366 DÍAS, 366 RAZÓNS PARA NON SER INDIFERENTE CANTO GOZOSO o Panxoliñas ESCOITA ACTIVA Bos días e feliz ano novo para tod@s!!! O mes de xaneiro que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer na súa man estes doce meses que temos por diante. Sabemos que teremos días bos, outros que serán regulares e mesmo pode que algún deles estea cheo de negros nubarróns; pero tan certo coma iso é que Deus estará con nós, porque nos quere, porque somos o máis importante para El, porque, a diferenza do que facemos nós, El nin quere nin pode ser indiferente diante da dor, da tristura e da desesperanza. Que, como María, a quen hoxe celebramos na súa maternidade, deixemos que a Palabra cuestione a nosa vida e nos axude a trocar a globalización da indiferenza pola revolución da tenrura. Comezamos?. CORAZÓN MISERICORDIOSO Par...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra