Ir al contenido principal

Entradas

25 domingo TO B 2015

HAI PERSOAS QUE SERVEN UN DÍA E SON BOAS. HAI OUTRAS QUE SERVEN UN ANO E SON MELLORES. OUTRAS SERVEN MOITOS ANOS E SON MOI BOAS... PERO TAMÉN HAI AS QUE SERVEN TODA A VIDA: ESAS SON IMPRESCINDIBLES E IMPORTANTES Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ·         ENTRADA: Amigos nas penas ·         LECTURAS: Benaventurados ·         OFERTORIO: Déixate querer ·         COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco OLLOS ABERTOS Na nosa sociedade é importante o home de prestixio, seguro de si mesmo, que acadou o éxito nalgún campo da vida, que sobresae por riba dos demais. Asemade, é importante a muller estupenda fisicamente, bela (aínda que só sexa por fóra), que acapara portadas das revistas, que ten ao seu lado un home “relevante”, con poder e con cartos.... Porén, a Palabra volve insistir unha e outra vez en que eses non son cri...

24 Domingo TO B 2105

A vivencia da fe ou é solidariedade ou non é fe. “ Sen feitos que a fagan crible, a fe non serve para nada” Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Camiñando pola vida o    LECTURAS: Camiñarei na presenza o    OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas o    COMUÑÓN: Déixate querer OLLOS ABERTOS Isaías e Santiago volven poñer diante dos nosos ollos onde está o importante, e onde debemos poñer o secundario e accidental da vida de fe. Unha fe que non se viva desde un actuar que ten a defensa e dignidade do ser humano no centro, non é máis que ideoloxía, intolerancia e dogmatismo. Unha tríade que pon as normas, as leis e ideas por riba das persoas. E, contra do que din aqueles que teñen medo a perder poder e mando, non han ser o medo, a desconfianza e a dependencia, para que outros decidan por un, o noso xeito de actuar e comportarnos. Se Deus nos creou libres e iguais en dignidade, non podemos deixarnos levar nin do c...

23 domingo TO B 2015

NON NOS CREA PARA O MEDO, SENÓN POR AMOR Descarga o arquivo  RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o ENTRADA: Con ledicia imos todos ao altar o LECTURAS: Canta aleluia o OFERTORIO: Gracias, Señor, graciñas o COMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS Deus créanos por amor. Para El non somos nin un capricho nin un xoguete co que se vai entretendo. Non. No seu crearnos por amor fainos iguais uns aos outros. Nin a cor, nin a lingua nin a cultura, e moito menos as características físicas son relevantes aos ollos de Deus. Para El somos iguais, sen distingos de ningún tipo. E neste ser iguais compartimos, tod@s sen excepción, a súa presenza en nós; por iso dicimos que somos a súa imaxe e semellanza, e polo tanto posuidores do mesmo respecto e sacralidade que a nós nos merece Deus. De aí que ningún tipo de exclusión, violencia ou desprezo pode ser xustificable para un cristián. Entendemos, logo, por que Francisco, unha e outra vez, chámanos a non converter os mares ...

22 Domingo TO B 2015

--> Nunha sociedade con persoas de mente tan dispersa, que difícil entender cando nos din: Escoita! Descarga o ficheiro --> RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Vinde axiña o    LECTURAS: Escoita ti o    OFERTORIO: Velaquí o    COMUÑÓN: Eu soñei OLLOS ABERTOS Escoitar estase a converter nunha actitude cada vez máis escasa e difícil. Escasa porque atarefados como andamos ao longo do día, sempre dun lado para o outro, pensando no noso e despreocupándonos dos demais, faise moi raro, mesmo complicado, que paremos a prestar atención a alguén que nos di e fala; principalmente se son cuestións referidas ao sentido da vida, á coherencia persoal entre o dicir e facer ou á necesidade de superar o individualismo para comezar a pensar en comunitario, de xeito que os demais, o que entre tod@s podemos facer ou as cousas da casa común, se convertan en esixencias nas que   poidamos estar implicados moit@s. Ase...

21 domingo TO B 2015

Palabras de vida para un mundo enchoupado de morte, esquecemento, indiferenza e exclusión. Señor, que nunca deixemos de escoitar a vida que traen as túas palabras Descarga o arquivo RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Vinde axiña o    LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida o    OFERTORIO: Aquí están Señor o    COMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS Dinos o evanxeo de hoxe que o Señor ten palabras de vida, palabras que alentan cando xa todo parece perdido, palabras que nos fan recobrar a fe no ser humano ao sentir a dor e a frustración pola capacidade que temos de facer dano uns aos outros; palabras que nos insisten, unha e outra vez, en que somos dignidade, fin e non medio, capacidade, posibilidade e proxecto sempre realizándose e nunca rematado. Deixemos que estas palabras enchoupen o noso corazón e nos fagan abandonar o noso escepticismo, a nosa mesquindade e a dúbida permanente de que todo d...