Ir al contenido principal

Entradas

3 Coresma 2010

Eu son o que son ... na gratuidade SIGNO : Colocamos unha terceira cuncha de cartolina. A frase que destacamos é "CHAMAD@S A DAR FROITO". PÓRTICO "Castigo de Deus" é unha expresión que adoitamos escoitar cando sucede algunha traxedia. Pronunciar esta frase produce consolo aos que consideran que Deus é un xuíz severo que, con frialdade, examina a vida e as obras dos seus fieis, ditando sentencia condenatoria para os culpables. "Deus premia aos bos e castiga aos malos", dixéronnos desde pequen@s. Porén, esta afirmación non se corresponde cun Deus que parece calar as máis das veces diante da inxustiza, da dor e da opresión humana. Para algúns Deus non intervén sempre, senón que manda un recado de cando en vez, a modo de escarmento, para que esteamos á espreita. Deus pode cansar, díxosenos, ten paciencia ata un certo límite. Pero ¿é este o rostro do Deus de Xesús?. A resposta é que non, que Deus non é partidario de escarmentos, senón que ten unha pacien...

2 coresma 2010

CHAMADOS A FACER REALIDADE A PROMESA DE ABRAHAM NO NOSO TEMPO SIGNO: Colocamos unha segunda cuncha de cartolina na que escribimos a frase: ESCOITADE A VOZ DO SEÑOR Pórtico Sempre, pero hoxe se cabe máis, chámasenos á esperanza, a confiar en que o presente vai mellorar, en que o futuro será moito mellor co pasado e co presente. Cabería preguntármonos cal é a nosa postura diante destas chamadas. Xesús coa súa transfiguración, quere darlle azos aos seus discípulos, quere mostrarlles o que vai vir, pero facéndoos conscientes de que o presente hai que loitalo e hai que esforzarse por transformalo. E nós a que esperamos para ser conscientes da urxencia de cambiar para que moitas actitudes de inmobilismo e frustración non teñan cabida en nos? Comecemos esta celebración e deixemos que a palabra, o pan que se nos parte e a comunidade reunida transfigure o noso ser. Perdón · Polas veces en que pensamos que coas nosas forzas somos quen de transformar o mundo, rexeitando a ax...

1 DOMINGO CORESMA 2010

CAMIÑAMOS CARA A XESÚS; EL É A NOSA META SIGNO : Como estamos en Ano Santo, o signo que escollemos este ano para o tempo de Coresma serán cinco cunhas de vieira, símbolo do peregrino, que queren representar que seguimos o camiño cara a Xesús. El é a nosa meta. Cada semana iremos presentando unha cuncha nunha cartolina na que escribiremos unha frase do Evanxeo. Esta primeira semana, a frase escollida é " Só a Deus daremos culto ". Pórtico Comezamos unha nova xeira dentro do ano litúrxico: o tempo da Coresma. Este é un tempo de conversión e de cambio, tempo de mirar interiormente para transformar o noso actuar. Nun tempo en crise, non só económica, a Coresma ábrenos un horizonte para que reconsideremos a nosa vida na convicción de que nada é para sempre, que a novidade é posible, que as cousas, inda que pareza o contraio están, pouco a pouco, a cambiar. Que Deus non nos deixa da súa man.Pero nós tamén temos que ir pondo da nosa parte, porque senón nada será posible, e a frustr...

Remol domingo 6 TO 2010

CONTRA A FAME, DEFENDE A TERRA (XORNADA DE MANS UNIDAS) PÓRTICO Cada domingo xuntámonos coma crentes en Cristo, para celebrar o misterio salvador da súa morte e resurrección. O Señor faise presente na nosa vida para salvarnos. Hoxe, en todas as comunidades cristiás, fáisenos presente o berro dos máis pobres da terra por medio da Xornada Nacional de Mans Unidas, a Campaña contra a fame. Este ano o lema proposto é "Contra a fame, defende a terra". Abramos o noso corazón ao que Deus nos manifesta nesta celebración. O PERDÓN Ti, que queres a vida e a felicidade para todas as persoas, purifica os nosos egoísmos, SEÑOR, LIMPA O NOSO CORAZÓN Ti, que te fixeches persoa coma nós, perdoa a nosa falta de achegamento a irmáns nosos que viven na pobreza extrema, CRISTO, LIMPA O NOSO CORAZÓN Ti, que nos chamas a todos á ledicia do teu Reino, perdoa a nosa falla de xenerosidade para compartir cos que petan na nosa porta, SEÑOR, LIMPA O NOSO CORAZÓN REMUÍÑO As persoas todas buscamos a felic...

