Ir al contenido principal

Entradas

32 Domingo TO B 2021

  SÓ CAMIÑANDO XUNT@S PODEMOS ENTENDER POR QUE SOMOS IGREXA CANTO GOZOSO Entrada: Con ledicia vimos todos ao altar   (Nº 2)/ Pedras vivas Lecturas: As túas palabras Señor Ofertorio.-   Pan do ceo (53) Comuñón.- Ti é-lo pan do ceo (54) OLLOS ABERTOS             Paz e ben no nome de Xesús. O domingo volve ser día de encontro e oración compartida, de palabra proclamada e invitada a convertela en vida, en experiencia de comuñón desde o sorriso ofrecido, e o saúdo saído do corazón froito da alegría de volver atoparnos para agradecer que Deus fai posible que nos volvamos ver para compartir e celebrar.             Poñamos o mellor de cada un/ha para que se aqueza o noso corazón e se alimente a nosa esperanza. CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque seguimos caendo na tentación de aparentar o que non somos; SEÑOR, LIBÉRANOS DO EGOÍSMO . Porque non sempre somos quen de d...

31 domingo TO B 2021

Que non te confundan: só é amor se pasa polo corazón. O demais... simple engano Canto  gozoso Entrada .- Camiñando pola vida (Nº 9)  Lecturas .- Veña o teu reino (Nº 88) Ofertorio .-  Ti é-lo pan do ceo (Nº 54) Comuñón.- O amor é o meirande (Nº 120)) OLLOS ABERTOS Con que facilidade utilizamos a palabra amor para expesar sentimentos ou definir unha relación entre persoas! Pero se pensamos un pouco, descubrimos que é moito máis doado falar, dicir, contar que vivir. Porque o amor non é unha palabra, por moito que se repita, nin un impulso físico. O amor é a vivencia que nos fai recoñecernos com persoas iguais, respectuosas unhas con outras e coa capacidade de valorar canto unhas e outras somos capaces de facer polos demais. É sempre unha entrega xenerosa que se expresa na forma de tratarnos as persoas entre nós. A este amor é ao que Xesús se refire no evanxeo de hoxe. Traballemos logo cada día para que deixemos que este amor xeneroso, entregado, dialogante, igualitario e ...

DOMUND 2021 - 30 Domingo TO B

  Domingo 30 do Tempo ordinario CONTEMOS O QUE TEMOS VISTO E OÍDO CANTO GOZOSO Entrada .-  Que ledicia miña ( 4) Lecturas .- Escoita ti ( 26 ) Ofertorio .-  Misioneiro (115) Comuñón .- O pouco que Deus nos da (Pan do ceo, pan de vida Nº 53)    OLLOS ABERTOS          Neste domingo celebramos a dimensión misioneira da Igrexa: a xornada do Domund, o domingo das misións. Unha invitación a mirar máis alá dos nosos pequenos mundos particulares, porque a Igrexa é universal, e como servidora de canto humaniza a vida daxente, a súa misión é estar alí onde a situación das persoas máis empobrecidas o precise.          A lenda desta xornada lémbranos que todo o turbillón de vivencias compartidas e de presenzas múltiples ao lado das persoas descartadas deste mundo, non podemos gardalas para nós, senón que estamos obrigadas e obrigados a comunicalas ao mundo para que non esqueza que ...