Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.- Benaventurados ( 118) Lecturas.- O amor é o meirande ( 119) Ofertorio.- Quédate, Señor, connosco ( 63 ) Comuñón.- Non vou so ( 60 ) Ollos para ver As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas. E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra