ENTÓN, CANDO O VEXAS, ESTARÁS RADIANTE E O TEU CORAZÓN LATEXARÁ E ENSANCHARÁ CANTOS: Panxoliñas OLLOS DE ESPERANZA Hai poucos días invitábasenos a acoller a Luz que vén ao mundo para traernos esperanza e paz. Unha Luz que non esmorece, unha Luz que alumea as sombras e as tebras que por veces queren instalarse no noso corazón. Acoller a Luz fai que se cumpra en nós aquilo que hoxe proclamaremos na primeira lectura, tomada da profecía de Isaías: “entón, cando o vexas, estarás radiante, e o teu corazón latexará e ensanchará”. A manifestación do Señor a todos os pobos, a súa Epifanía, a festa que hoxe nos convoca para rezar en comunidade, invítanos a ensanchar o noso corazón para camiñar levando esa Luz ás persoas que non están, ás persoas enfermas, ás persoas migrantes, ás persoas que pasan por calquera dificultade. Que a celebración de hoxe nos encha de ánimo para levar a cabo esta fermosa tarefa. CORAZÓN MISERICORDIOSO Coma os Magos, prostrámonos diante túa e pedímosche...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra