Ir al contenido principal

Entradas

4 Domingo Pascua B Bo Pastor

A IMPORTANCIA DE NON REXEITAR: NIN O MOITO É VALIOSO NIN O POUCO É DESPREZABLE. COÑECER PARA ESCOLLER Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO §   ENTRADA: Bendito Ti, Xesús Resucitado §   LECTURAS: O Señor é o meu Pastor §   OFERTORIO: Pedras vivas §   COMUÑÓN: Non vou so ESCOITA ACTIVA Boas días. Rezaremos no salmo responsorial que a pedra que desbotaron os canteiros, é agora a esquinal sobre a que se sostén a construción. Canta razón!. Si, porque moitas veces o que facemos é rexeitar o que a primeira vista nos puidera parecer pequeno e sen valor, volvéndonos tolos coas cousas voluminosas, grandes e aparentemente máis valiosas. Pero só aparentemente, porque logo, cando as abrimos e as coñecemos, dámonos conta de que non valen nada. Deste mesmo xeito actuamos tamén en relación coas persoas. As que aparecen nos medios de comunicación, as que pensamos que teñen cartos, poder, ou as que máis se fan ver, coidamos que son importantes e temos que arr...

3 Domingo de Pascua B 2015

PAZ: ALGO MÁIS QUE UNHA PALABRA BONITA Descarga o ficheiro   CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos LECTURAS : Xesús é Señor OFERTORIO: No colo da miña nai COMUÑÓN: Pan do ceo ESCOITA ACTIVA Porque é posible cambiar as cousas e non estancarse no mesmo de sempre, Pascua quere ser unha invitación a non esquecer esta grande mensaxe. Vexamos as cousas con ollos novos! Deixemos atrás as nosas tristuras! Poñámonos a andar! Non teñamos medo. Coma os de Emaús, que tamén nós o poidamos recoñecer ao partir o pan. Que a celebración que agora comezamos sexa para nós alento e forza para no noso camiñar cotián. CORAZÓN MISERICORDIOSO û   Cando nos sentimos pobres, e esperamos en Ti, SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. û   Cando buscamos a verdade e non calamos diante das inxustizas, CRISTO, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. û   Cando, dende a humildade e a sinxeleza, ofrecemos a nosa vida, SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. PALABRA ENRAIZADA...