BEBAMOS DA AUGA QUE O SEÑOR NOS OFRECE PARA QUE NUNCA MÁIS TEÑAMOS SEDE Cantos § ENTRADA : Pedras vivas § LECTURAS: A auga do Señor (Nº 125) § OFERTORIO : No colo da miña nai (Nº 49) § COMUÑÓN : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) COS PÉS NA TERRA A festa de hoxe, o Bautismo do Señor, que pecha o tempo de Nadal é unha invitación a tomar en serio a Encarnación de Deus, comprometéndonos como persoas adultas e coherentes no seo da comunidade eclesial para que sexa sinal de verdadeira sinodalidade. A auga, símbolo de vida, purificación e limpeza é na celebración de hoxe o signo que nos quere pór de manifesto que un día fomos incorporados á comunidade cristiá como membros chamados a participar nela para facer viva e activa a nosa presenza. Non somos meros espectadores do que ocorre na Igrexa. Somos protagonistas, e ese protagonismo non podemos deixalo nas mans doutras persoas, coma se elas foran as ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra