CONTRA DA CORRUPCIÓN.... INSUBMISIÓN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) OLLOS PARA VER Son moitas, quizais demasiadas, as ocasións nas que, para favorecer os nosos propios intereses, para quedar ben, ou mesmo por envexa e ciumes, facemos comentarios sobre as persoas que sabemos que non son verdade. Non nos importa inventar, esaxerar ou mesmo mentir sobre como é, que di ou que fai alguén... con tal de desacreditalo como persoa. Noutras moitas ocasións, a nosa boca ábrese para criticar persoas, feitos ou situacións que non nos gustan, sen que esta crítica vaia acompañada dunha proposta alternativa, senón que é unha crítica gratuíta, porque si... Detrás de ambas actitudes agóchanse, na meirande parte dos casos, mesquindade, envexa, hipocrisía, infantilismo e pequenez de corazón. Porén, o salmo de hoxe dinos: “ A miña boca anunciará a...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra