Ir al contenido principal

Entradas

Todos os Santos

AS BENAVENTURANZAS, CAMIÑO DE FELICIDADE Pórtico Vivimos nun mundo cada vez máis apático, no que medra a incapacidade para percibir o sufrimento alleo. Evitamos de mil xeitos a relación e o contacto con quen sofre, levantamos muros que nos separan da experiencia e da realidade do sufrimento; e mesmo a organización da vida moderna parece axudar a agochar a miseria e a soidade da xente, e así raramente experimentamos, de forma sensible e inmediata a miseria de tantas persoas ao noso redor. No medio desta apatía social, faise aínda máis significativa a mensaxe das benaventuranzas que hoxe proclamaremos. Porque, non nos enganemos, seriamos tomados por tolos se ao perdedor, ao que non lle saen os plans, aos enfermos, aos pobres e perseguidos, lles chamásemos triunfadores ou ditosos. Porén hoxe a celebración vén a poñernos no noso sitio. No día de tódolos santos celebramos aos triunfadores; pero non do noso pensar, senón do pensar de Deus, dos benaventurados. Que esta celebración festiva e a...

Domingo 30 TO

DETENSE E CHAMA POR TI... ¿ESTÁS DISPOST@ A DEIXAR O TEU MANTO PARA SEGUILO? PÓRTICO Moitas veces ten vantaxes non mirar, non ter luz, vivir na escuridade e no descoñecemento. Ten vantaxes porque permite non valorar, non interpretar os sinais, non significarse, non tomar partido... Para chegarse a Xesús, podemos facelo sen luz, pero necesitamos atopar a coraxe dentro de nós para erguernos dos lugares de escuridade e camiñar apenas uns pasos onda El. Daquela si, todo se volve luz e seguimento verdadeiro. Que a celebración que agora comezamos nos poña en camiño para saírmos das nosas rutinas e das nosas cegueiras. O PERDÓN A miúdo a nosa vida está falta de fe, de confianza, de ilusión; SEÑOR, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA. En demasiadas ocasións, as nosas cegueiras impiden que te saibamos descubrir e recoñecer camiñando connosco, CRISTO, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA. Porque a pesares de que sabemos que Ti nos chamas non estamos dispost@s a tirar a un lado o noso manto de comodidades, superficiali...

DOMUND 2009

REMOL DOMINGO XXIX A PALABRA, LUZ PARA OS POBOS Pórtico Aínda que digan que a época das clases xa pasou, a realidade móstranos que aínda hoxe o mundo está dividido entre os opulentos, que o temos todo e que sempre aspiramos a ter máis, e os que non teñen nada, que aínda por riba son pisoteados polo noso egoísmo, polo noso afán de ter a calquera prezo e. E todo isto, no só a nivel de países, que nos pode quedar lonxe, senón a nivel do máis cotiá: así, no traballo queremos o mellor posto; nos repartos, queremos sempre a mellor parte.... Porén, a celebración deste domino no que celebramos a xornada do DOMUND, reforza a mirada universal que temos que ter na igrexa. Cristo faise presente en todos os pobos, sobre todo nos máis desfavorecidos. Que non o esquezamos. Perdón Polas veces en que non temos compaixón polo que sofre e somos incapaces de poñernos no seu lugar, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN DE CARNE. Porque a meirande parte das veces aspiramos aos primeiros postos, a destacar sobre os demai...

