Ir al contenido principal

12 Domingo TO B 2015

CANDO ACTUAMOS CON MEDO DEIXAMOS DE SER LIBRES PARA CONVERTERNOS EN SOMETID@S E ESCRAV@S

Descarga o ficheiro
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS
  • ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar
  • LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas
  • OFERTORIO: Déixate querer
  • COMUÑÓN: Acharte presente
OLLOS ABERTOS
O medo, esa palabra que cando a escoitamos a poñemos sempre en relación co negativo. Si, porque o medo non deixa que sexamos libres; o medo inhíbenos á hora de tomar decisións; o medo fai que moitas veces renunciemos a dar razón das nosas esperanzas e conviccións. Nunha palabra: o medo entra en nós para converternos en todo o contraio a ser nós mesmos. Cantas veces nos temos arrepentido de ter actuado con e por medo!
Para Xesús, o medo é o que impide dicirlle si á súa proposta de facer da nosa vida unha experiencia de encontro, de escoita, de seguimento.
Nestes tempos nos que tendo moita información vémonos moitas veces incapaces de procesala e entendela, necesitamos perder os medos e retomar o actuar desde as conviccións e o compromiso, e non só facerlle caso aos que elaboran esa información para beneficio propio como nos queren facer crer.
Necesitamos comprometernos en dicirlle si á invitación que nos fai Xesús de facer da súa mensaxe non dogma, senón vida e presenza que anime e una na tarefa común.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Porque os nosos medos van impedindo que actuemos con liberdade e alegría, SEÑOR, QUE TE BUSQUEMOS DESDE A TOLERANCIA E O SERVIZO AOS DEMAIS.
  • Porque nos custa valorar e agradecer o que os demais fan por nós, CRISTO, QUE TE BUSQUEMOS DESDE A TOLERANCIA E O SERVIZO AOS DEMAIS.
  • Porque non acabamos de afastar de nós os ventos do egoísmo, a falta de humildade e non escoita do que os demais nos din, SEÑOR, QUE TE BUSQUEMOS DESDE A TOLERANCIA E O SERVIZO AOS DEMAIS.
PALABRA ACOLLIDA E PÉS NO CHAN
  • Porque a súa misericordia é eterna: O Papa Francisco vén de convocar o ano da misericordia. Un ano para tomar conciencia de que sen a misericordia a vida dos que nos chamamos cristiáns convértese en baldío, en ermo, en baleiro. Dicir Deus é dicir sempre misericordia, acollida, escoita, cercanía, perdón, empatía... tenrura agarimosa de quen nos deixa as mans e os pés libres para andar en liberdade, como facía Xesús. El foi capaz de mostrarnos que non era algo teórico e irrealizable, senón todo o contrario: misericordia é abrir o corazón a quen temos ao lado, a quen sabemos que non pensa coma nós, a quen necesita ser acompañado e non o sabe. Si, misericordia é poñer o corazón dun nós demais. Por iso practicar a misericordia vén sendo como ofrecer o corazón para poder transplantarllo a quen vive na xenreira, na envexa, no odio, na mentira... na vinganza. Facer/nos un transplante de corazón para que nunca volva endurecer; é darlle a posibilidade a quen temos máis preto a poder ver a vida con outros ánimos, con outras forzas, con outros ollos. Os ollos de quen sabe aprender a valorar e a agradecer o que os demais poden, saben e fan por nós.
  • A esta riada de misericordia é á que nos chaman as palabras que Paulo lles dirixe aos corintios. Desde a eternidade da misericordia de Deus –sen principio nin fin– o seu amor prémanos, fai que non quedemos quietos, chámanos a movernos, a darlle á vida todo o dinamismo de solidariedade e renovación que tantas veces nos falta. E esta premura ten que levarnos a ser criaturas novas e cheas de gozo, a non ter medo a deixar o vello atrás, a superar a tentación de quen só quere vivir na nostalxia do que foi de outro tempo e que agora xa non -nunca máis-, poderá ser. É a este amor –real e situado en cada paso do día a día da vida- ao que temos que responder cada un de nós. Prémenos o seu amor porque nos chama, con urxencia, a ser homes e mulleres que non teñen medo ao presente e que non renuncian/mos a facer da Igrexa e da vida de fe unha experiencia renovada. Ser criaturas novas é saber poñer o amor como guieiro no camiño da vida. Porque o importante non é o camiño, tod@s temos que andalo, senón o amor que poñemos nel. E aquí é onde nos diferenciamos os que queremos facelo desde o amor que descubrimos e aprendemos de Cristo, e os que non. Porque se o vello pasou, traballemos para facer do novo esperanza agradecida do Deus que, sabendo ser amigo dos seus amigos, pasou pola vida facendo o ben.
  • E tan ben o fixo que ata o vento amainaba. Coma El, tamén nós estamos hoxe chamados a traballar para amainar os ventos que destrúen, que enganan, que non son transparentes, que menten, e se corrompen, que exclúen, que se aproveitan e benefician dos máis pequenos e sinxelos... de quen non acaba de entender que a misericordia esixe cambiar o corazón a novas actitudes. E ademais a facelo sen medo. A que habemos, entón de ter medo? Nunca estaremos solos, nunca nos afundiremos, se de verdade queremos.
FRATERNIDADE ORANTE
Neste momento da nosa oración comunitaria, unimos palabra e corazón e dicimos xunt@s:
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE MISERICORDIA
Para que entre tod@s construamos unha Igrexa viva, solidaria e preocupada cos “gozos e esperanzas” das xentes do noso tempo, OREMOS.
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE MISERICORDIA
Para que non poñamos na vida dos nosos veciños e amigos ventos de dor, tristura e indiferenza, OREMOS.
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE MISERICORDIA
Para que saibamos agradecer e valorar canto os demais fan por nós cando poñen o seu tempo a facer que a nosa vida sexa máis agradable e feliz, OREMOS.
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE MISERICORDIA
Señor, que non deixemos que o medo atenace a frescura da túa palabra, para que non faga da nosa vida ritualismo reseco e rancio dunha Igrexa que non serve, senón que se serve. P.X.N.S. Amén.
OÍDOS ATENTOS
"Señor: Hoxe necesito falar contigo con sinxeleza pobre,
con corazón quebrantado pero enteiramente fiel.
Sufro, Señor, porque teño medo,
moito medo, máis ca nunca.
Eu non sei por que, ao mellor, si sei por que:
porque Ti, Señor, adorablemente o queres.
E eu acéptoo.
Pero tamén escoito a túa voz de amigo:
"Non teñas medo, non se turbe o teu corazón.
Son eu. Eu estarei contigo ata o final."
Repítesmo sempre Señor,
e nos momentos más difíciles,
suscita ao meu redor almas moi sinxelas
que mo digan no teu nome.
Teño medo, Señor, moito medo.
Medo de non comprender aos meus irmáns
e dicirlles as palabras que necesitan.
Medo de non saber dialogar,
de non saber elixir ben aos meus colaboradores,
de non saber programar as cousas,
de deixarme presionar por un grupo ou polo outro,
de no ser suficientemente firme.
de preocuparme excesivamente polas cousas ao modo humano,
e entón, estou seguro de que me irá mal.
Por iso, Señor, pido a túa axuda.
Xesús, ensíname a dicir que si e a non deixarme aplastar polo medo."
(Cardeal Eduardo Pironio)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...