Ir al contenido principal

Oracions SEMANA SANTA 2012


A Semana Santa sitúanos ante os momentos derradeiros da vida de Xesús, cando o inocente morre a golpe de abuso e prepotencia. Houbo e hai e hai moita máis xente que pasou pola mesma proba. Estes días son días para condoerse, para revisar as opcións máis fondas pólas que un se move na vida, para abrimos cara á solidariedade, para aprender a tomar máis en serio a Deus e á xente. Coma Xesús.        

Discípulo que escoita              
a Deus cada mañá,      
porque de Deus recibe            
a graza de escoitar.      

Discípulo que aprende                                                                                                                            a forza da palabra,          
para instruír con paciencia     
e animar ao que cansa.            

Discípulo disposto
ao que o Señor dispoña,        
sen recuar de medo,    
sen contestar nin cousa.

Discípulo arriscado
Na loita da xustiza,
expoñendo o seu rostro,
o corpo todo, a vida.

Discípulo confiado
no Deus Pai que del terma,
no Deus que está a carón
do pobre, que o libera.

Discípulo exultante
que troca en brillo fino
o rostro machucado
nos rostros do oprimido.

Discípulo Xesús,
discípulo contigo,
na cruz do sufrimento
amargo e redentivo.


OS CAMIÑOS DA SALVACIÓN

Xesús vai contigo,
contigo fai a viaxe
Ao longo do mar da vida
a traveso do monte polo que camiña.
Non teñas medo,
goza coa tranquilidade da súa compaña.

Xesús vai contigo,
levas un bo guieiro,
coñecedor das vías do mar
e dos carreiros do monte.
Podes camiñar seguro.

Xesús vai contigo,
renovando o teu alento,   
empuxando a túa canseira,  
chamándote ó camiño    
cando tordeas na noite,
erguéndote
cando as ondas arrastran o teu corpo.

Xesús vai contigo,
pero iso non che evita
que sangren os teus pés,
que molles o teu corpo,
que naufragues algún día.

Xesús vai contigo,
pero ti loita, súa, traballa,
busca, pregunta, camiña,
solidariza te, calle a cruz
e morre, se fai falla.

Así son os camiños      
da salvación de Deus.

           
AGRADECEMENTO POR XESÚS

Quero loarte, Xesús,
Quero erguer as mans, a voz, o corazón,
Quero proclamarte bendito de Deus diante de todos,
Quero honrarte e admirarte.

Grazas por toda a túa vida,
desde o teu nacemento ata o día de hoxe
en que tralas sombras dos ramallos que te aclaman
Se adiviñan as mans traidoras que acabarán contigo.

Grazas por deixarte levar sempre polo Espírito,
Grazas por faceres sempre a vontade do Pai,
grazas pólos teus tempos longos de oración,
grazas pola defensa diaria dos marxinados.

Despois de ti,
todo e novo e diferente para nós.
A Deus podemos chamarlle confiadamente Pai,
sempre, incluso nas hora mouras do noso pecado.
A calquera persoa,
sexa da cor e clase que sexa,
podemos chamarlle sempre irmán,
con convencemento e con realismo.

Grazas, Xesús, eu quero loarte,
contigo a relixión faixe nova e diferente;
contigo o mundo avanza en solidariedade;
contigo todos estamos orgullosos de Deus;
contigo estamos orgullos de ser humanos.

ACORDAREIME DE TI

Acordareime de ti,
en Xetsemaní;
poñereime nas mans de Deus Pai
e seguirei loitando.

Se algunha vez
me sinto fracasado/a
nas miñas aspiracións máis fondas e limpas
e vexo con amargura
que o mal e os poderosos
impiden a liberación dos pobres.

Se algunha vez
me vexo só/a e aflixido/a,
sen amigos, parentes ou veciños
que me consolen con cariño;
se alguén dos máis achegados
me dá un bico de traizón.

Se algunha vez
me vexo perseguido/a
por defender os humildes,
por facer irmandade entre veciños,
por conseguir a unión que dá progreso,
e as malas linguas
cosen e descosen a miña fama.

Se algunha vez
a morte é algo tan próximo e tan certo
que xa a palpo,
que xa a sinto petar á miña porta,
e a dúbida polo que fixen
ou deixei de facer
medra por segundos na miña conciencia.

Acordeime de ti,
en Xetsemaní.
Poñeríame nas mans de Deus Pai
e seguirei loitando.


ESTE É O TEMPO DA HISTORIA

Este é o tempo da historia,
da historia dura e pura;
da paixón de Deus desbordante
e das realidades humanas.

É tempo de morte e vida,
de salvación a mans cheas;
do nós compartido,
do todos ou ninguén,
e do silencio respectuoso e contemplativo.

Tempo de amor e de clamor,
tempo concentrado, non adulterado,
tempo de sorber ata a derradeira gota.
Tempo de nova alianza e de fidelidade
por riba do que sabemos, queremos e podemos.

Tempo no que Deus toma a dianteira
para ofrecemos a vida a mans cheas.
É tempo de todos os que perderon,
dos que sufriron ou malviviron.

É tempo da memoria subversiva,
de Deus facendo xustiza e dándonos vida.

Á VIDA QUE É GRAZA

Canta un canto sinxelo e alegre como a vida
que é púrpura salvaxe e arrecife escumoso,
himno e axitación das criaturas,
como a vida que é amor, que é alegría,
como a vida que é graza ...

A miña alma balbuce como un neno
os nomes das cousas e se embriaga ...

Ti soa, oh Vida,
a única graza nos conservar,
o gozo elemental, inocente,
de sentirche fluír
polas nosas máis remotas canles
ata o mesmo instante
en que arrolamos á tristeza
nos nosos brazos como a un anxo
atormentado de insomnios,
como a un anxo murcho
que desmaiase sobre nós,
reflectindo un mundo vago e impuro
na graza borrosa das súas pupilas ...
                                                           Ricardo Molina


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...