Ir al contenido principal

Entradas

3 Domingo Pascua Ciclo A

ONTE, HOXE, MAÑÁ….. GRAZAS PORQUE SABEMOS QUE ACOMPAÑAS SEMPRE O NOSO CAMIÑAR Descargar o ficheiro Lecturas 3 Domingo Pascua Ciclo A ESCOITA ACTIVA Coma os discípulos de Emaús , tamén nós hoxe te recoñecemos ao partir o pan. Un pan que moitas veces está duro, porque a vida non sempre é doada... pero alí estás Ti. Un pan que noutras ocasións está aínda sen facer e se converte en pequenos que non son queridos e cuxa vida non lles vale nada aos maiores que por eles deciden... pero alí tamén estás Ti. Un pan que noutras ocasións está tan queimado pola dureza da vida, polo abandono ao ser maiores, pola tristura de estar solos, pola falta de traballo, polo fracaso de todos os proxectos, pola desilusión que nos causan persoas ás que criamos amigas, un pan demasiado torrado...pero alí segues estando Ti.           Por iso nesta mañá, non só te recoñecemos no pan que se fai presente no medio da comunidade, senón que estamos decidid...