Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA A vida é un continuo ir sementando por onde imos pasando. Sementamos boas obras, ou malas; sementamos paz, ou enfrontamento; sementamos testemuño, ou antetestemuño... Pero a nosa sempre é unha sementeira diante da que debemos estar termando, para que as malas herbas non tapen o froito do que facemos ben. Xesús invítanos hoxe a que revisemos como estamos a preparar a terra do corazón para que a semente que El vén de sementar dea froito abondoso de boas obras e actitudes que nos fagan máis xustos, solidarios e honestos; non deixando que nin as malas herbas nin a pouca fondura da terra sequen canto hai de bo no noso corazón. CORAZÓN MISERICORDIOSO Que non deixemos que as malas herbas aniñen no noso corazón, SEÑOR, QUE A SEMENTEIRA DEA BO FROITO. Que non deixemos que a pouca fondura das nosas conviccións nos leve a actuar de xeito contrario ao Evanxeo, CRISTO, QUE A SEMENTEIRA DEA BO FROITO. Que non nos deixemos levar polo aparen...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra