UN CORAZÓN ROTO TI, SEÑOR, NON O DESPREZAS SINAL DE CORESMA Colocamos a segunda parte do corazón CANTO GOZOSO o ENTRADA: Na noite escura (Nº 104) o LECTURAS: Eu soñei (58) o OFERTORIO: Camiñar sen Xesús (Nº 68) o COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESPERTANDO Á RÚAH Este tempo de coresma é unha chamada a seguir con intensidade e firmeza, a Xesús – Cristo. El entregou toda a súa vida ao servizo de Deus e das persoas, e esa entrega vaino levar ata a cruz. Nós, coma os discípulos no monte da Transfiguración, contemplamos o seu camiño e descubrimos nel toda a luz, toda a grandeza, toda a forza de Deus. Por iso, con fe, achegámonos a El e, porque sentimos a súa voz no noso corazón, queremos seguilo. SUPERANDO A DISTRACCIÓN · O mundo vive unha forte situación de inxustiza. Pola nosa participación nela, dicímosche, SEÑOR, QUE RACHEMOS...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra