PÓRTICO As palabras da carta de Paulo resoan nos nosos oídos coma un aldabonazo que nos fai poñernos as pilas. E isto é así porque moitas veces pensamos que o mundo do traballo é pura e simplemente un medio de gañar cartos para logo poder gastalos. Equivocados estamos se pensamos así!. O traballo é medio para obter uns ingresos, pero o seu fin non debemos situalo aí, pois estaríamos quitándolle todo o sentido de realización persoal, encontro cos demais, aportación ao desenvolvemento da sociedade... o que supón, para que sexa deste xeito, estar atentos para a denuncia, sempre que por medio do traballo dos outros, haxa persoas que se enriquezan, os exploten, lles supriman dereitos ou manteñan situacións de escravitude –que inda que nos pareza estraño, seguen existindo-. Dignificar o traballo e as súas condicións é tarefa de tod@s, por iso ter un posto de traballo é moito máis que unha posibilidade de gañar cartos; é un medio que nos fai crecer coma persoas e abrirnos á sensibilidade de s...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra