--> Deus móstrasenos, non se agocha. A pesares das dificultades e problemas; por moito que nos veña a tentación de darlle as costas, El segue a confiar en nós para ofrecernos a súa misericordia. Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO: Colocamos no taboleiro a derradeira silueta: os avós e as avoas. Con ela completamos o cadro que ao longo do tempo de Advento invitounos a reflexionar sobre a realidade das nosas familias; para que fosemos descubrindo que a familia ha ser o centro desde o que comecemos a aprender a vivir a misericordia que nos ofrece o Deus Neno que chega e chama, para quedar nas nosas casas. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) OFERTORIO: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESCOITA ACTIVA Chega a paz. Non ten outro nome. Non quere ser Deus de guerra, violencia, enfrontamento ou poder. El é a...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra