Ir al contenido principal

Entradas

18 domingo TO C 2025

DEIXÉMONOS DE ANDRÓMENAS   CANTO GOZOSO   ©       ENTRADA: Acharte presente na vida (Nº 51 ©       LECTURAS: Como che cantarei (Nº 28) ©       OFERTORIO: Grazas, Señor graciñas (Nº 50) ©       COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53)   OÍDOS PARA ESCOITAR   Comezando o mes de agosto, mes de vacacións, a nosa celebración invítanos hoxe a mirar cara dentro de nós para recoñecernos como persoas finitas, vulnerables, dependentes unhas de outras. “ Nada máis ca un sopro, un lene sopro, un breve aire é todo ” escoitaremos na primeira lectura. E esta sentencia que é tan real e que tan a miúdo repetimos cando as cousas veñen mal dadas, moitas veces non somos quen de integrala na nosa vida cotiá. Perdemos tempo e enerxía discutindo, atesourando, cobizando ou envexando cando a vida dura un instante e todo queda aquí. Que a celebración que agora imos comezar nos axude a andar o único camiño q...

Santiago Apóstolo 2025

  Santiago Apóstolo 2025   COMPARTAMOS O TESOURO DA FE ENRAIZADO NA TERRA DA DIGNIDADE COMPARTIDA              Cantos .-          Entrada.-  Pedras vivas Lecturas.-  Canta o sol  ( 22 ) Ofertorio.-  Na nosa terra  ( 36) Comuñón.-  Oh, Señor, escólleme  ( 62)   PÓRTICO              A festa do Apóstolo Santiago vivímola en toda Galicia unida ao agradecemento de poder vivir, celebrar, agradecer e compartir unha mesma cultura, unha mesma lingua e un mesmo sentir desde o noso ser galegos e galegas. Isto fainos dar grazas a Deus pola fe recibida a través do testemuño dos nosos familiares, que, xunto con ela, transmitíronnos tamén o amor a esta terra, terra que ten que ser sempre casa común e de sorriso de corazón aquecido.  Pero non podemos esquecer que esta foi tamén terra de...

16 domingo TO C 2025

COÑECER PARA PODER QUERER E COIDAR CANTO GOZOSO Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2). Lecturas.- Escoita ti (Nº 26). Ofertorio.- Grazas, Señor na mañá (Nº 117 ). Comuñón.- Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) OLLOS ABERTOS Hoxe apenas nos decatamos do carácter revolucionario do comportamento de Xesús diante das mulleres, atentando contra os costumes máis venerables daquela sociedade. Rompendo os prexuízos e as costumes de manter ás mulleres á marxe da Escritura, Xesús acéptaas entre os seus seguidores e discípulos, nunha actitude nova para un xudeu. Ben sabía El que hai que coñecer para poder querer e coidar. Aínda hoxe temos moito que aprender deste comportamento, tanto a nivel institucional como a nivel persoal. E é que calquera tipo de discriminación e marxinación, ás que seguimos sendo tan propensos, atenta contra o novo proxecto de relacións humanas que se inaugura coa chegada do Reino. O evanxeo que hoxe proclamamos lémbranos que para Xesús o xénero non é a liña divisori...