POUCAS VECES, QUEN RECIBE O QUE NON MERECE, AGRADECE O QUE RECIBE PÓRTICO A todas as persoas nos debería saír facilmente do noso corazón e dos nosos beizos a palabra GRAZAS. Na nosa casa, na nosa familia, no noso traballo, na nosa comunidade… en todos os lugares e circunstancias da nosa vida. Pero non só como unha mera palabra ou como norma de educación, senón como algo máis fondo: coma unha actitude que emana do amor que Xesús dixo que nos debía caracterizar, pois a gratitude significa valorar ao outro, tratalo con respecto e consideración, estimalo. E esta gratitude tamén debe a nosa actitude para con Deus, porque… temos tantas cousas que agradecerlle!!!!!!!!!!!!!: a vida, a familia, @s amig@s, a natureza… Que esta celebración nos abra á gratuidade para con Deus e para cos demais. O PERDÓN ð Porque en demasiadas ocasións vimos celebrar a fe por cumprir un precepto, por unha tradición, por rutina… sen deixarnos enchoupar pola túa graza e polo teu amor, SEÑOR, ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra