unha verdadeira Igrexa
comunitaria. P.X.N.S. Amén.
4.
POLOS QUE NESTE MOMENTO ESTÁN A VIVIR A CRUZ
a.
Recemos tamén por
tódalas persoas que están a vivir situacións de cruz e dor: a cruz da dor e da
enfermidade, do paro, da inxustiza, do maltrato, do engano, da perda da súa
casa, da ruptura familiar...Para que sintan a solidariedade cercana de cant@s
compartimos a fe no Deus no que confiamos e sempre se nos mostra como irmán e
amigo.
b.
Señor Deus, que unes corazóns rotos e desunidos pola
tristura. Que sintamos sempre a forza da túa presenza nos momentos de
dificultade e desamor que ás veces chegan as nosas vidas. P.X.N.S. Amén.
5.
POLOS QUE PERTENCEN A OUTROS CREDOS RELIXIOSOS
a.
Recemos polas persoas
que pertencen a outros credos relixiosos, para que con sinceridade e confianza,
busquen e atopen co camiño que nos leva a tod@s a crer nas persoas como fillas
de Deus.
b.
Señor da acollida e da misericordia, fai que cantos non
teñen a Cristo como guieiro das súas vidas, descubran e coñezan que só quen
camiña buscando canto fai dos seres humanos centro da vida, atopará o camiño
que nos fai felices. P.X.N.S. Amén.
6.
POLOS NON CRENTES
a.
Recemos tamén por
cantos no teñen un sentido trascendente da vida, e non admiten a Deus coma guía
e amigo, para que coa coherencia e fidelidade ás súas conviccións acaden o
agasallo de chegar a El.
b.
Deus Pai/Nai, que
fixeches ao ser humano dignidade e respecto; concédelles que, no medio dos
gozos e tristuras da vida, perciban os sinais da túa presenza manifestada en
amor gozoso por facer a vida máis doada a tod@s. P.X.N.S. Amén.
7.
POLOS QUE TEÑEN A RESPONSABILIDADE DE GOBERNAR
a. Recemos polos gobernantes, que foron elixidos para favorecer
e desenvolver o ben común; para que o seu traballo non busque o seu
enriquecemento, senón o servizo e a entrega aos demais.
b.
Señor e dador da vida e da dignidade, afasta de cantos
foron elixidos para o servizo público e a busca do ben común, a tentación do
abuso e do enriquecemento persoal. Dálles azos para que sexan sempre fieis á
túa invitación de traballar por canto faga a vida das persoas o máis feliz e
humana posible. P.X.N.S. Amén.
ADORACIÓN DA CRUZ
1)
INVITACIÓN PARA MOSTRAR A CRUZ
Comeza
agora o momento da adoración da cruz. Desde o fondo da igrexa imos subindo con
ela tapada, avanzamos ao longo do corredor, á vez que imos destapando cada un
dos brazos e cantando –facémolo tres veces- xunt@s:
Desde o fondo da
Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz
Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do
mundo
Vinde adorala
Unha vez chegado quen
preside/dirixe a celebración, diante do presbiterio, mostrámoslle á asemblea a
cruz e invitamos a cantos participan na celebración a achegarse para adorala
individualmente. Namentres dura a adoración soa música clásica.Non cantamos
para favorecer o clima de silencio e recollemento que o momento suxire.
COMUÑÓN
Comezamos a última
parte da celebración de hoxe dirixíndonos ao lugar onde temos colocado o Pan
consagrado na celebración do Xoves. Levámolo ao altar.
Noso Pai
Año de Deus
Distribución da
comuñón
Oración
Señor da misericordia e da esperanza, renováchesnos coa
morte e resurrección do teu Fillo Xesucristo. Grazas por seguir dándonos novas
oportunidades, a pesares das nosas dúbidas e das nosas desconfianzas. P.X.N.S. Amén.
BENDICIÓN
Que a túa bendición, Señor, nos acompañe sempre. Ti que nos
reuniches para celebrar a morte do teu Fillo, acompáñanos para que camiñemos
cara á celebración da esperanza da resurrección. Veña sobre nós o teu perdón,
concédenos o teu consolo, acrecenta a nosa fe e consolida a cantos conformamos
a comunidade. P.X.N.S. Amén.
CANTOS
ð LECTURAS: A túa palabra
ð ADORACIÓN DA
CRUZ: Música clásica de fondo
ð COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo
Comentarios