Ir al contenido principal

Entradas

Domingo 18 TO 2010

POLA CASA E MAIS O PAN, POLO TRABALLO ....GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!! PÓRTICO A nosa celebración de hoxe invítanos a agradecer e valorar o mundo laboral. Si, aínda que moitas veces dicimos aquilo de "a quen inventou o traballo había que matalo", desde a visión antropolóxica cristiá o traballo é camiño de realización persoal, xa que grazas a el colaboramos con Deus recreando a creación. E cando falamos de traballo non nos estamos a referir só a aquel que ten unha remuneración económica, senón que neste concepto tamén van incluídos (como non podía ser doutro xeito), aqueles outros que, sen que haxa salarios polo medio, a xente desenvolve como camiño de realización: amas de casa, voluntarios.... Por iso nesta mañá de domingo, vimos agradecidos onda o Señor para rezar xuntos, compartir a nosa fe e pedir polo mundo laboral e por tantas persoas que, por mor da crise económica, van vendo como van quedando ao marxe deste mundo. Oxalá nós esteamos sempre dispostos a acompañalas. O PERDÓN...

Santiago Apostolo 2010

Confianza e servizo…o mellor camiño para vivir nesta Terra Pórtico      Nesta mañá de domingo na que estamos xunt@s para celebrar a fe, é importante facer memoria de que a presenza de Xesús hoxe entre nós ábrenos a unha comuñón solidaria coa terra - é o día de Galicia- e coas súas xentes, todos e todas nós, os galeg@s. Ademais, este vintecinco de xullo é tamén ano de perdoanza e misericordia, ano de proxectos e ilusións, ano de esforzo e cansazo… ano no que sabemos que todo paga a pena cando ao final se acada a meta. E a nosa meta non é xeográfica, senón de convición, sentido e horizonte vital. A meta non é a cidade de Santiago, senón Cristo, bo camiño. Deixemos que Xesús sexa o caxato no que nos apoiemos ao longo das etapas da nosa vida. Perdón Por non acabar de poñernos no camiño que dá sentido á nosa vida , SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑO. Porque moitas veces claudicamos diante do cansazo e as dificultades, renunciando a seguir camiñando, CRISTO, ALENTA O NOSO CAMIÑO. Porque non acabam...

Domingo 16 TO 2010

A FORMACIÓN AXUDA A ROMPER CLICHÉS QUE ATENTAN CONTRA O REINO DE DEUS PÓRTICO Hoxe apenas nos decatamos do carácter revolucionario do comportamento de Xesús diante das mulleres, atentando contra os costumes máis venerables daquela sociedade. Rompendo os prexuízos e as costumes de manter ás mulleres á marxe da Escritura, Xesús acéptaas entre os seus seguidores e discípulos, nunha actitude nova para un xudeu. Aínda hoxe temos moito que aprender deste comportamento, tanto a nivel institucional como a nivel persoal. E é que calquera tipo de discriminación e marxinación, ás que seguimos sendo tan propensos, atenta contra o novo proxecto de relacións humanas que se inaugura coa chegada do Reino. O evanxeo que hoxe proclamamos lémbranos que para Xesús o xénero non é a liña divisoria para acoller e traballar polo Reino. Quen apela a iso segue aferrado a leis e costumes antigas e está ben lonxe de entender a súa mensaxe. Oxalá, formándonos, traballemos para romper clichés que atentan contra a d...

