Ir al contenido principal

Sagrada Familia 2012


“A familia, na que se reúnen distintas xeracións e se axudan mutuamente a adquirir unha sabedoría máis plena e a conxugar os dereitos das persoas coas outras esixencias da vida social, constitúe o fundamento da sociedade”. (G.S. 52)

FAGAMOS DAS NOSAS FAMILIAS VERDADEIRAS COMUNIDADES DE VIDA E AMOR

PÓRTICO
A familia é o mellor berce de Belén. Nunha familia naceu Xesús e en familia pasou a meirande parte da súa vida. Na familia aprendeu a rezar, a ler, a traballar. Foi en familia onde Xesús medrou en idade, sabedoría e graza, onde aprendeu a obedecer e a servir. Pola súa banda, Xesús dignificou e santificou á familia, converténdoa en algo sagrado.

Neste tempo de Nadal, familiar por definición, xuntámonos nesta mañá para celebrar a festa da Sagrada Familia. Pode ser este un bo momento para que tod@s botemos unha ollada a como cada un e cada unha de nós imos colaborando para que nas nosas familias se poida vivir o sentido cristián: se nos queremos, se nos escoitamos, se somos capaces de crear un clima de respecto e confianza... porque só se somos quen de vivir nas actitudes da familia de Nazaret, poderemos levar con dignidade o nome de cristiáns.

O PERDÓN
ü  Porque moitas veces esquecemos que formar parte dunha familia esixe de nós esforzarnos por crear nela espírito de colaboración, participación e servizo, SEÑOR, QUE SEXAMOS FAMILIA NO AMOR.
ü  Porque moitas veces non poñemos da nosa parte esforzo para crear un clima de entendemento e paz nas nosas familias, CRISTO, QUE SEXAMOS FAMILIA NO AMOR.
ü   Por  non conseguir integrar a Deus no camiñar das nosas familias, SEÑOR, QUE SEXAMOS FAMILIA NO AMOR.

REMUÍÑO
            O libro do Eclesiástico lémbranos algo que moitas veces, na nosa sociedade opulenta e inhumana, esquecemos: sen respecto non é posible a educación. Coa autoridade que Deus lles confía, os pais deben asumir a súa responsabilidade de ser educadores. E no seu quefacer, ás veces deberán contradicir os caprichos dos seus fillos (crían un fillo, non un porco) para que aprendan o esforzo, o sacrificio, a renuncia, o dominio propio, a confianza, a comunicación... o respecto, porque sen valores coma estes, a convivencia familiar e social é moi difícil que se vaia construíndo. Na familia, a vida créase, recíbese e faise medrar na colaboración, no servizo, na superación, na comuñón, na axuda mutua, no compromiso, en compartir penas e alegrías. Porque o amor é a enerxía máis grande, o que une á familia, o máis esixente e gratificante. É a alma de toda a familia. Non habería nin comunidade nin vida sen amor. Isto leva a poñer ao outro por riba de todo, a dar e a darse. A familia é onde se ama sen buscar ser amados, e tal e como nos lembra o Vaticano II da man da Constitución G.S., “a familia é unha escola do máis rico humanismo” (G.S. 52).

            Xesús naceu nunha familia e renovouna, converteuna en sacramento, bendiciu o amor e converteuno en fonte de comunidade e de vida. Que tamén nós, desde o noso ser membros dunha familia, saibamos crecer nela con confianza, sabendo querernos e respectarnos nas diferenzas, colaborando no que uns e outros necesiten e superando a tentación de converter a familia nunha pensión. A familia de Nazaret buscou o entendemento; que tamén nós saibamos facelo así e nos deixemos de discutir sobre cuestións que nos fan perder o tempo e non responden aos dous valores sobre os que temos que ir construíndo nas nosas familias: amor e capacidade de comprensión. Deste xeito, con normalidade e sen ningún tipo de estridencias nin extravagancias, aprendamos a afrontar a vida de cada día, sabendo que haberá días bos e días non tan bos; que haberá momentos de tensión e momentos de ledicia; que atoparemos situacións nas que precisemos perdoar e outras nas que seremos nós os que teñamos que pedir perdón, momentos nos que terán que arrouparnos e outros nos que seremos nós os que arrouparemos aos outros. Nestas situacións que saibamos volver os nosos ollos á familia de Nazaret. Ela tamén se sentiu estraña e soa en moitas ocasións..., pero seguiu confiando naquel que sabían que non os ía deixar solos. Fagamos nós o mesmo!!!!!!!!!!. 

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Oremos, irmáns, a Deus, Pai e Nai de tod@s nós, e pidámoslle que escoite a oración da súa Igrexa a favor de todas as familias. Digámoslle:
GARDA NO TEU AMOR ÁS NOSAS FAMILIAS
Ø  Pola Igrexa de Deus, luz das xentes, para que sexa a nai con brazos abertos para acoller e perdoar a cantos, desde o amor, queren ser familia, Oremos.
GARDA NO TEU AMOR ÁS NOSAS FAMILIAS
Ø  Por todos os membros do pobo de Deus, sempre comprometid@s en difundir a mensaxe evanxélica de respecto a favor de toda vida: non nacid@s, explotad@s, encarcerad@s, enferm@s da sida, sen teito, parad@s, vell@s, nen@s escravizad@s... Oremos.
GARDA NO TEU AMOR ÁS NOSAS FAMILIAS
Ø  Por todas as familias, especialmente polas que pasan dificultades económicas neste tempo de crise, por aquelas que sofren a perda dun ser querido, polas que están a piques de romperse, polas que non teñen a posibilidade de ter unha vida digna, OREMOS.
GARDA NO TEU AMOR ÁS NOSAS FAMILIAS
Ø  Por tod@s nós para que non antepoñamos intereses económicos, sociais ou de prestixio, ao que verdadeiramente importa nas familias: o amor e o respecto, OREMOS.
GARDA NO TEU AMOR ÁS NOSAS FAMILIAS
Escoita, Pai e Nai de misericordia, as nosas súplicas, e axuda ás nosas familias, para que sexan santuarios de amor, Igrexas domésticas e fogares que comparten coas persoas necesitadas. P.X.N.S. Amén


PARA A REFLEXIÓN


A familia é vitoria do si sobre a negativa.
A familia é vitoria da apertura sobre a cerrazón.
A familia é vitoria da comuñón sobre a soidade.
A familia é vitoria da comunicación sobre o silencio.
A familia é vitoria do servizo sobre o señorío.
A familia é vitoria do respecto sobre o abuso.
A familia é vitoria da esperanza sobre o medo.
A familia é vitoria da vida sobre a morte.
A familia é vitoria do darse sobre a posesión.
A familia é vitoria das mans abertas e xuntas sobre as mans pechadas e crispadas.
(Cáritas. Advento-Nadal 2012-13 Páx. 122)

 

CANTOS

ð  ENTRADA: Que ledicia a miña
ð  LECTURAS: Eu soñei
ð  OFERTORIO: Todos xuntos
ð  COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...