Ir al contenido principal

Entradas

28 domingo TO C 2022

TODA A TERRA É PRESENZA DE DEUS. NON DEIXEMOS NUNCA DE AGRADECELO CANTO GOZOSO ENTRADA:  Non vou só (Nº 60) LECTURAS:   Cantádelle ó Señor unha cantiga nova  (Nº 23) OFERTORIO : Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN : Quédate, Señor, connosco (Nº 63)   DESPEREZANDO O INTERIOR De misericordia e confianza vainos falar hoxe a palabra de Deus. Ámbalas dúas son eixes desde os que constantemente se nos invita a camiñar aos seguidores e seguidoras de Xesús. Pero camiñar non é só tirar para adiante. Iso sería unha visión moi curta do seu significado. Camiñar pide de nós unha mirada agradecida de todo o que vemos; unha mirada acolledora de todo canto imos descubrindo; unha mirada de gratuidade por todo canto imos recibindo e nos fai mellores e máis felices.        Camiñemos entón deste xeito para sentir a fondura agradecida da presenza de Deus nas persoas e máis na vida.   CAMIÑANDO NA MISERICORDIA   ·        ...

27 domingo TO C 2022

SÓ QUEN SABE PERSEVERAR É CAPAZ DE DESCUBRIR QUE DEUS NUNCA NOS DÁ AS COSTAS Cantos     Entrada.-     Andarei na presenza do Señor ( 9  )     Lecturas.-    Deixate querer (  )        Ofertorio.-    Eiqui están, Señor   ( 34 )     Comuñón.-   Acharte presente   (54) ESCOITA ACTIVA No tempo as tecnoloxías e mais da hiper comunicación , nunca as persoas nos temos sentido máis solas e desasistidas. Isto invítanos a non esquecer que o cerne de tódalas cousas que fan felices aos seres humanos non está nin no ter nin no posuír, senón no compartir, acompañar, escoitar ou mostrar que de verdade as persoas son, somos, importantes, e como tal querémonos, preocupámonos unhas polas outras, sen deixamos de lado como de fosemos trapos de usar e tirar.     En todo este sabernos acompañados, as persoas crentes, percibimos que  nesa compañía está o Deus que en ...

26 domingo TO C 2022

AQUÍ CONSTRUIMOS UN FUTURO CON PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS!!!!!!!!!! CANTOS ö    ENTRADA: Todos xuntos coas mans unidas ö    LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) ö    OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) ö    COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) OLLOS ABERTOS Sen lugar a dúbidas, as migracións constitúen un sinal de identidade do noso tempo. Son múltiples as causas deste fenómeno: económicas, laborais, políticas, debidas ao fanatismo ou ás guerras.... mais todas teñen un fío condutor, un denominador común: a desesperación. Porque non nos enganemos: ninguén deixa atrás a súa terra, a súa familia, a súa lingua, a súa cultura... se non é movido pola desesperación que leva a esas persoas a buscar un futuro mellor aínda poñendo en risco a súa propia vida. E cando chegan ou tentan chegar ao seu país de destino, que atopan? Fronteiras pechadas, xenofobia, exclusión, rexeitamento, marxinación, miradas discriminatorias e acusadoras (“quítannos o traballo”), desconfianza.....