So unha invitación para unha lectura máis repousada Descarga o ficheiro O xoves 18, o Papa Francisco ben de agasallarnos con un texto, a súa segunda carta encíclica, “ Laudato si ” – Loado sexas - .Texto que foi asinado por el no día de Pentecostes, o 24 de maio en Roma, e no que nos invita a poñe-los pés no chan sen deixar de mirar ao ceo. Si, porque chama a nosa atención para que botemos unha mirada á casa na que tod@s, os sete mil millóns longos de habitantes, vivimos: o mundo. Non é un texto que aborde só o tema do medio ambiente, senón que vai máis ao fondo. Pon diante dos nosos ollos a reflexión global, sen fixarse só nun aspecto, sobre a ecoloxía humana en todas e cada unha das súas dimensións. E faino así porque os problemas do mundo non se reducen nin se circunscriben, inda que tamén, ás cuestións referentes á contaminación por parte das grandes empresas; non, os problemas do mundo aféctannos a tod@s e desde perspectivas diversas. E no centro de tódolos enf...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra