Ir al contenido principal

Entradas

29 domingo TO C 2016

Que a túa vara sexa caxato para o camiño e non arma de enfrontamento Descarga o ficheiro   CANTO GOZOSO *       ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) *       LECTURAS: Ergo os meus ollos cara aos montes *       OFERTORIO: Grazas, Señor (Nº 34) *       COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA A vara de Deus, a diferenza de outras varas, non ten como cometido golpear a ninguén nin provocar enfrontamento entre uns e outros. Non é unha vara para a violencia, senón para, apoiándose nela, axudar a facer o camiño. E ese camiño ten parada nesta mañá na igrexa parroquial para dedicarlle un pouco do noso tempo a Deus rezando, desde o íntimo de cada un e cada unha de nós, e como comunidade. Por iso rezamos pedindo, agradecendo e compartindo esta oración do día do Señor sabéndonos cercanos e a carón uns doutros. CORAZÓN MISERICORDIOSO ...

28 domingo TO C 2016

POUCAS VECES, QUEN RECIBE O QUE NON MERECE, AGRADECE O QUE RECIBE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO * ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) * LECTURAS: Escoita ti a Palabra de Deus (Nº 26) * OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) * COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Confianza, si confianza é a actitude que debera primar na nosa relación con Deus. Porque só quen a plantexa desde ela pode entender que ao dicir Deus estamos manifestando que nel poñemos a nosa confianza, que del recibimos a forza para afrontar proxectos e superar dificultades, que desde El imos tentando que o noso camiñar cotián vaia sementando xenerosidade, fraternidade e tenrura alí por onde pasemos. A celebración de hoxe invítanos a superar a tentación da desconfianza, para reunirnos xunt@s ao redor do altar que nos fai sentir irmáns e irmás para quen Deus é sentido, acollida e achega cara quen está ao noso lado. CORAZÓN MI...

27 domingo TO C 2016

Xa está ben de laios e queixas, poñamos o oído atento para escoitar a voz de Deus Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *       ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) *       LECTURAS: Non vou so (Nº 60) *       OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 33) *       COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Somos limitados, débiles e necesitados sempre dos demais. Isto fai que non debamos perder endexamais a perspectiva de que é na sinxeleza e na humildade como verdadeiramente podemos ir descubrindo por que paga a pena vivir a vida. E na vida non todo é sempre éxito, triunfo ou ganancia. Estamos demasiado acostumados -quizais polo influxo do periodismo deportivo- a que hai que gañar sempre, que quedar segundos é un fracaso, que con participar xa non chega, que... e a custa de escoitalo moitas veces, e de ver como se idolatran a per...