Domingo 5 to 2010

SEMENTADORES DE ILUSIÓN Pórtico      Estamos cansos de palabras. Sobran. Parece que cada un/ha de nós vémonos obrigados a dar sentencia, a opinar, e sobre todo a sentírmonos sempre importantes e protagonistas. Porén a mecánica de Deus é ben distinta; sóbranlle as nosas palabras e fáltanlle os nosos feitos.     Que pouca atención lle prestamos!. Segue a faltarnos o máis importante: a vida. Onde está o noso testemuño?. As enquisas dinnos que a Igrexa é a institución da nosa sociedade menos valorada. Tan pouca ilusión temos para transmitir?.     A nosa celebración de hoxe xira arredor do tema do seguimento: Isaías, Paulo, Pedro... son chamados por Deus, coma cada un e cada unha de nós, que vimos aquí convocados por El para celebrar a nosa fe. Non é un mago nin un tapaburacos que vaia resolver os problemas que temos, pero si nos vai alentar, agarimar e acompañar para que fuxa de nós a soidade. Que saibamos descubrilo!. Perdón Porque seguimos tentando pescar coas vellas redes do cumprimento...

Domingo 4 TO

Chamados a sermos profetas do amor na nosa terra PÓRTICO      Que sería de nós sen amor?. Seguro que moitas veces témonos feito esta pregunta, seguro tamén que lle teríamos atopado máis dunha resposta. Respostas que non irán moi lonxe de afirmar que nos sentiríamos perdidos, tristes, sen ilusións... por que?, pois moi sinxelo, porque é o amor o que nos dá vida. Desde o amor viñemos á vida, desde o amor fomos acollidos nela, desde o amor fomos descubrindo a existencia de persoas que se preocupaban, que puñan a súa vida ao noso servizo. Tamén desde o amor fixemos proxectos de vida compartida con outras persoas, de decisións para vivir na solidariedade e o ben común, de causas na defensa dos pequenos e necesitados.     E todo isto desde onde?. Pois moi sinxelo, desde Aquel que nos quere, que nos buscou desde sempre, que estivo, está e seguirá a estar a noso lado nas ledicias, que foron moitas, e tamén nas dificultades, que non deixaron de chamar na nosa porta. Por El, con El e Nel, x...

Domingo 3 TO 2010

DE NÓS DEPENDE QUE SE CUMPRA A PALABRA QUE PROCLAMAMOS Pórtico Cando alguén empeza nun cargo ou ten unha responsabilidade que facer durante un tempo, sempre presenta un programa, unhas liñas de actuación que van marcar o período, como ocorre por exemplo cos políticos cando están en campaña electoral ou co alto cargo dunha empresa de cara á xestión que ten que realizar. Pois ben, a celebración de hoxe móstranos o programa de Xesús, o que el vén realizar, coa garantía de que sabemos que El o que promete cúmpreo. Que a celebración de hoxe nos faga conscientes da gran responsabilidade que temos para con tódalas persoas, xa que Xesús invítanos a ser os seus colaboradores na súa tarefa. Perdón Polas veces en que preferimos mirar para outro lado e deixar ao marxe a tantas persoas que precisan a nosa axuda, SEÑOR, ARREDA DE NÓS O MEDO . Porque preferimos ter unha fe que non nos comprometa, que se refuxie no noso interior e non se complique a vida cos demais, CRISTO, ARREDA DE NÓS O MEDO . Porq...