Ir al contenido principal

Entradas

Bautismo 2014

DIANTE DAS MANS QUE EMPURRAN, FEREN E AFASTAN, TI, SEÑOR, SEGUES TENDÉNDOAS PARA ACOLLERNOS NO TEU AGARIMO Bautismo do Señor ESCOITA ACTIVA             Rematamos hoxe o tempo de Nadal. As celebracións de todos estes días víñannos presentando unha imaxe de Deus cercana, sinxela, chea de amor e preocupación por nós. O Deus que nos bendí coa súa Palabra, coa súa presenza... o Deus encarnado. Esta bendición de Deus hoxe fainos lembrar o noso bautismo; polo que fomos acollidos na grande asemblea da Igrexa. Desde aí, tod@s comezamos a ser Igrexa, e polo tanto empeñados, coma Xesús, na tarefa de facer dela rostro humano e visible de Deus.           Que na celebración de hoxe renovemos este noso compromiso de ser no mundo espello da presenza Deus. CORAZÓN MISERICORDIOSO No teu nome,Señor, recoñecemos a nosa insistencia en vivir nunha fe de queixa e tristura, que esquece a ...

Epifania 2014

CAMIÑAR, CAMIÑAR, CAMIÑAR... COMA OS MAGOS...SIGAMOS A ESTRELA QUE NOS LEVA ONDA O NENO! ESCOITA ACTIVA Nin eran tres, nin facían maxia, nin eran reis. Eran uns homes sabios, de alén das fronteiras xudías, que se puxeron en camiño para adorar ao Neno que viña de nacer. Hoxe xuntámonos para celebrar a festa da Epifanía, é dicir, a manifestación de Deus a todos os pobos, a todas as persoas. É unha festa que nos fala de universalidade e que vén botar abaixo a teima que tiñan os xudeus de que o Mesías que nacía ía salvalos só a eles. Velaí a intención de Mateu cando relata a adoración dos magos: transmitir que Deus nace para salvar a todas as persoas, que para El ninguén é estranxeiro. Por iso hoxe, neste día de ilusión, vimos diante do Señor, que é a estrela que guía a nosa vida. Oxalá que ningunha Boa Nova de solidariedade, xustiza e universalidade nos asuste. Oxalá que as escuridades da nosa vida non nos deteñan nin nos desvíen do que un día nos puxo no camiño e se nos of...

2 Nadal 2014

PALABRA DE VIDA, PALABRA DE ESPERANZA, PALABRA ENCARNADA,PALABRA DEFINITIVA... BENDITA PALABRA! Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Canto temos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós, non quedou á porta, senón que entrou ás nosas casas, á nosa vida, á nosa historia escrita tantas veces con páxinas de violencia e inxustizas... Isto é o que proclamaremos hoxe no Evanxeo de Xoán: a través da Palabra que acampou entre nós, Deus fíxose cercano e todos recibimos da súa man graza, tenrura e lealdade. Non se fixo carne en seres anxelicais, senón nun home de carne e oso, cos nosos ideais, coas nosas esperanzas, cos nosos desenganos e sufrimentos. Está dentro de nós: velaí o misterio da Palabra feita carne. Oxalá saibamos gustar o misterio dun Deus que non quedou fóra, diante da porta, senón que se fixo Deus connosco.   CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque seguimos sen querer recoñecerte nas persoas que camiñan a...