Ir al contenido principal

Entradas

Cristo Rei 2015

El é o centro do vivir e do obrar; márcanos un estilo de vida distinto, capaz de mover corazóns e arriscar vidas. O seu reinado é para as persoas, non para o poder nin o prestixio Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) LECTURAS: Veña o teu Reino (Nº 88) OFERTORIO: Cantádelle ao Señor (Nº 33) COMUÑÓN: Déixate querer (Nª 61) ESCOITA ACTIVA Chegamos ao final do Ano Litúrxico. Comezámolo o primeiro domingo de Advento e paseniñamente fomos percorrendo o camiño que nos ía mostrando a Palabra de Deus nas diferentes celebracións ao longo de todo este tempo. Ben seguro que nun período tan longo tivemos días bos, nos que estabamos ledos e felices; seguro que tamén foron aparecendo días tristeiros e cheos de preocupación. Pero sempre, en tódalas situacións e circunstancias, a Palabra proclamada quixo ser alento, forza e compaña; unha compaña que tamén experimentamos ao reunirnos en comunidade, xuntos. Sabendo que...

33 Domingo TO B 2015

Cando a busca da xustiza se converte en estrelas que iluminan o noso camiño, a eternidade deixa de ser medo para volverse horizonte cara onde camiñar na busca da plenitude   Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (2) LECTURAS: Escoita ao Señor (15) OFERTORIO: Recibe, Señor (31) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (51) ESCOITA ACTIVA Aparece hoxe na primeira lectura unha frase con moita forza e sentido na realidade actual. O profeta Daniel fala da importancia de educar na xustiza. Como ben sabemos educar é acompañar, axudar a tomar conciencia da realidade na que vivimos, posibilitar que un vaia tomando decisións e asumindo as consecuencias que delas derivan. Educar é camiñar no proceso de madurar gañando autonomía persoal e capacidade para descubrirnos libres e adultos, sen deixarnos manipular por voces -moitas veces interesadas-, que gustan que digamos e pensemos o que a elas lles ben...

32 Domingo TO B 2015

A xenerosidade só é crible se a convertemos na realización dos pequenos feitos de cada día, poñendo neles o respecto e a dignidade que nos merece cada rostro co que nos atopamos, que desde Deus mostra sempre, a súa “imaxe e semellanza” CANTO GOZOSO ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 54) OFERTORIO: Non vou so (Nº 60) COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 44) (Os números dos cantos son os do cancioneiro da Unidade Pastoral das Pontes, Diocese de Tui-Vigo) ESCOITA ACTIVA A clave da celebración de hoxe pasa por darnos conta de que ou convertemos a nosa vida en xenerosidade ou perde todo o seu sentido. Si, porque a xenerosidade fainos saír de nós mesmos, das nosas cousas e das nosas teimas para poñernos no camiño de descubrir que ao noso lado hai persoas, moitas, que necesitan ser escoitadas. Persoas que agradecen poder ter alguén ao seu lado que as escoite, anime e acompañe. É esta a xenerosidade misericordio...

Santos 2105

NA CASA COMÚN -O NOSO MUNDO- QUE NOS ABRE A UNHA COMUÑÓN CÓSMICA E MISERICORDIOSA, MANTEMOS VIVA A GRATITUDE DA MEMORIA QUE NOS FAI PRESENTES AS VIDAS DAS PERSOAS DE BEN QUE SE FORON, DEIXÁNDONOS A SÚA PEGADA Descarga o ficheiro

30 Domingo TO B 2015

APRENDAMOS A VER A TRAVÉS DOS OLLOS DE MISERICORDIA A REALIDADE QUE CONSTRUÍMOS, IMPERFECTA E NECESITADA DAS MANS E DOS CORAZÓNS DE CANTOS A CONFORMAMOS Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar LECTURAS: Contade as marabillas do Señor OFERTORIO: Eu soñei COMUÑÓN: Oh, Señor, escólleme OLLOS ABERTOS Constantemente escoitamos -mesmo tamén dicimos- que o mundo é imperfecto, que hai cousas que non nos gustan, que cada día uns teñen máis -moito máis- e a gran maioría menos ou nada. A pesares desta nosa queixa, pouco ou nada facemos para cambiar as cousas. Non estamos a falar de que vaiamos polos parlamentos , xuntas de goberno ou consellos de administración onde se decide; senón de que, alí onde esteamos, no achegado e pequeno da nosa vida, tamén estamos chamados a facer as cousas doutro xeito. Cambiar a forma de tratarnos, de relacionarnos uns cos outros, de axudarnos, e tamén de dicirnos as cousas que non facemos ben e debe...

29 Domingo TO B 2015 DOMUND

Construamos unha Igrexa universal enchoupada de misericordia Descarga o arquivo RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Eu soñei LECTURAS: Grazas, Señor, graciñas OFERTORIO: Misioneiro serás COMUÑÓN: Ide e pregoade OLLOS ABERTOS Hoxe é o día no que en toda a Igrexa celebramos a Xornada pola evanxelización dos pobos. Evanxelizar é facer da Boa Nova, do Evanxeo, proposta de vida para nós e para aqueles que, a través do noso testemuño, se ven sorprendidos pola nosa coherencia no actuar, a nosa honestidade no traballar e a nosa caridade no acoller. Evanxelizar é tamén un verbo que expresa movemento, acción, dinamismo. Tres realidades que integramos na nosa vida cada día, desde que nos erguemos ata que nos deitamos, para poñelas na man de Deus e ofrecérllelas convertidas en obras que van poñendo nos ollos, beizos e corazón das persoas paz, igualdade e misericordia. Por iso esta Xornada non debe ser só para facer unha colecta e enviárllela aos máis pobres. I...