Domingo 15 TO

ENFERMOS DE NARCISISMO PÓRTICO Mira pero non toques!. Este parece ser o lema do noso tempo. Á nosa memoria veñen os vídeos de pelexas, de vexacións a persoas que se colgan na rede, feitos por miróns que non teñen reparo en quedarse á marxe e non intervir. E baixo a escusa de non complicarnos a vida ou de non contaminarnos, deixamos que suceda todo como espectadores, sen máis. A celebración de hoxe, pídenos que nos impliquemos, que descubramos no outro a unha persoa que necesita de nós. Onde está o teu próximo?. Aí. Pois, a que esperamos para achegarnos?. O PERDÓN Señor, na nosa sociedade hai demasiado consumo inútil, superficial e egoísta. Para que nos decatemos de que é inxusto e inhumano seguir disfrutando sen límite, mentres deixamos a tant@s irmáns sen o que lles cómpre para vivir con dignidade, SEÑOR, QUE NOS FORMEMOS PARA COÑECERTE. Porque a nosa fe redúcese a un mero aparentar, pois non ten repercusións na nosa vida, CRISTO, QUE NOS FORMEMOS PARA COÑECERTE. Non ...

DOMINGO 14 TO

No colo do Deus nai atoparemos consolo PÓRTICO Estamos tan afeitos a escoitar que temos que ser testemuñas daquel en quen cremos, que o dicimos coma un sonsonete rutinario, sen pararnos a pensar qué supón iso para a nosa vida de crentes. Porque que é unha testemuña?. Pois é aquela persoa que coñece un determinado feito e pode dalo a coñecer a outras persoas. De verdade nós vivimos a experiencia da fe coma algo liberador, que aporta algún sentido á nosa vida, que pode ilusionarnos e facernos contaxiar en abano esta ledicia e estas ganas a quen camiña con nós?; ou máis ben convertemos a nosa fe nun tranquilizante, nun cumprimento, nunha canga insoportable que poñemos sobre os nosos ombreiros e mesmo tentamos impoñela sobre os dos demais?.     A nosa celebración de hoxe invítanos a reflexionar sobre o feito de que, se nós non estamos convencid@s de que paga a pena seguir a Xesús, que El nos fai mellores persoas, mellores cidadáns, mellores veciños, mellores compañeir@s de traballo.... non...

DOMINGO 13 2010

DETENTE!!!!!!!! A INTOLERANCIA E O FANATISMO NON CONSTRÚEN REINO PÓRTICO Hoxe toda a celebración xira ao redor do seguimento. Un seguimento que se nos mostra como alegría e dispoñibilidade. Un gozo que soamente o pode entender quen é capaz de poñer a Xesús coma guieiro da súa vida. É verdade que ao noso redor vemos moitas persoas, homes e mulleres, que din seguir a Xesús, pero logo na súa vida, nos seus feitos, esta afirmación queda baleira. Miran atrás non con gozo, senón con nostalxia, buscando repetir o que noutro tempo foi pero agora xa non pode ser; e como miran con nostalxia son incapaces de descubrir que a fe é esperanza, gozo, liberación. Si, son incapaces porque seguen a estar no onte, e non entenden que só orientando a vida cara a plenitude do mañá se lle pode dicir a Xesús; "aquí estou, Señor." O PERDÓN Cantas veces. Señor, temos convertido o noso seguimento en nostalxia dun pasado que non acabamos de deixar atrás, por iso che dicimos, SEÑOR, ENSÍNANOS TI O CAMIÑO ...

Domingo 12 TO

Non oias simplemente. Aprende tamén a escoitar, porque só así saberemos dicir quen é El. Abride os ollos, movede os pés!!   Pórtico     Cada día é maior o número de xente que se esforza por buscar as súas raíces, saber de onde xurde a súa identidade, coñecer a súa propia cultura e lingua… é dicir non esquecer que a memoria histórica, persoal e colectiva, é fundamental. Pois se no noso ámbito de cidadáns é importante non esquecer de onde vimos e onde estamos, moito máis importante, fundamental teriamos que dicir, é cando nos referimos ao mundo da fe, a canto se refire ás conviccións persoais; esas conviccións que van modulando e configurando a nosa vida. Tamén a nós Xesús nos fai a pregunta, nada retórica por certo, como lla fixo aos seus discípulos: e vós, quen dicides que son?. E para respondela xa non nos valen as respostas que lle temos escoitado a outros, non, o que nos pide Xesús a cada un de nós é o esforzo por pararnos a pensar e responder de xeito persoal a esta pregunta. Noutr...