Ir al contenido principal

Entradas

Domingo de Ramos 2021

  CAMIÑANDO CARA Á META PASCUA (Toda a celebración se desenvolve dentro do templo. Atendendo ás recomendacións sanitarias que prohiben a utilización de auga, e invitan a que a celebración non sexa moi longa, facemos a bendición co cirio pascual camiñando polo corredor central; e proclamarase a versión curta da Paixón segundo Marcos). CANTOS Entrada: Camiñando pola vida (Nº 9) Lecturas: As túas palabras, Señor, son espírito e vida (Nº 113) Ofertorio: Eiquí están, Señor (Nº 32) Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas (Nº 50) DISPOÑENDO O CORAZÓN Comezamos a celebración deste domingo dentro do templo atendendo ás recomendacións sanitarias ante a situación de pandemia que estamos a vivir. Mais non por iso deixamos de celebrar o que significa para nós, persoas crentes, a celebración do Domingo de Ramos, nin tampouco prescindimos da súa bendición. Xesús vai a Xerusalén, e nós somos invitad@s a acompañalo e a acollelo. Neste camiño tamén imos facendo memoria de todo canto no...

5 Domingo Coresma 2021 b

Traballemos por ser semente de credibilidade para xermole e dea os mellores froitos Cantos.-              Entrada .- Amóstrame, Señor, os camiños da vida  ( 20 )              Lecturas .-  Ide e pregoade ( 55 )              Ofertorio .- Na nosa terra  ( 36 )              Comuñón .-  Quédate, Señor, connosco ( 63) Mirada de esperanza              A coresma lévanos a camiñar do entroido á Pascua, sendo este un camiño no que se nos propón ir deixando atrás a invernía que entumece o noso corazón e baleira a nosa vida. Se somos capaces de facer este camiño sen présa e fixándonos onde imos poñendo os pés, acolleremos, coa alegría que transforma o corazón, a chegada...

4 Coresma 2021 B

  Que non nos sometamos a quen quere que a nosa lingua sega pegada ao padal! Cantos. -              Entrada.-    Eu sei de quen me fiei  ( )             Lecturas.-  Escoita ti a palabra de Deus  ( )             Ofertorio.-  Recibe Señor  ( )             Comuñón.-  Xesús chamado amigo . ( ) Mirada de esperanza Deus  Pai/Nai,  Xesús  e  salvación  son palabras que necesariamente van sempre unidas, porque non podemos traer aos beizos a mención de Deus se non o poñemos a seguir en relación con quen é a súa presenza na nosa realidade humana, Xesús; e ámbolos dous non poden pensarse se non é desde e para un proxecto de salvación. Unha proposta na que se rescate a persoas como centro ...

3 Coresma 2021 B

  3º Domingo de Coresma.2021 En tempos de tanto mercadeo, testemuñemos a fe con gratuidade xenerosa Cantos. - Entrada.-   Non vou so   ( ) Lecturas.- As túas palabras, Señor ( ) Ofertorio.- Eiqui están Señor ( ) Comuñón.- Xesús chamado amigo . ( ) Mirada de esperanza Avanzamos temporalmente no tempo de coresma, facémolo tamén na nosa espiritualidade? Imos deixando atrás canto nos impide que a dureza do corazón dea paso á non sentir vergoña da fe, e a tender a man de fraternidade a quen nola pida? Se é así, teremos aproveitado con fondura  este tempo de coresma. Se non  o é, aínda estamos a tempo de corrixir e endereitar o rumbo. Deixemos logo que a palabra que hoxe se vai sementar nos nosos corazóns dea froito, para que a nosa vida sexa testemuño ledo e evanxélico de que Xesús agarima as nosas vidas, facendo tamén posible que nós agarimemos outras vidas que precisan da nosa man, da nosa palabra da nosa compaña. Corazón de misericordia Por ter caído...