DOMINGO 28 TO

DA EXPLOTACIÓN DO IRMÁN…. LÍBRANOS SEÑOR PÓRTICO Non hai máis que botar unha ollada ao noso redor, para decatarnos que o que priva é a especulación e a ganancia sen límites; de xeito que o noso mundo considera astutas e intelixentes a aquelas persoas que saben acumular cartos, xa que estes son a suma de todo canto desexamos: poder, prestixio social, cultura, comodidade, beleza, placer… Hoxe a Palabra alértanos contra o perigo que encerra o consumismo, que nos fai insolidari@s, que pecha os nosos ollos diante das necesidades e sufrimentos dos nos@s irmáns. Por iso, Xesús non cansa de lembrarnos que non podemos servir a Deus e aos cartos, que non podemos vivir consumindo egoistamente toda clase de bens e pretender, ao mesmo tempo, sermos fieis a un Deus que é e que pide amor, xustiza e fraternidade. Que a celebración que agora imos comezar nos dea azos para non axeonllarnos diante do deus mercado. Perdón Polas veces en que non somos capaces de renunciar aos nosos dogmatismos e ...

Domingo 27 TO

SEN IGUALDADE NON HAI LIBERDADE PÓRTICO A liturxia de hoxe invítanos a un exercicio de reflexión cara ao interno das nosas comunidades, das nosas familias, da nosa igrexa. Si, porque toda a celebración de hoxe está centrada no amor; entendendo por este a capacidade de darse aos demais, sabendo que nesta doazón está presente a bendición de Deus. Claro que amar non é nunca, nin no matrimonio, nin na familia, nin nas comunidades parroquiais, nin na igrexa, un intento de dominar, someter, obrigar ou impor aos demais. Ao contrario, amar é saber descubrir que quen está ao meu lado, aquel/a con quen comparto vida, familia, parroquia… ten criterio, capacidade de pensar e discernir, opinión propia… Nunha palabra, amar non é nunca nin manipular nin impoñer o que un pensa aos demais. Por iso, desde o amor do que se nos fala hoxe na Palabra a proclamar, somos invitados a non deixarnos levar –caer na tentación– de entender a unidade como a prohibición da pluralidade. E tristemente nos tempos que co...

DOMINGO 26 TO

Que os ciumes non afoguen a forza do Espírito PÓRTICO Cómo nos gusta ser espectadores, observadores, valorar as situacións desde fóra... e cánto nos custa implicarnos, responsabilizarnos e comprometernos. E non só iso, senón que somos especialistas en falar de todo e de tod@s, en opinar daquilo e disto, en xulgar sen coñecer... Nunha palabra, queremos nadar e gardar a roupa.     Pois ben, iso mesmo pásanos tamén na Igrexa. Moitas veces esquecemos que a Igrexa non son só o papa, os bispos, os curas e @s relixios@s, senón que a Igrexa constituímola tod@s @s bautizad@s. E co bautismo adquirimos uns compromisos (que os nosos pais e nais fixeron por cada un e cada unha de nós nun primeiro momento e que logo nós asumimos e personalizamos) que nos levan a ser actores na Igrexa, non só espectadores. Basta xa de botar balóns fóra, cómpre mollarse, poñéndose a construír comunidade, parroquia, sociedade... Reino. Estamos chamad@s a ser xente con sal. Que a celebración de hoxe nos poña no camiño ...

DOMINGO 25 TO

NON TODO VALE, POÑAMOS LÍMITE AO INTERESE A AO INDIVIDUALISMO Pórtico Hoxe, nas relacións de traballo, entre amigos, e mesmo na familia, todos queremos obter a tallada mellor. O importante é ter a calquera costa, non importa se polo camiño quedan outras persoas, total,.... elas farían o mesmo, pensamos nós. Creamos así unha sociedade competitiva, sen regras e na que todo vale Pero o evanxeo dinos todo o contrario, é dicir, que temos que buscar o ben de todos por riba de rivalidades e loitas, ser pequenos e colaborar entre todos, que a única aspiración sexa a de traballar para que entre todos busquemos o mellor. Que a celebración de hoxe nos faga conscientes do que temos que quitar da nosa vida porque nos fai individualistas e interesados. Perdón Polas veces en que queremos ser os primeiros e non escatimamos medios para conseguilo, mesmo a costa dos demais, DE SER OS PRIMEIROS, LIBRANOS SEÑOR Porque moitas veces facemos as cousas para que nos vexan, para quedar ben con todos, esquecendo...